Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta LETRAS GALEGAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LETRAS GALEGAS. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de maio de 2025

PASAPALABRA LETRAS GALEGAS 2025

 Aquí tedes un pasapalabra sobre as letras galegas deste ano. Espero que vos guste e que sexades capaces de completar o rosco. 

Ánimo! A Vaca Pepa

Tamén podedes xogar desde esta ligazón. https://vacapepa.my.canva.site/pasapalabra-letras-galegas-2025

domingo, 4 de maio de 2025

DIA DAS LETRAS GALEGAS EN ELBE

Ademais da exposición que temos na biblioteca tamén podedes consultar máis libros relacionados coas letras galegas na nosa biblioteca dixital E-LBE.2


Un saúdo, A Vaca Pepa

O XOGO DOS BIRLOS

 

OS DARDOS DAS CANTAREIRAS

 

OS INSTRUMENTOS MUSICAIS TRADICIONAIS GALEGOS

 

EVA CASTIÑEIRA. BIOGRAFÍA DUNHA DAS HOMENAXEADAS NO DIA DAS LETRAS GALEGAS 2025

 

AS CANTAREIRAS E PANDEIRETEIRAS DE MENS

 

LETRAS GALEGAS 2025

Galicia celebrará este ano as Letras Galegas homenaxeando as cantareiras e a poesía popular.

Poñeran en valor a Mulleres que coa súa música e poesía popular foron baluartes da identidade e cultura galegas, recoñecendo o legado cultural das cantareiras e o seu papel na conservación do galego ao longo da historia.

Na nosa biblioteca atoparedes unha exposición de libros nos que se traballa as letras galegas deste ano.

Un saúdo, A Vaca Pepa


venres, 18 de outubro de 2024

O MISTERIO DE SAMAÍN

Nunha pequena BIBLIOTECA dunha vila chamada BANDASECA, algo estraño está a suceder...

O LIBRO dos FEITIZOS MÁXICOS que mantiña o equilibrio na vila desapareceu.

Para recuperalo, deberemos embarcarnos nunha emocionante viaxe no que nos enfrontaremos a diferentes desafíos cheos de misterio e maxia.

Cada reto levaranos un paso máis preto de resolver o misterio e salvar á vila de Bandaseca.


Un saúdo, A Vaca Pepa

martes, 28 de maio de 2024

XINCANA. MARABILLAS DE GALICIA.

O 28 de maio o alumnado gozou dunha xincana relacionada co Día das Letras Galegas: "Marabillas de Galicia", a cargo de Barafunda Animación e destinada ós colexios da primaria de todo o concello da Pobra do Caramiñal, a partir das 10.00 horas, polas prazas e rúas da localidade.

Actividade proposta polo Concello.

Un saúdo, A Vaca Pepa



xoves, 16 de maio de 2024

CELEBRACIÓN "LETRAS GALEGAS"

 Este ano celebramos as letras galegas con diferentes actividades:

  • Construímos o noso maio.
  • Comemos doces típicos galegos (roscas).
  • O recreo estivo amenizado por música tradicional galega, onde bailamos e cantamos todos xuntos.
  • Tivemos un pequeno festival para cantarlle ao noso maio.


Pasamos un bo día celebrando as nosas letras...

Un saúdo, A Vaca Pepa

mércores, 15 de maio de 2024

CONSTRUCCIÓN DO MAIO

Os nenos/as de Bandaseca xa están preparando o maio para a celebración do Día das Letras Galegas. A verdade que pasaron un día estupendo preparando a nosa celebración.


Un saúdo,A Vaca Pepa

mércores, 1 de maio de 2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024. LUÍSA VILLALTA GÓMEZ

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Luísa Villalta Gómez.

Na biblioteca poderedes atopar distintos libros que nos axudarán a coñecer mellor a autora e a súa obra. 


Un saúdo, A Vaca Pepa


LETRAS GALEGAS 2024.

Como cada ano, o profesorado integrado no Seminario Galán comparte con todo o colectivo docente os seus recursos didácticos das Letras Galegas 2024


Ademais da cronobiografía ou do álbum de fotos de Luísa Villalta, tamén nos ofrecen materiais para imprimir (carteis, díptico, marcapáxinas, escolma de textos, cuestionarios de preguntas...) e divertidas actividades interactivas (xogos de birlos, de memoria, de robótica etc.).

Actividades interactivas en formato genially sobre a BIOGRAFÍA E OBRA DE LUISA VILLALTA.

 O xogo dos Birlos.



O xogo da memoria


Luisa Villalta en Dez preguntas. 



As chaves do tempo. Actividade sobre a obra "As chaves do tempo"


O rodicio de Luísa Villalta. Pasapalabra.



O xogo dos dardos. 


As portas de Luísa Villalta.



A biografía de Luísa



Que sabes de Luísa Villalta?



Coñeces a Luísa Villalta?



Parabéns e agradecementos a todas as profesoras e os profesores que forman parte do Seminario Galán por contribuír á divulgación da vida e obra da escritora homenaxeada o vindeiro 17 de maio entre o alumnado de infantil e primaria.

Un saúdo, A Vaca Pepa

PEQUENA BIOGRAFÍA DE LUISA VILLALTA E OUTROS RECURSOS. PRIMAVERA DAS LETRAS.



Nesta páxina atoparemos:
  • Unha fermosa biografía da autora en forma de conto que escribiron para vós con moito agarimo Xoán Babarro e Ana María Fernández e ilustrou Óscar Villán: Violino, Inglesa e o libro xigante. Nesta historia, os guías pola vida da nosa protagonista son o seu violín, a guitarra inglesa de Rosalía e unha rapaciña que agocha un segredo! A sorpresa que ides levar cando o descubrades!
  • Actividades interactivas.
  • Deseños de marcapáxinas e chapas da Primavera das Letras de Luísa Villalta.
  • Fichas para colorear.
Un saúdo, A Vaca Pepa


DIGOCHO EU. 1ºB

Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega EDLG, este curso propúxose incentivar o uso do noso idioma facendo vídeos en galego nos que a temática a traballar fose “as foliadas” e todo o que implica isto: a música, o baile, etc.
Os nenos e nenas de 1º B de Proxecto Competencial prepararon estes vídeos que vos deixamos a continuación e que agardamos vos sexan útiles para aprender un pouquichiño máis sobre a nosa Cultura Galega.


 


 

 Un saúdo, A Vaca Pepa.

"Digocho eu" 😏

XIMNASIO LÉXICO. XOGAMOS CO GALEGO!

Descubre o galego mentres xogas: esta é unha aplicación para mellorar o teu léxico.

É unha ferramenta da RAG e da Fundación Barrié que pretende axudar a fixar palabras, dándolles aos falantes máis seguridade e naturalidade.

Aprender e afianzar o léxico galego divertíndose e competindo. Este é o propósito do Ximnasio Léxico, a aplicación de xogos baseada no Dicionario da Real Academia Galega (RAG) que xa pode descargarse en todos os dispositivos móbiles de Android e iOS.









O obxectivo da aplicación é reforzar o vocabulario normativo no público de todas as idades.


Xoguemos co galego!

Un saúdo, A Vaca Pepa


venres, 20 de outubro de 2023

EXPOSICIÓN CONTOS DE MEDO

 Durante este mes de outubro temos a sorte de atopar na biblioteca da vaca Pepa unha exposición de contos de medo.

Na exposición atoparemos:

- Para os primeiros lectores, libros ilustrados relacionados co Samaín,  monstros, bruxas,  momias,...e todo tipo de personaxes relacionados co tema do medo.

- Para lectores autónomos, libros ilustrados, cómics, libros de consulta, libros de narrativa,...  e de todo tipo relacionados co medo.

- Para lectores expertos, libros ilustrados, cómics, libros de consulta de conxuros, pócemas, libros de narrativa,...  e  de todo tipo relacionados co medo.

Esperamos que os alumnos/as poidan gozar das numerosas aventuras que poderán descubrir na nosa exposición.



Un saúdo, Vaca Pepa.

mércores, 17 de maio de 2023

NA PROCURA DAS LETRAS PERDIDAS.

 O 16 de maio o alumnado gozou dunha xincana relacionada co Día das Letras Galegas: "Na procura das Letras Perdidas", a cargo de Barafunda Animación e destinada ós colexios da primaria de todo o concello da Pobra do Caramiñal, a partir das 10.00 horas, polas prazas e rúas da localidade.

Actividade proposta polo Concello.

"As letras galegas están en perigo. Unha galerna espallounas por todo o parque e se pasan moito tempo soas, desaparecen! Axúdanos a atopalas?"


Un saúdo, A Vaca Pepa


luns, 15 de maio de 2023

RECURSOS PARA O DIA DAS LETRAS GALEGAS. AFUNDACIÓN. OBRA SOCIAL ABANCA.

Para homenaxear o Día das Letras Galegas 2023, desde Afundación convídannos a coñecer e participar nas seguintes actividades dixitais. 

Un conto para que visualicen os máis pequen@s e un xogo para participar e comprobar os coñecementos sobre Francisco Fernández del Riego.





Un saúdo, A Vaca Pepa