Buscar neste blog

mércores, 30 de maio de 2018

40 aniversario do CEP SALUSTIANO REY EIRAS

O CEP SALUSTIANO REY EIRAS ESTÁ DE ANIVERSARIO.
Para celebralo, ao longo de todo o curso 2017-2018 fixemos varias actividades organizadas polos equipos de Dinamización Lingüística, Biblioteca e Actividades Complementarias e Extraescolares. Tamén colaborou a ANPA e todas as familias, que axudaron a rememorar os tempos do inicio do noso centro  plasmando as súas lembranzas no Caderno Viaxeiro "Hai 40 anos..."
O vindeiro luns, día 4 de xuño inauguraremos a exposición conmemorativa na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, coa colaboración do Concello de A Pobra do Caramiñal.
Alí estaremos e esperamos que vos guste!!!
Preme no pé de foto para ver o artigo de prensa.

Ningún comentario: