Aquí tedes as recomendacións lectoras da plataforma de lectura dixital E-LBE.2
Buscar neste blog
mércores, 25 de xuño de 2025
BIBLIOTECA DE VERÁN. ELBE
luns, 23 de xuño de 2025
O NENO CAN. FINA CASALDERREY
No marco da área de Proxecto Competencial, o alumnado de 6º de Primaria mergullouse na lectura do libro O neno can, da autora galega Fina Casalderrey. Esta obra, sensible e profunda, aborda temas como a exclusión social, a amizade, o respecto á diversidade e o poder curativo do afecto.
Como produto final do traballo realizado, as dúas clases elaboraron un vídeo no que representan dous capítulos significativos do libro: “A voda de Leila” e “Unha tarde de baile única”.
En “A voda de Leila”, coñecemos a historia dunha nena que vive nun contexto cultural diferente e que, malia a súa xuventude, é prometida en matrimonio. A escena convida á reflexión sobre os dereitos da infancia, a liberdade de elección e o valor de escoitar e comprender outras realidades.
A través deste proxecto, o alumnado non só mellorou a súa competencia lingüística e audiovisual, senón que tamén traballou a empatía, a expresión emocional e o espírito crítico. Este vídeo é o resultado do seu esforzo, creatividade e compromiso cunha sociedade máis xusta e inclusiva.
venres, 20 de xuño de 2025
AGRADECEMENTO AOS AXUDANTES DA BIBLIOTECA.
Esta semana, dende o equipo de biblioteca quixemos ter un pequeno xesto de agradecemento cos nosos fantásticos axudantes de biblioteca.
Ao longo de todo o curso colaboraron con ilusión e responsabilidade nas distintas dinámicas que se desenvolveron durante os recreos. Por iso, recibiron un agasallo simbólico como recoñecemento ao seu gran labor.
Grazas por formar parte deste equipo tan especial!
luns, 9 de xuño de 2025
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN.
Aquí tedes as recomendacións lectoras deste ano. Escolle o teu nivel lector e prepárate para gozar lendo!
martes, 3 de xuño de 2025
BELA E BESTA
Este mes tivemos a gran sorte de desfrutar dunha representación moi especial: a obra Bela e Besta, posta en escena polo grupo de teatro Gargallada, formado polos nenos e nenas que participan na actividade extraescolar organizada pola ANPA.
Toda a comunidade escolar puido asistir ao espectáculo, que nos encheu de emoción, risas e aplausos.
Os pequenos actores estiveron espectaculares e regaláronnos unha versión fermosísima do clásico conto.
Queremos agradecer e felicitar tamén á persoa responsable desta actividade, que fixo posible esta marabillosa experiencia. ¡Parabéns a todo o elenco!