Buscar neste blog

domingo, 14 de xuño de 2020

DEVOLUCIÓN DOS MATERIAIS EN PRÉSTAMO.

Ola familias!
Dende os máis pequenos ata os máis maiores, lembrade traer os libros que leváchedes como préstamo da biblioteca.
Xa sabemos que algún de vós xa os trouxestes. Pero os demais o día que veñades á escola a recoller o material ou a facer calquera outra cousa podedes aproveitar e deixar tamén o material de préstamo.
Os que teñades as "Mochilas Viaxeiras" debedes achegalas ao colexio.
Por seguridade puxemos os mobles de devolucións na entrada principal para que deixedes todo alí.



 Aproveitade este tempo de verán para pásalo moi ben e adicarlle tempo á lectura que vós levará a mil e unha aventuras.


Un saúdo, A Vaca Pepa.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS. VERÁN 2020.

Ola familias!
Presentámosvos as recomendacións lectoras deste ano para o verán. Están divididas en tres apartados:
- primeiros lectores
- lectores autónomos
- lectores expertos
Convidámosvos que escollades libremente en función do voso nivel lector e os vosos gustos.
Se clicades na imaxe da portada do libro atoparedes máis información sobre ese libro.
Esperamos acertar coa elección.





Felices lecturas e feliz verán! 
A Vaca  Pepa.

venres, 5 de xuño de 2020

RESPECTO POLO MEDIOAMBIENTE

Quecemento global, cambio climático, desaparición dos polos… estes e outros termos relacionados co  medioambiente resoan cada vez máis forte na sociedade actual. Estes libros están pensados para educar a xeracións vindeiras a tomar conciencia sobre eles e sobre a necesidade de buscar solucións.

ANIMAIS EN PERIGO.



Sabías que moitos animais corren o perigo de desaparecer para sempre? Co fin de preservar o planeta, os lectores poden atravesar continentes, mares e océanos, descubrindo todas as especies afectadas propias de cada zona. Ademais, coñecerán máis información sobre cada animal e o motivo polo que está a se extinguir.


FERNANDO E O OSO POLAR.

O valor da amizade, a necesidade de compartir emocións, as relacións familiares, a responsabilidade e o coidado dos animais son algúns dos temas que expón este libro desde o humor e o entretemento protagonizado por Fernando e un oso polar que coñece no zoo.

TI PODES CAMBIAR O MUNDO.


Existen no mundo máis flamencos de plástico que flamencos de verdade e se xuntásemos todos os plásticos que hai nos océanos poderían dar a volta ao planeta máis de 4.000 veces. Estes datos arrepiantes forman parte desta guía repleta de información, ideas e actividades enfocadas a animar aos máis pequenos a introducir cambios nas súas vidas e achegar así o seu granito de area para salvar o planeta.

NON HAI PLANETA B.


Esta é a historia de Gaia, unha nena preocupada pola Terra que acode á súa avoa en busca de axuda. Xuntas, desde unha cabana máxica, viaxarán a lugares remotos e descubrirán as historias daqueles pobos que se enfrontaron á crise climática e cambiaron o seu modo de vida.

CONTOS PARA NENOS E NENAS QUE QUEREN SALVAR O MUNDO.


O obxectivo principal deste libro é espertar a conciencia ecolóxica e o compromiso co  medioambiente en nenos e nenas de todas as idades.

OSO POLAR, SABES POR QUE SE DERRETIRÁ O TEU MUNDO?


O xeo do Ártico é máis importante do que pensamos: os osos polares necesítano para sobrevivir e o planeta para manterse fresco. Entón, por que se está  derritiendo a pasos axigantados? Dirixíndose directamente ao oso polar, o autor explica por que chegamos a esta situación e achega claves para tentar frealo e axudar, así, á Terra.

Un saúdo, A Vaca Pepa.