A nosa biblioteca énchese de vida para celebrar a Semana do Libro cunha programación chea de actividades para toda a comunidade educativa.
📖🌳 “Ao aire, libro”
Se o tempo o permite, na hora de lectura, sairemos ao patio para gozar da lectura ao aire libre: baixo as árbores, en espazos tranquilos… deixando que a natureza acompañe as nosas historias.
🎤✨ Contacontos para todo o alumnado
Grazas ao ANPA, contaremos cunha sesión moi especial da man de Sole Felloza, que nos fará viaxar coas súas historias.
🤝📚 Apadriñamento lector
O alumnado de 5º de Primaria visitará a EEI Fernández Varela para compartir contos cos máis pequenos.
🎨📑 Taller de marcapáxinas
Durante toda a semana, nos recreos, realizaremos un obradoiro de marcapáxinas inspirados nos contos clásicos.
🎁📰 Agasallo da biblioteca
Para agradecer a vosa participación, repartiremos un tríptico con xogos e actividades: labirintos, sopas de letras, tres en raia, aforcado, sudokus e marcapáxinas para colorear.
🐮✨ Unha semana para ler, compartir e desfrutar dos libros en todos os recunchos do cole.
Animámosvos a participar e a vivir a lectura con ilusión! 📚💛
Ningún comentario:
Publicar un comentario