Buscar neste blog

luns, 23 de xuño de 2025

O NENO CAN. FINA CASALDERREY

No marco da área de Proxecto Competencial, o alumnado de 6º de Primaria mergullouse na lectura do libro O neno can, da autora galega Fina Casalderrey. Esta obra, sensible e profunda, aborda temas como a exclusión social, a amizade, o respecto á diversidade e o poder curativo do afecto.

Como produto final do traballo realizado, as dúas clases elaboraron un vídeo no que representan dous capítulos significativos do libro: “A voda de Leila” e “Unha tarde de baile única”.

En “A voda de Leila”, coñecemos a historia dunha nena que vive nun contexto cultural diferente e que, malia a súa xuventude, é prometida en matrimonio. A escena convida á reflexión sobre os dereitos da infancia, a liberdade de elección e o valor de escoitar e comprender outras realidades.


Pola súa parte, “Unha tarde de baile única” representa un momento de integración, onde a música e a amizade se converten en pontes que unen persoas distintas. Este capítulo transmite unha mensaxe de esperanza, mostrando que todos e todas temos un lugar onde ser aceptados tal como somos.




A través deste proxecto, o alumnado non só mellorou a súa competencia lingüística e audiovisual, senón que tamén traballou a empatía, a expresión emocional e o espírito crítico. Este vídeo é o resultado do seu esforzo, creatividade e compromiso cunha sociedade máis xusta e inclusiva. 

venres, 20 de xuño de 2025

AGRADECEMENTO AOS AXUDANTES DA BIBLIOTECA.

 Esta semana, dende o equipo de biblioteca quixemos ter un pequeno xesto de agradecemento cos nosos fantásticos axudantes de biblioteca

Ao longo de todo o curso colaboraron con ilusión e responsabilidade nas distintas dinámicas que se desenvolveron durante os recreos. Por iso, recibiron un agasallo simbólico como recoñecemento ao seu gran labor. 

Grazas por formar parte deste equipo tan especial!



martes, 3 de xuño de 2025

BELA E BESTA

 Este mes tivemos a gran sorte de desfrutar dunha representación moi especial: a obra Bela e Besta, posta en escena polo grupo de teatro Gargallada, formado polos nenos e nenas que participan na actividade extraescolar organizada pola ANPA. 

Toda a comunidade escolar puido asistir ao espectáculo, que nos encheu de emoción, risas e aplausos. 

Os pequenos actores estiveron espectaculares e regaláronnos unha versión fermosísima do clásico conto. 

Queremos agradecer e felicitar tamén á persoa responsable desta actividade, que fixo posible esta marabillosa experiencia. ¡Parabéns a todo o elenco!






Un saúdo, A Vaca Pepa


xoves, 15 de maio de 2025

PASAPALABRA LETRAS GALEGAS 2025

 Aquí tedes un pasapalabra sobre as letras galegas deste ano. Espero que vos guste e que sexades capaces de completar o rosco. 

Ánimo! A Vaca Pepa

Tamén podedes xogar desde esta ligazón. https://vacapepa.my.canva.site/pasapalabra-letras-galegas-2025

domingo, 4 de maio de 2025

DIA DAS LETRAS GALEGAS EN ELBE

Ademais da exposición que temos na biblioteca tamén podedes consultar máis libros relacionados coas letras galegas na nosa biblioteca dixital E-LBE.2


Un saúdo, A Vaca Pepa

O XOGO DOS BIRLOS

 

OS DARDOS DAS CANTAREIRAS

 

OS INSTRUMENTOS MUSICAIS TRADICIONAIS GALEGOS

 

EVA CASTIÑEIRA. BIOGRAFÍA DUNHA DAS HOMENAXEADAS NO DIA DAS LETRAS GALEGAS 2025

 

AS CANTAREIRAS E PANDEIRETEIRAS DE MENS

 

LETRAS GALEGAS 2025

Galicia celebrará este ano as Letras Galegas homenaxeando as cantareiras e a poesía popular.

Poñeran en valor a Mulleres que coa súa música e poesía popular foron baluartes da identidade e cultura galegas, recoñecendo o legado cultural das cantareiras e o seu papel na conservación do galego ao longo da historia.

Na nosa biblioteca atoparedes unha exposición de libros nos que se traballa as letras galegas deste ano.

Un saúdo, A Vaca Pepa


NOVIDADES DE MAIO

Durante o mes de MAIO temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que podemos levar a casa.

Se clicas na imaxe poderás velas.



Un saúdo, A Vaca Pepa

venres, 25 de abril de 2025

CONTACONTOS NO MES DO LIBRO. 3º PRIMARIA

 O alumnado de 3º de Primaria sorprendeunos esta semana cunha actividade chea de creatividade e talento: representaron para todo o colexio dous contos traballados na aula, A mosca chosca e A tartaruga que quería durmir

Non só fixeron un fantástico labor como actores e actrices, senón que, nas distintas funcións, foron intercambiando os papeis con moita naturalidade. 

Detrás desta marabilla hai tamén un gran traballo por parte das súas mestras. 

Grandes e pequenos gozamos moitísimo dunha experiencia que quedou simplemente… ¡incrible!




luns, 21 de abril de 2025

APRENDO A DEBUXAR PERSONAXES DE CONTO

Queres debuxar personaxes de conto? Caperucita, o Principiño, o lobo feroz....

Anímate! Ti podes!


Un saúdo, A Vaca Pepa



XOGAMOS CON CARAPUCHIÑA VERMELLA

Coñeces o conto de carapuchiña vermella? 

Realiza todas as actividades deste Genially para axudar a Carapuchiña. 


Un saúdo, A Vaca Pepa

RECOPILATORIO DE GENIALLYS PARA O DÍA DO LIBRO

 Aquí tedes algúns "genially" para traballar o día do libro.

Pasapalabra Disney. Respostas escritas.


Pasapalabra Disney. Respostas debuxadas.



Pasapalabra Disney con opcións.


Salvar os contos.



Dobble contos.