Buscar neste blog

sábado, 9 de marzo de 2019

8 de marzo, Día Internacional da Muller

Pincha na foto para ver os libros da mostra

Na biblioteca do CEP Salustiano Rey Eiras temos unha mostra de libros sobre mulleres que fixeron historia, pero ben sabemos que todas as mulleres contribuímos a mellorar o mundo co noso traballo e esforzo diario.
Os alumnos e alumnas do centro puxeron en valor ás avoas, ás nais, ás irmás... a todas aquelas mulleres importantes na súa vida.
Grazas a todas por todo o que elas fan cada día!

No Cine Elma o domingo 10 de marzo teremos esta obra de teatro. Alí estaremos!

venres, 8 de marzo de 2019

Día de Rosalía 2019

O 25 de febreiro conmemoramos o aniversario da nosa poeta universal Rosalía de Castro.







venres, 8 de febreiro de 2019

PEACE DAY 2019. I AM YOGA

I AM YOGA
PEACE DAY PROJECT.
We made our rainsticks in Art class, we learned a song in English and we performed it in the playground

domingo, 21 de outubro de 2018

Xa está aquí o SAMAÍN



Aproxímase a data! Xa está chegando a Noite dos Mortos! Bruxas, pantasmas e outros seres do inframundo sairán dos seus agochos e camparán polas rúas, polos bosques... por todas partes! 
Aquí tes unha escolma dos personaxes da mitoloxía galega. Pincha no cartel de abaixo e verás algúns 
destes terroríficos e monstrosos seres!

Tes ganas de pasar medo???
Pincha no retrato do Coco Verde e...
 atoparás contos sobre estes personaxes e outros aínda máis medorentos!!!
E se queres saber cousas sobre casas encantadas, pincha na casa!!!
E... na biblioteca tamén podes atopar libros de medo!!!!
Máis libros en
 https://pekeleke.es/blog/10-cuentos-infantiles-para-leer-en-halloween/ 

luns, 2 de xullo de 2018

VOLUNTARIOS DA BIBLIO



Durante este curso contamos coa axuda dun equipazo de voluntarios da biblio. Os alumnos e alumnas de 6º , máis de 45 nenos e nenas, acudiron puntualmente durante os recreos para axudar nos labores que cada un tivo asignadas. 
FELICIDADES E MOITAS GRAZAS!

Lecturas para o verán

Nesta guía de lectura atoparedes algúns libros para ler no verán. 
Recordade que tamén podedes ler libros e revistas na aplicación on-line ELBE.2 
 á que podedes acceder premendo no logo.
Tamén podedes acercarvos á biblioteca municipal, Victoriano García Martí.
Bo verán e moi felices lecturas!!!

FESTIVAL DE FIN DE CURSO. 40º aniversario do CEP Salustiano Rey Eiras

O 40º aniversario do CEP Salustiano Rey Eiras non podía ter un peche mellor.
Todos os nenos e nenas do centro fixeron unha marabillosa actuación rememorando a mellor música dos anos 1977-78. Mamma Mia, de ABBA, Daddy Cool, de Boney M, Greased Lightning, da película Grease, The Wall, de Pink Floyd, In the Navy, de Village People, I Need a Hero, de Bonnie Tyler, I Will Survive, de Gloria Gaynor,  She Works Hard for the Money, de Donna Summer e Don't Stop Til You Get It, de Michael Jackson...
Esta vez contamos cuns presentadores moi especiais: Alumnos e alumnas da primeira promoción do noso centro.
Que máis podemos dicir???
Todo un luxo, grazas á Xefa de Actividades Extraescolares e Complementarias, a profe de música Chus Gómez Pedreira, e a o esforzo de todos vós. GRAZAS A TODOS E TODAS.
Aquí quedan os dous videos que recollen o festival.
Neste video se recollen as actuacións dos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º cursos.
E neste outro podedes ver aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º.