Buscar neste blog

luns, 27 de febreiro de 2023

PACO NOGUEIRAS. KALANDRAKA

 Neste día, os nenos de 1º e 2º tivemos a visita de PACO NOGUEIRAS. 

Trouxo a súa maleta cargada de contos e música: aventuras, rimas divertidas, ritmos e bailes,...

Pasamos momentos marabillosos cheos de emoción.

Aquí tedes unha pequena mostra desta aventura.


Un saúdo, A Vaca Pepa.


luns, 20 de febreiro de 2023

ROSALÍA DE CASTRO.

 Aquí tedes algúns recursos para traballar a figura de Rosalía nas aulas.







ROSALÍA PEQUENIÑA.

 A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller: a verdadeira Rosalía.

Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureria ou fada. Rosalía pequeniña para cantar, para rir, para gozar ou bailar. Rosalía de Castro. Na voz de Uxía.

Un saúdo, A Vaca Pepa

A NATUREZA EN ROSALÍA.

 A natureza é un dos elementos máis descritos na poesía. E na obra de Rosalía non ía ser menos, nos seus poemas abundan as descricións da natureza, sobre todo a descrición de paisaxes, moitas veces relacionado co seu estado anímico. Algunhas veces proxecta o seu estado de ánimo sobre a natureza e outras veces úsaos como contraste dos seus sentimentos.

No seu primeiro libro, A Flor, Rosalía mostra o seu amor pola natureza, describindo as paisaxes de Galicia dunha forma algo artificial, moi característico do seu estilo literario. Ademais, Rosalía, utiliza moito as descricións dos piñeirais e os carballos e outras especies de árbores. Con todo, as súas árbores favoritas son o carballo e a aciñeira que simbolizan o pasado glorioso de Galicia. E sente a talla das árbores como a mutilación.

Rosalía adoita empregar os animais polo seu valor simbólico ou suxerido, os corvos suxiren a desolación dos montes pelados, o ouveo do lobo que acentúa a soidade dos montes. O gorrión adusto, as cabras montesas e o can sen dono indican o carácter agreste e solitario do camiño evocado.


Como este ano estamos co proxecto do coidado do medio ambiente construiremos coa técnica de papiroflexia árbores de diferentes cores. 

Logo, os nenos escribirán en cada árbore un verso dun poema de Rosalía que trate sobre o tema ambiental, a paisaxe, a natureza, os ríos, as plantas, os animais,..., como por exemplo: "Dicen que no hablan las plantas".

Entre todos construiremos un mural colorido coas árbores e os versos de Rosalía.


Traballo que realizaremos na HORA DE BIBLIOTECA. Atoparemos alí o material para crear as árbores, os libros dos poemas de Rosalía, os ordenadores de consulta,... para poder levar a cabo esta actividade.


ÁRBOL DE PAPEL CON ORIGAMI

ÁRBOL DE ORIGAMI


Un saúdo, A Vaca Pepa.


mércores, 15 de febreiro de 2023

QUE SABES DO ENTROIDO GALEGO?

Aquí tedes un "pasapalabra" para comprobar canto sabemos do noso Entroido Galego.

Genially elaborado polo Ceip Emilia Pardo Bazán da Coruña. Este material tamén está publicado no Portal da Lingua Galega, das SXPL da Xunta de Galicia.

Un saúdo, A Vaca Pepa.


domingo, 12 de febreiro de 2023

ECOBANDASEQUEIROS POLO BARBANZA. RETO 5.

ENTROIDO SOSTIBLE.

 Neste novo reto temos que aforrar enerxía reciclando e reutilizando distintos materiais para a elaboración  dos nosos desfraces de entroido.


Presume de ecoloxista no pasarrúas!
Un saúdo, A Vaca Pepa.


OS BOLECHAS NO ENTROIDO.

 O entroido é unha das festas máis tradicionais da nosa comunidade, con múltiples variantes segundo o lugar. E é tamén unha das preferidas polos máis novos, de aí a facilidade para aproveitar este interese e traballar múltiples aspectos formativos: historia, xeografía, tradición, valores, música, gastronomía, plástica…


CLICA NA IMAXE.


UNIDADE DIDÁCTICA.

Descarga a unidade didáctica sobre o Entroido para coñecer a orixe desta celebración e a súa evolución en cada zona ata os nosos días.

ACTIVIDADES.

Descarga o caderno de actividades e demostra o que sabes sobre o Entroido galego da forma máis divertida.


RECORTABLES.

Aquí podes descargar diverso material relacionado co carnaval e personalizalo. Un xeito divertido de vivir estas festas.
GASTRONOMÍA.

Descarga as fichas coas receitas e pratos máis típicos do Entroido en Galicia. Cal che gusta máis?


*** ACTIVIDADES RECOLLIDAS DA PÁXINA  https://osbolechas.gal/

Un saúdo, A Vaca Pepa

sábado, 11 de febreiro de 2023

DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES E AS NENAS NA CIENCIA.

 O Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, que se celebra cada ano o 11 de febreiro, foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr un acceso e participación pleno e equitativo na ciencia para mulleres e nenas, e tamén para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento de mulleres e nenas. 

Este Día recorda que as mulleres e as nenas xogan un papel fundamental nas comunidades científicas e tecnolóxicas e que a súa participación debe fortalecerse.


XOGO DE PISTAS... Pescudar a científica que se agocha detrás de cada información.



FICHAS INVESTIGACIÓN MULLERES CIENTÍFICAS.





Un saúdo, A Vaca Pepa.


xoves, 2 de febreiro de 2023

TEATRO CINE ELMA NO MES DE FEBREIRO.

O concello da nosa localidade inculca-la paixón polas artes escénicas dende idades temperás: este é o obxectivo marcado pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal cunha nova edición da mostra de teatro para escolares desenvolvida no mes de febreiro coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

 O noso alumnado acudirá ao cine Elma para disfrutar dunha obra de teatro adaptada as súas idades.



7 de febreiro, 1º e 2º: "4 monos". Tropa de trapo.
14 de febreiro, 6º: "Rila rila". Xarope Tulú.
16 de febreiro, 3º,4º e 5º: "Con area cousas debuxo". Marcos Escudero.


mércores, 1 de febreiro de 2023

AMANDA BLACK

 Este mes de febreiro temos entre as novidades a Amanda Black:

Amanda, o día en que cumpre 13 anos, descobre un gran secreto sobre a súa familia. Un secreto que lle cambiará toda a vida. É unha moza moi valente e moi intelixente que sempre está lista para unha nova aventura e para resolver calquera misterio.

Amanda Black necesita a túa axuda para atopar a Galería dos Segredos. 

Un saúdo, A Vaca Pepa


ECOBANDASEQUEIROS POLO BARBANZA. RETO 4

 RETO 4:" Educadores ambientais por un día"

Neste reto o alumnado contaralle aos seus pais/nais/ titores legais o que aprenderon sobre a exposición realizada no cole sobre PLANTAS EXÓTICAS INVASORAS e investigarán con eles se teñen algunha PEI preto da súa casa ou polos lugares por onde pasan camiñando... 

Unha vez localizada ou localizadas  as plantas exóticas invasoras sacaranlle unha foto e nola enviarán (co nome do lugar onde a atoparon e o curso ao que pertencen) ao correo: medioambiente@bandaseca.es para despois nós divulgalas no BLOG de Mediaoambiente Bandaseca e no Facebook do cole.

MOITÍSIMAS GRAZAS DE ANTEMÁN POLA VOSA COLABORACIÓN.





NOVIDADES MES DE FEBREIRO

Durante o mes de febreiro temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que podemos levar a casa.

Se clicas na imaxe poderás velas.


Un saúdo, A Vaca Pepa.