Buscar neste blog

luns, 6 de maio de 2024

CONTACONTOS SUPERAVOA

Hoxe na biblioteca visitounos David Rodríguez, autor e ilustrador do libro "Superavoa". Estivo co alumnado de 1º e 2º de Primaria. E presentounos a unha avoa moi especial.

A avoa Rita garda un segredo. É unha superheroína! Se non fose por ela e os seus superpoderes, o mundo viríase abaixo. Unha feliz homenaxe ás avoas.


Un saúdo, A Vaca Pepa


mércores, 1 de maio de 2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024. LUÍSA VILLALTA GÓMEZ

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Luísa Villalta Gómez.

Na biblioteca poderedes atopar distintos libros que nos axudarán a coñecer mellor a autora e a súa obra. 


Un saúdo, A Vaca Pepa


LETRAS GALEGAS 2024.

Como cada ano, o profesorado integrado no Seminario Galán comparte con todo o colectivo docente os seus recursos didácticos das Letras Galegas 2024


Ademais da cronobiografía ou do álbum de fotos de Luísa Villalta, tamén nos ofrecen materiais para imprimir (carteis, díptico, marcapáxinas, escolma de textos, cuestionarios de preguntas...) e divertidas actividades interactivas (xogos de birlos, de memoria, de robótica etc.).

Actividades interactivas en formato genially sobre a BIOGRAFÍA E OBRA DE LUISA VILLALTA.

 O xogo dos Birlos.



O xogo da memoria


Luisa Villalta en Dez preguntas. 



As chaves do tempo. Actividade sobre a obra "As chaves do tempo"


O rodicio de Luísa Villalta. Pasapalabra.



O xogo dos dardos. 


As portas de Luísa Villalta.



A biografía de Luísa



Que sabes de Luísa Villalta?



Coñeces a Luísa Villalta?



Parabéns e agradecementos a todas as profesoras e os profesores que forman parte do Seminario Galán por contribuír á divulgación da vida e obra da escritora homenaxeada o vindeiro 17 de maio entre o alumnado de infantil e primaria.

Un saúdo, A Vaca Pepa

PEQUENA BIOGRAFÍA DE LUISA VILLALTA E OUTROS RECURSOS. PRIMAVERA DAS LETRAS.



Nesta páxina atoparemos:
  • Unha fermosa biografía da autora en forma de conto que escribiron para vós con moito agarimo Xoán Babarro e Ana María Fernández e ilustrou Óscar Villán: Violino, Inglesa e o libro xigante. Nesta historia, os guías pola vida da nosa protagonista son o seu violín, a guitarra inglesa de Rosalía e unha rapaciña que agocha un segredo! A sorpresa que ides levar cando o descubrades!
  • Actividades interactivas.
  • Deseños de marcapáxinas e chapas da Primavera das Letras de Luísa Villalta.
  • Fichas para colorear.
Un saúdo, A Vaca Pepa


DIGOCHO EU. 1ºB

Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega EDLG, este curso propúxose incentivar o uso do noso idioma facendo vídeos en galego nos que a temática a traballar fose “as foliadas” e todo o que implica isto: a música, o baile, etc.
Os nenos e nenas de 1º B de Proxecto Competencial prepararon estes vídeos que vos deixamos a continuación e que agardamos vos sexan útiles para aprender un pouquichiño máis sobre a nosa Cultura Galega.


 


 

 Un saúdo, A Vaca Pepa.

"Digocho eu" 😏

XIMNASIO LÉXICO. XOGAMOS CO GALEGO!

Descubre o galego mentres xogas: esta é unha aplicación para mellorar o teu léxico.

É unha ferramenta da RAG e da Fundación Barrié que pretende axudar a fixar palabras, dándolles aos falantes máis seguridade e naturalidade.

Aprender e afianzar o léxico galego divertíndose e competindo. Este é o propósito do Ximnasio Léxico, a aplicación de xogos baseada no Dicionario da Real Academia Galega (RAG) que xa pode descargarse en todos os dispositivos móbiles de Android e iOS.









O obxectivo da aplicación é reforzar o vocabulario normativo no público de todas as idades.


Xoguemos co galego!

Un saúdo, A Vaca Pepa


NOVIDADES DE MAIO

Durante o mes de marzo temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que podemos levar a casa.

Se clicas na imaxe poderás velas.


 Un saúdo, A Vaca Pepa