Con motivo da celebración do Día do Libro, o alumnado de 5º de Primaria viviu unha xornada moi especial coa súa visita á EEI Fernández Varela.
O venres achegámonos para coñecer aos máis pequenos, que nos recibiron con grandes sorrisos, ilusión e moitas ganas de compartir. Amosáronnos a súa biblioteca e os seus sorprendentes ambientes de aprendizaxe, nos que traballan con liberdade para elixir, moverse e descubrir.
Organizámonos en pequenos grupos, mesturando maiores e pequenos, para comezar co máis importante: compartir contos. Os maiores leron as súas historias e, despois, os peques convertéronse en guías, ensinándolles os seus espazos, xogos e rutinas.
Houbo tempo tamén para merendar xuntos, xogar no patio, bailar, construír e conversar… creando momentos cheos de complicidade e alegría.
🐮✨ Foi unha experiencia preciosa e moi enriquecedora, que nos deixou grandes aprendizaxes e moitos recordos.
Queremos agradecer de corazón a invitación e o agarimo co que nos acolleron.
Agora… prepararémonos para recibir aos máis pequenos no noso cole tan ben como eles o fixeron con nós. 💛
Porque compartir lecturas… é tamén compartir emocións. 📖✨

1 comentario:
O venres 24 de abril, tivemos a gran sorte de recibir a visita na Eei Fernández Varela, dos nosos compañeiros e compañeiras de 5° de Educación Primaria do voso centro educativo. Foi Unha gran experiencia para todos nos, alumnos e mestres. Agradecer a vosa visita de corazón e por suposto deixar a porta aberta para futuros proxectos.
Publicar un comentario