O alumnado de 6º de Primaria converteuse nestes días en auténticos científicos e científicas! 👩🔬👨🔬
Como resultado do seu traballo, prepararon unha fantástica exposición de maquetas das células animal e vexetal, nas que amosan todo o que aprenderon sobre a súa estrutura e función.
As maquetas están cheas de creatividade, detalle e moita imaxinación, e podedes visitalas na planta onde se atopan as aulas de sexto.
💡 Animámosvos a achegarvos e descubrir estas pequenas marabillas, nas que ciencia e arte se unen para darlle vida ao mundo microscópico das células.
📚 ¡Non deixedes de visitar a exposición… seguro que vos sorprenderá!

Ningún comentario:
Publicar un comentario