Desde a Biblioteca Escolar queremos compartir convosco unha selección de contos para traballar arredor desta data tan significativa, o 25 de novembro.
Estes libros axúdannos a reflexionar sobre a igualdade, o respecto, a empatía e o bo trato, valores que debemos cultivar todos os días do ano, non só nesta data. 🌈
📚 A proposta do Equipo de Biblioteca é que, ao longo deste mes, traballemos este tema na hora de lectura, aproveitando estas historias para dialogar, compartir ideas e aprender xuntos.
📖 Algúns destes contos xa están dispoñibles na biblioteca, e os que aínda non o están… chegarán moi pronto!
Sabemos que hai moitas máis historias fermosas para abordar este tema, pero esta é a nosa pequena proposta inicial para seguir aprendendo xuntos. 💫
🟣 A coeducación e o bo trato son tarefas de cada día… tamén dende os contos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario