Buscar neste blog

mércores, 21 de xuño de 2023

FIN DE CURSO. CONCERTO DE "PAKOLAS"

 "Pakolas’ é o músico e narrador Paco Cerdeira, cun espectáculo co que percorre bibliotecas, centros de lectura, feiras do libro, e outros espazos como teatros, auditorios, ou centros sociais.

E nós tivemos a sorte de telo connosco o último día de clase.

Este acto daba por finalizado un proxecto levado a cabo en todas as aulas a través da área de Música.

Tanto alumnos como profesores tiveron a oportunidade de bailar e gozar coas cancións que escoitaran  durante todo o  proxecto.


Un saúdo, A Vaca Pepa

DESPEDIDA E AGRADECEMENTO AOS NOSOS/AS AXUDANTES DE BIBLIOTECA.

No día de hoxe tivemos a despedida e agradecemento aos nosos axudantes, pola súa apreciada colaboración no día a día da nosa biblioteca.

Durante este curso 27 alumnos/as de 6.º foron Axudantes da biblioteca durante os recreos e numerosas actividades do centro.

Fixemos tres grupos asumindo as súas tarefas segundo o día que lles correspondía vir á biblioteca.. 

Dedicáronse a:

  • colocar libros nos andeis,
  • axudar aos pequenos na elección de libros,
  • reparar os fondos que se atopaban na “enfermería”,
  • levar os préstamos ás aulas,
  • ler textos aos pequenos nos recreos
  • representar contacontos aos máss pequenos…
Fixérono fenomenal e con moita ilusión, por eso entregámoslles un pequeno agasallo a final de curso.





Grazas a todos pola vosa colaboración 🙂
Un saúdo, A Vaca Pepa


DESCUBRIR O GALEGO MENTRES XOGAS.

Descubrir o galego mentres xogas: esta é a nova aplicación para mellorar o teu léxico.

Nova ferramenta da RAG e da Fundación Barrié que pretende axudar a fixar palabras, dándolles aos falantes máis seguridade e naturalidade.

Aprender e afianzar o léxico galego divertíndose e competindo. Este é o propósito do Ximnasio Léxico, a aplicación de xogos baseada no Dicionario da Real Academia Galega (RAG) que xa pode descargarse en todos os dispositivos móbiles de Android e iOS.



O obxectivo da aplicación é reforzar o vocabulario normativo no público de todas as idades.


Xoguemos co galego este verán!
Un saúdo, A Vaca Pepa


martes, 20 de xuño de 2023

TEATRO NO CINE ELMA.

O grupo "Gargallada teatro", formado por compañeiros/as do noso cole, presentáronnos a obra "Charlie e a fábrica de chocolate".

Xa sabiamos que tiñamos uns actores incribles entre nós, pero sempre nos sorprenden. 

Darlle as grazas a todo o grupo de teatro por permitirnos gozar das súas obras unha vez máis.

E desexámoslles moita sorte na súa traxectoria.


Un saúdo, A Vaca Pepa

luns, 19 de xuño de 2023