Buscar neste blog

luns, 30 de marzo de 2020

MÓVETE MÁIS! TRIVIAL NA CASA.

Ola nenos/as!
Espero que levedes unha vida activa e que gozásedes das actividades que vos propuxemos a semana pasada.
Aquí deixámosvos máis actividades para poder facer esta situación máis lúdica , activa e saudable.
Un abrazo enorme a todos/as desde a distancia.




Un saúdo, A Profe Cova.

domingo, 29 de marzo de 2020

GaliciaLe.

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.




Un saúdo, A Vaca Pepa.

luns, 23 de marzo de 2020

MÓVETE! TRIVIAL QUEDO NA CASA.

Ola nenos/as!
Debido á situación actual, tócanos quedar na casa.
Sabedes que é moi importante quedarse na casa, pero non debedes esquecer mantervos activos.
Debemos realizar exercicio todos os días.
Mándovos unha proposta para estes días. Espero que o pasedes moi ben!



Bótasevos de menos!
Un saúdo, A Profe Cova.

domingo, 22 de marzo de 2020

LEMOS NA CASA!

Á Vaca Pepa gústalle que leades moitos libros, que contedes contos, historias e aventuras, que os nenos escoitedes aos maiores e que os maiores escoitedes aos pequenos!
No CEP Salustiano Rey Eiras temos a grandísima vantaxe de estar no Programa Experimental de Lectura Dixital ELBE-2, no que participan moitas familias e moitos alumnos de 4º, 5º e 6º.
Hai libros marabillosos, interesanísimos, divertidísimos.... Sen saír da casa, sen ter que mercalos na librería, totalmente gratis!
Lembrade o enlace e atopade ese libro que está aí esperándovos!
http://bega-elbe2.edu.xunta.es/opac/

Felices lecturas

xoves, 19 de marzo de 2020

21 DE MARZO. DÍA MUNDIAL DA POESÍA.

No ano 1999, en París, a Conferencia Xeral da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) decidiu proclamar o día 21 de marzo, como Día Mundial da Poesía.

Dende o ensino debemos crear unha imaxe atractiva da poesía para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha canle de expresión que permita ás comunidades transmitir os seus valores e a súa identidade.

A poesía axúdanos no desenvolvemento da sensibilidade, a mirar o mundo con outros ollos ...

Este ano traballaremos a poesía dende a música, aquí poderedes atopar poemas feitos cancións:

Este ano cantaremos e bailaremos todos xuntos na casa. Ánimo!  #euquedonacasa


Rosalía pequeniña é o título libro-disco de Uxía na Editorial Galaxia.
"Maio longo", "Como chove miudiño", "Has de cantar", "Paseniño", "Miña santiña, miña santasa" ou "Alborada" son algúns dos poemas rosalianos que se recollen neste libro.




E tamén o poema "Cántiga" de M. Curros Enríquez   "Unha noite na eira do trigo" na versión de Uxía.





Uxía Lambona e a Banda Molona acheganlles aos nenos temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, utilizando para iso novos estilos musicais (ska, rock, hip-hop…) para que así coñezan e manteñan a nosa música tradicional popular .








Migallas Teatro reúne  cancións infantís e versións de temas tradicionais que interpreta nos seus espectáculos e actividades de expresión dramática.









A canción "O abecedario", con letra e música de Magín Blanco, é para aprender o abecedario galego bailando e cantando.





A Familia María Fumaça presenta "A horta de Balbina" que ademais de traballar a poesía con esta canción sérvenos como recurso para o proxecto de  Aliménta- T Ben levado a cabo en distintas aulas do centro.





Arrolo de cuñas é un arrolo do libro-disco Non hai berce coma o colo. Esta obra presenta 15 arrolos, recollendo cantos de berce tradicionais do patrimonio oral e musical galego.





O grupo  Oviravai, non  seu  album   As Andanzas de Paio, cántannos Esa Granxa.




Estas son algunhas das cancións  molonas que podemos bailar e cantar todos xuntos. Animarvos.

Un saúdo, A Vaca Pepa.

XOGAMOS NA CASA?

#QUEDAMOSNACASA. O VIRUS DO ABURRIMENTO NON PODE CON NÓS!

Deixámosvos un xogo de mesa (creado por AMALIA P. OTERO) moi divertido para ocupar algunhas destas tardes nas que non podemos saír e debemos quedar na casa.
Podemos xogar toda a familia e pasar un bo momento todos xuntos.











Un saúdo, A Vaca Pepa



martes, 17 de marzo de 2020

MANUALIDADES NA CASA.

Pequeocio ofrécenos miles de manualidades para nenos clasificadas por materiais. Facede  clic na imaxe para acceder a elas.




Descobre as manualidades máis fáciles, divertidas e orixinais. Centos de manualidades para todas as idades, coas que pasarán horas de diversión.

Ideas para facer manualidades paso a paso en casa, con todo tipo de materiais, de forma artesanal, e coas túas propias mans.

Podes buscar a túa manualidade por idade ou por material.

luns, 16 de marzo de 2020

PANDEMIA DE CONTOS

Pasaremos uns días sen vernos. Agardamos que poucos.
Durante ese tempo daremos a coñecer unha iniciativa preciosa do Colectivo NOGA (Narración Oral Galega) para levar mellor o #euquedonacasa: A PANDEMIA DE CONTOS

Poderemos escoitar e ver a un lote de narradoras e narradores orais da Galiza nas nosas casas!


Con todas/os vós, PELOSTORTOS, con Atenea García.





 Aí vai, SABES CONTAR ATA CERO? de Avelino González.






Aquí tedes O REI QUE LLE TIÑA MEDO ÁS AGULLAS  de Felipe Díaz Caxoto






Con todas/os vós, O ALMORZO DE XANA de Cris Collazo



 Aí vai, FELIPE TEN GRIPE de Erica González



Aquí temos A RATIÑA DE BIBLIOTECA de Vanessa Trinke Trinke.




Aquí tedes AS ZAPATILLAS DE ABUL de Esteban Acuña.



Con todas/os vós, A PRAZA DE SAN XACINTO, de Pablísimo.




Con todos/as vós A PITA AGAPITA de Kike Mauricio.




Aquí tedes A MATURRANGAINA de Inacio Vilariño.



Aquí temos A MONTAÑA de Olga Abad.



Un saúdo, A Vaca Pepa.



luns, 2 de marzo de 2020

NOVIDADES DE MARZO

Como todos os meses presentamos as novidades da Biblioteca, dos últimos fondos rexistrados.

Este mes temos como novidades unha variedade de fondos relacionados con 8M (DÍA DA MULLER TRABALLADORA).
Un dos nosos principais obxectivos é educar día a día ao noso alumnado na igualdade de xénero. Realizando actividades e aplicando todos os recursos posibles para educalos e concienzalos nesta realidade .

Esperamos que vos gusten as novidades deste mes.



Un saúdo, A Vaca Pepa.