Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta XOGOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta XOGOS. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de xuño de 2026

📚 NOVIDADES DE XUÑO NA BIBLIOTECA ☀️🌴

Coa chegada do mes de xuño, a nosa biblioteca énchese de novas historias, aventuras, curiosidades e descubrimentos para acompañarnos neste final de curso. ✨

Xa están dispoñibles as novidades bibliográficas deste mes, unha selección de libros para todas as idades e intereses: contos, novelas, cómics, álbums ilustrados, libros informativos e moitas propostas para seguir desfrutando da lectura. 📖💜

Animamos a todo o alumnado a achegarse á biblioteca, explorar os andeis e descubrir novas lecturas para estas últimas semanas de clase e para as vacacións de verán que xa están á volta da esquina. 🌞📚


mércores, 6 de maio de 2026

💻🎮 XOGOS EN LIÑA DAS LETRAS GALEGAS 2026 💻🎮

Desde a biblioteca compartimos convosco unha proposta moi divertida para seguir aprendendo: os xogos en liña do Seminario Galán sobre as Letras Galegas 2026.

Trátase de actividades interactivas en formato Genially que permiten ao alumnado descubrir a figura de Begoña Caamaño xogando, a través de retos, probas e xogos dinámicos.

📚 Estes recursos forman parte dun conxunto de materiais didácticos creados por profesorado, pensados para achegar a lingua e a literatura galega dun xeito atractivo e participativo .

🐮✨ Unha maneira diferente de aprender, na que a curiosidade, o xogo e a investigación van da man.

Animádevos a xogar, descubrir e aprender! 🎉📖

👉 Podedes acceder ás actividades aquí:

luns, 27 de abril de 2026

🌍🏃‍♀️ XOGAMOS POLO MUNDO DESDE EDUCACIÓN FÍSICA 🌍🏃‍♀️

Este curso, o proxecto de centro lévanos a viaxar polos continentes, e desde a área de Educación Física tamén queremos poñer o noso gran de area.

Durante este último trimestre, o alumnado está a desfrutar de xogos tradicionais e populares de distintos continentes, descubrindo novas formas de xogar, moverse e relacionarse. 🌏🎲

A través destas propostas, buscamos que:
✨ Coñezan xogos doutros lugares do mundo
✨ Poidan practicalos de forma autónoma unha vez aprendidos
✨ Descubran semellanzas e diferenzas cos xogos que xa coñecen

🐮✨ Unha maneira divertida e activa de aprender cultura, compartir experiencias e entender que, aínda sendo diferentes… ¡tamén xogamos de forma moi parecida!

Porque xogar… tamén é viaxar! 🌍💫

venres, 24 de abril de 2026

🤝📚 APADRIÑAMENTO LECTOR: UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE 🤝📚

Con motivo da celebración do Día do Libro, o alumnado de 5º de Primaria viviu unha xornada moi especial coa súa visita á EEI Fernández Varela.

O venres achegámonos para coñecer aos máis pequenos, que nos recibiron con grandes sorrisos, ilusión e moitas ganas de compartir. Amosáronnos a súa biblioteca e os seus sorprendentes ambientes de aprendizaxe, nos que traballan con liberdade para elixir, moverse e descubrir.

Organizámonos en pequenos grupos, mesturando maiores e pequenos, para comezar co máis importante: compartir contos. Os maiores leron as súas historias e, despois, os peques convertéronse en guías, ensinándolles os seus espazos, xogos e rutinas.

Houbo tempo tamén para merendar xuntos, xogar no patio, bailar, construír e conversar… creando momentos cheos de complicidade e alegría.

🐮✨ Foi unha experiencia preciosa e moi enriquecedora, que nos deixou grandes aprendizaxes e moitos recordos.

Queremos agradecer de corazón a invitación e o agarimo co que nos acolleron. 

Agora… prepararémonos para recibir aos máis pequenos no noso cole tan ben como eles o fixeron con nós. 💛

Porque compartir lecturas… é tamén compartir emocións. 📖✨

luns, 9 de febreiro de 2026

🎭🎉 O ENTROIDO CHEGA Á BIBLIOTECA...XOGANDO!

Xa cheira a disfraces, máscaras e moita diversión! Desde a biblioteca preparamos unha selección de xogos especiais para traballar o Entroido dun xeito lúdico e participativo.

🧩 Estas son algunhas das propostas que atoparedes:

🎯 Pasapalabra de Entroido



🔎 Sopa de letras 



✍️ Reto de ortografía e atención



🎊 Xogo de atrapar confeti



🎭 Adiviña quen son



🃏 Memory de Entroido



Actividades ideais para reforzar lectura, vocabulario, atención e memoria… mentres nos mergullamos no espírito do Entroido.

📌 Os recursos son da páxina educativa de Cristic, que ofrece materiais interactivos e motivadores para o alumnado.

🐮✨ A Vaca Pepa anímavos a participar, aprender e celebrar o Entroido xogando.

Porque aprender tamén pode ir… disfrazado de diversión! 🎭🎈

xoves, 18 de decembro de 2025

🎄🔐 Escape Room: O misterio do taller de Papá Noel 🎅

Prepárate para unha aventura moi especial!

Na biblioteca traemos un Escape Room interactivo de temática do Nadal no que terás que usar a túa lóxica, atención e espírito de equipo.

🧩 Algo estraño aconteceu no taller de Papá Noel
Os elfos necesitan axuda para descubrir que pasou. Para iso deberás resolver enigmas, superar desafíos e recoller pistas ata dar coa solución do misterio.

🎁 Un xogo cheo de maxia, suspense e diversión, perfecto para poñer a proba a túa capacidade de pensar, colaborar e non renderte nunca.

🐮✨ A Vaca Pepa xa está preparada para xogar…
¿Atréveste a axudar aos elfos e salvar o Nadal?

luns, 1 de decembro de 2025

⭐🎄 ESPECIAL NADAL: XOGOS ONLINE PARA APRENDER XOGANDO 🎄⭐

Chega o Nadal ao cole… e tamén aos nosos xogos online interactivos!

Preparamos unha selección de actividades divertidas en Genially para que os nenos e nenas poidan aprender, repasar e xogar ao mesmo tempo, sempre cun toque festivo propio destas datas.

A continuación tedes os xogos dispoñibles:

🎅🔤 O Xogo do Aforcado: especial Nadal

🎁✨ Vocabulario do Nadal

🔢🎄 Razoamento Matemático

📚⭐ Lecto-escritura do Nadal

🧩🌟 Quebracabezas

🎄🀄 Dominos e Bingos do Nadal

🎅🎁 Memorys

⭐🔍 Dobble de Nadal

Todos estes xogos están deseñados para aprender dun xeito lúdico, atractivo e motivador, aproveitando o espírito festivo destas datas.

Preme nos xogos do Genially que vos compartimos e… a xogar!

xoves, 6 de novembro de 2025

🔥 A BUSCA DAS CASTAÑAS PERDIDAS. 🔥

Escape Room do Magosto na Biblioteca da Vaca Pepa

O outono chegou á nosa escola cheo de cores, de follas e… de misterios! 🌰🍁
Este ano, desde a Biblioteca da Vaca Pepa, quixemos celebrar o Magosto dunha maneira diferente, divertida e chea de maxia.

Así naceu o noso Escape Room dixital: “A busca das castañas perdidas”, unha aventura interactiva creada para o alumnado de 1º e 2º de Primaria (6–8 anos).

Desde a nosa biblioteca seguimos apostando por proxectos creativos que mesturen lectura, cultura e novas tecnoloxías, facendo que cada celebración escolar se converta nunha oportunidade para aprender xogando.


sábado, 1 de novembro de 2025

🍁📚 NOVIDADES DE NOVEMBRO NA BIBLIOTECA! 🎉

Chega novembro cargadiño de lecturas novas e divertidas aventuras!

Na nosa biblioteca atoparedes unha morea de novidades para todos os gustos:

📖 Narrativa e ficción para deixar voar a imaxinación.
📚 Poesía para emocionarse con palabras cheas de ritmo e sentimento.
🎨 Libros ilustrados que son auténticas xoias visuais.
💥 Cómics para rir, soñar e vivir mil historias en viñetas.
🌍 Libros temáticos e informativos para aprender cousas sorprendentes sobre o mundo que nos rodea.
🎲 E tamén... novos xogos de mesa para compartir momentos divertidos nos recreos!

💫 Achegádevos á biblioteca e descubrídeas todas. Hai historias que vos agardan entre as páxinas... e outras que farán voar a vosa curiosidade!

🐮 A vaca Pepa xa está a escoller a súa favorita... ¿e ti, cal probarás primeiro? 😉



venres, 31 de outubro de 2025

🤖🎃 A VACA PEPA CONVÍDATE A PROGRAMAR NO SAMAÍN!👻

Muuu boas, lectores e lectoras da biblioteca! 🐮

Son Pepa, a vosa vaca favorita, e traio unha novidade moi especial para celebrar o Samaín 🎃:
un xogo de programación con temática de medo, no que tedes que guiar ao Bee-Bot entre cabazas, pantasmas e bruxas… sen perder o camiño! 😱

Coa axuda das vosas ordes e moita concentración, poderedes levar ao pequeno robot ata o seu destino final. Pero ollo! Hai trampas e sustos polo camiño… 👾

Con este xogo imos aprender a programar, pensar con lóxica e traballar en equipo, todo mentres nos divertimos co Samaín.

🕹️ ¿Preparados para o reto?
Achegádevos á biblioteca e axudade a Pepa e ao Bee-Bot a escapar do labirinto máis embruxado!



E para quen queira un reto extra, tamén temos outro xogo no que un rato famento ten que chegar ao queixo esquivando cabazas 🎃🧀.
¡Un desafío perfecto para os que se atrevan a pensar e programar con moita precisión!





xoves, 30 de outubro de 2025

🎃 UN SAMAÍN CHEO DE MAXIA NA BIBLIOTECA! 👻

Durante esta semana, a nosa biblioteca encheuse de risas, sustos e moita creatividade! 🕷️

Os talleres de marcapáxinas, contacontos, origami e historias en inglés tiveron unha participación fantástica, e queremos darvos as grazas a todos e todas por formar parte deste Samaín tan especial. 💀✨

Foi unha semana chea de momentos divertidos e de moita ilusión lectora.


📸 Aquí vos deixamos unha pequena mostra de fotografías para que revivades estes días tan máxicos.



🎃 Grazas por participar e facer da biblioteca un lugar cheo de vida e maxia!

mércores, 22 de outubro de 2025

🕯️ XOGANDO COAS LETRAS NO SAMAÍN 🎃

Esta semana na biblioteca temos un xogo de lectoescritura moi especial!

O alumnado deberá ordenar as letras para formar palabras, seguindo as pistas que aparecen nas imaxes.

Hai dous niveis de dificultade, para que todos poidades participar e divertiros aprendendo. As palabras están, por suposto, relacionadas co Samaín: pantasmas, cabazas, morcegos… e algunha sorpresa máis! 👻

Achegádevos á biblioteca, xogade e deixade que o medo se convirta en aprendizaxe e diversión! 🐮📚✨ 




🎃 PASAPALABRA DO SAMAÍN 👻

O Samaín xa está aquí… e na biblioteca celebrámolo xogando!

Preparamos un Pasapalabra do Samaín, cheo de palabras misteriosas, criaturas sorprendentes e moita diversión.

🕯️ Participa, adiviña as palabras e demostra canto sabes sobre o mundo máis terroríficamente divertido do ano.

Achegádevos á biblioteca e animádevos a xogar!
Pepa xa está lista… e ti? 🐮💀📚









luns, 21 de abril de 2025

mércores, 23 de outubro de 2024

ACTIVIDADES HORA DE BIBLIOTECA.

Durante a semana de Samaín deixaremos na biblioteca unha serie de actividades para utilizar co alumnado nas nosas horas de BIBLIOTECA.




  • CUBO DE DRÁCULA. Material para traballar discriminación e percepción visual e atención. O obxectivo é ir descubrindo as chuches que hai no cubo segundo a FORMA, COR e ESTAMPADO.


  • XOGO DE MESA DE SAMAÍN. Tira un dado e avanza. Cando caias na cabaza dos doces, rouba unha carta e segue as instrucións. O primeiro xogador que chegue á meta gaña o xogo.





  • CÓDIGOS SECRETOS. Descobre os códigos secretos e adiviña que personaxe de Samaín se esconde detrás do código.


  • MONSTROS A METADE. Unha serie de monstros moi divertidos espérannos para completar a súa outra metade. Desta maneira estaremos a traballar grafomotricidad, atención, percepción visual, orientación espacial e o concepto de «simetría». 


  • XOGO DE MEMORIA EN SAMAÍN. É un xogo de memoria de facer parellas con obxectos de Samaín. Levanta as cartas e observa os obxectos relativos á festividade outonal de Samaín: caldeiros, arañas, escobas de bruxas, pantasmas, ollos e outras imaxes horribles de medo. Memoriza a posición de cada obxecto e fai parellas de iguais ata usar todas as cartas. 


  • SPEED CUPS SAMAÍN. Poñerá a proba a túa habilidade e rapidez. Cada xogador ten 5 cubiletes de cores e compite por completar o obxectivo o máis rápido posible. Fai falta ter bo ollo e reflexos! As cartas mostran como se deben colocar os cubiletes... Que cabaza está de primeira cal de última?Colocáchelos ben?, pois corre a tocar o timbre! Gañará quen sexa máis rápido.

              Como se xoga a Speed Cups Samaín?
      1. Repártense 5 cubiletes a cada persoa (1 de cada cor) e déixase o mazo de cartas e o timbre no       centro.
      2. En cada quenda vírase unha carta e xógase simultaneamente colocando os cubiletes en orde como indica a carta, xa sexa en horizontal ou en vertical.
      3. Cando se consegue, tócase o timbre e esa persoa levará a carta como recompensa.
      4. Xógase ata esgotar as cartas e quen consiga máis, gañaría.
        Un frenético xogo de atención, coordinación e rapidez!


         

        • GRAFISMO CREATIVO CON SAMAÍN.  Este material convida ao alumnado a colorear e debuxar diferentes trazos mentres traballan con figuras e motivos propios desta festividade, como cabazas, pantasmas e morcegos.

        Unha maneira diferente de traballar Samaín!
        Un saúdo, A Vaca Pepa




        venres, 18 de outubro de 2024

        O MISTERIO DE SAMAÍN

        Nunha pequena BIBLIOTECA dunha vila chamada BANDASECA, algo estraño está a suceder...

        O LIBRO dos FEITIZOS MÁXICOS que mantiña o equilibrio na vila desapareceu.

        Para recuperalo, deberemos embarcarnos nunha emocionante viaxe no que nos enfrontaremos a diferentes desafíos cheos de misterio e maxia.

        Cada reto levaranos un paso máis preto de resolver o misterio e salvar á vila de Bandaseca.


        Un saúdo, A Vaca Pepa

        xoves, 17 de outubro de 2024

        XOGA AO DOBBLE EN SAMAÍN

         


        Un saúdo, A Vaca Pepa

        SAMAÍN ESTÁ EN PERIGO!

        Atención a todos! 

        Samaín está en perigo, e necesitamos a túa axuda para salvar a festa. 

        Axudanos a resolver enigmas, pistas e misterios máxicos.

        Atopa doces máxicos perdidos, recupera a cabaza da luz, descobre obxectos máxicos ocultos por trasgos travesos.

        Mergúllate no mundo máxico do Samaín e goza dunha experiencia única! 



        Un saúdo, A Vaca Pepa

        XOGO DE SAMAÍN

         Neste xogo terás que demostrar todos os coñecementos que tes sobre o SAMAÍN

        <div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1200px" height="675px" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/616f177ec5e65e0dea848ecd" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>SAMAÍN SCAPE ROOM

        QUERES FACER BRUXERÍA?

        Queres facer BRUXERÍA???

        Realiza este escape room para conseguir todos os obxectos necesarios.