Buscar neste blog

venres, 24 de abril de 2026

🎨📑 TALLER DE MARCAPÁXINAS NA SEMANA DO LIBRO 🎨📑

Durante toda a Semana do Libro, nos recreos, a biblioteca converteuse nun espazo cheo de cor e creatividade co noso taller de marcapáxinas. ✨

O alumnado participou elaborando os seus propios marcapáxinas inspirados nos contos clásicos, deixando voar a imaxinación e creando auténticas pequenas obras de arte. 📚🎭

🐮✨ Foi unha actividade moi especial.

A continuación, deixámosvos unha pequena mostra de imaxes destes momentos tan creativos e divertidos.


Porque cada lectura merece… ¡un marcapáxinas único! 📖💛

🌳📚 “AO AIRE, LIBRO" 📚🌳

Dentro da nosa Semana do Libro, levamos a lectura fóra da aula coa actividade “Ao aire, libro”.

O alumnado tivo a oportunidade de saír ao patio e aos espazos exteriores do centro para gozar dunha lectura compartida, ben con compañeiros e compañeiras da súa clase ou tamén con alumnado doutros cursos. 🌞📖

Unha experiencia diferente, na que os libros se mesturan co aire libre, a natureza e o pracer de ler en boa compañía.

🐮✨ Aquí vos deixamos algunhas imaxes destes momentos tan especiais, cheos de calma, sorrisos e moita lectura.

Porque ler… tamén se pode vivir ao aire libre! 🌿📚

martes, 21 de abril de 2026

📚✨ Contacontos especial polo Día do Libro ✨📚

Con motivo da celebración do Día do Libro, mañá, mércores, o alumnado do noso centro desfrutará dun espectáculo de narración oral a cargo de Sole Felloza. 🤗

Sole Felloza é unha recoñecida narradora oral, actriz e creadora que leva anos facendo chegar a maxia das historias a nenos e nenas a través da palabra, o xogo e a imaxinación. 🎤📖

🐮✨ Queremos agradecer ao ANPA Bandaseca este agasallo tan especial para o noso alumnado, que poderá vivir unha experiencia chea de emocións, risas e contos inesquecibles.


Agardamos con moita ilusión esta actividade! 💛📚

venres, 17 de abril de 2026

📚🌟 SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA 🌟📚

A nosa biblioteca énchese de vida para celebrar a Semana do Libro cunha programación chea de actividades para toda a comunidade educativa.

📖🌳 “Ao aire, libro”
Se o tempo o permite, na hora de lectura, sairemos ao patio para gozar da lectura ao aire libre: baixo as árbores, en espazos tranquilos… deixando que a natureza acompañe as nosas historias.

🎤✨ Contacontos para todo o alumnado
Grazas ao ANPA, contaremos cunha sesión moi especial da man de Sole Felloza, que nos fará viaxar coas súas historias.

🤝📚 Apadriñamento lector
O alumnado de 5º de Primaria visitará a EEI Fernández Varela para compartir contos cos máis pequenos.

🎨📑 Taller de marcapáxinas
Durante toda a semana, nos recreos, realizaremos un obradoiro de marcapáxinas inspirados nos contos clásicos.

🎁📰 Agasallo da biblioteca
Para agradecer a vosa participación, repartiremos un tríptico con xogos e actividades: labirintos, sopas de letras, tres en raia, aforcado, sudokus e marcapáxinas para colorear.

🐮✨ Unha semana para ler, compartir e desfrutar dos libros en todos os recunchos do cole.

Animámosvos a participar e a vivir a lectura con ilusión! 📚💛

martes, 7 de abril de 2026

🌼📚 NOVIDADES DE ABRIL 📚🌼

Abril chega cheo de luz… e tamén de novas lecturas e xogos na nosa biblioteca! 🌸✨

Este mes atoparedes unha coidada selección de novidades para todos os gustos:

📖 Narrativa con historias que enganchan
🎨 Álbums ilustrados cheos de cor e emoción
💬 Cómic e banda deseñada para rir e aventurarse
🌍 Libros informativos para aprender e descubrir
🎲 Xogos de mesa para compartir e divertirse

Coa chegada da primavera e a celebración do Mes do Libro, é o momento perfecto para achegarse á biblioteca e deixarse levar pola maxia da lectura.

🐮✨ A Vaca Pepa xa ten a súa lista de favoritos…
¿E ti, xa viñeches descubrir as novidades?


📍 Agardámoste na biblioteca!

venres, 27 de marzo de 2026

🐦 EXPOSICIÓN SOBRE AVES E CURIOSIDADES DA NATUREZA 🌿

Na nosa biblioteca inauguramos unha exposición especial que vai encantar ao alumnado! 😍

Os nenos e nenas poderán descubrir:

  • Nidos de todo tipo 🪺
  • Ovos de diferentes aves 🥚
  • Un microscopio para observar detalles moi de preto 🔬
  • E todos os libros da biblioteca relacionados coa búsqueda e a consulta sobre aves e natureza, como:
    • O páxaro e o seu niño
    • Inventario de aves
    • O ovo
    • Aves costeiras
    • Páxaros: como observar e entender o marabilloso mundo dos páxaros 📚

Esta exposición busca despertar a curiosidade do alumnado, fomentar a búsqueda de información e relacionar a experiencia co momento do ano, cando a natureza e as aves están moi presentes. 🌱✨

Unha actividade práctica e educativa, perfecta para aprender xogando e descubrindo o mundo que nos rodea. 🐤



venres, 20 de marzo de 2026

💧 DÍA MUNDIAL DA AUGA EN 2º DE PRIMARIA 💧

O 22 de marzo celebramos o Día Mundial da Auga cunha actividade moi especial para o alumnado de 2º de primaria. 🌍💦

Desde Augas de Galicia, da depuradora de A Pobra, achegáronse ao cole para realizar un obradoiro práctico e divertido sobre a importancia de coidar o noso medio ambiente.

Durante a actividade, o alumnado aprendeu:

  • Que acontece coas augas que vertemos no medio ambiente ♻️
  • Como se depuran e se tratan para que volvan seguras á natureza 🏞️
  • A importancia de ser responsables co uso da auga no día a día 💧

Unha experiencia moi interesante e educativa, que combina aprendizaxe e concienciación ambiental desde pequenos. 🌟