Buscar neste blog

venres, 20 de outubro de 2023

TROSKITA E CONTACONTIÑOS

O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Ese mesmo día é tamén o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR, por ser esta unha biblioteca esencial xa que por ela pasa toda a poboación escolar dun país.

Este ano nós celebramos este día cun contacontos moi especial. Virá visitarnos "Troskita"  acompañada do seu amigo "contacontiños". Falaranos do valor da biblioteca, lembraranos as normas para un bo uso da mesma e mostraranos a maxia dos libros.... seguro que temos algunha sorpresa máis.

Esperamos que gocedes desta actividade.



Un saúdo, A Vaca Pepa



Ningún comentario: