Buscar neste blog

venres, 26 de abril de 2024

CONTACONTOS POLA IGUALDADE. ALUMNADO 4º DE PRIMARIA

O alumnado de cuarto preparou dous libros preciosos para contarllos aos pequenos de 2º, a verdade que traballaron moitísimo pois ademais de memorizar os contos elaboraron todas as ilustracións dos contos para darlle aos contos a súa perspectiva.

Adriana, Jimena e Martina teñen grandes soños, pero a banda de Don Noloconseguirás encheulles os petos de pedras para que non poidan voar...

Un álbum que fala dous estereotipos de xénero empregando un dous mellores instrumentos: ou humor.


Un saúdo, A Vaca Pepa

xoves, 25 de abril de 2024

APADRIÑAMENTO LECTOR NA HORA DE LECTURA.

Tras o éxito e a resposta do alumnado na a actividade do apadriñamento lector, as aulas de 1º e 3º decidiron seguir gozando desta experiencia organizando lecturas conxuntas co seu alumnado na hora de ler para que os seus alumnos poidan seguir gozando do acompañamento lector.


Un saúdo, A Vaca Pepa

martes, 23 de abril de 2024

MESTRES/AS POR UN DÍA.

Ao rematar de contar os contos no Apadriñamento Lector, os nenos de quinto convidaron aos nenos de segundo a subir ás súas aulas, onde lles mostraron os seus traballos sobre os ecosistemas e lles explicaron un montón de cousas.

O alumnado de quinto puido gozar explicando aquelas cousas que aprenderon e traballaron durante estes días transmitindo os seus coñecementos aos máis pequenos. O alumnado de segundo gozou da actividade aprendendo un pouquiño máis dos temas que xa empezan a traballar na aula.

Os alumnos de quinto foron uns grandes mestres. Parabéns!


Un saúdo, A Vaca Pepa


ACTIVIDADES MES DO LIBRO. APADRIÑAMENTO LECTOR.

Hoxe realizamos unha das actividades do mes do libro. 

Os alumnos e alumnas do cole gozaron da compañía e a boa lectura dos seus padriños e madriñas lectoras.

Creouse un ambiente máxico en todas as zonas do patio do cole onde podiamos observar caras de curiosidade, felicidade e goce.

Experiencia moi positiva que seguramente repetiremos. 









Un saúdo, A Vaca Pepa



luns, 22 de abril de 2024

EXPOSICIÓN DO PASAPORTE LECTOR.

O pasaporte lector é unha actividade que se leva facendo durante todo o curso por algúns dos nosos/as alumnos/as e que mostramos a comunidade educativa no mes do libro cunha pequena exposición.



Un saúdo, A Vaca Pepa

venres, 19 de abril de 2024

ACTIVIDADES MES DO LIBRO. ELABORACIÓN DE MINILIBROS

Elaboramos unha serie de minilibros relacionados co cómic, neles puidemos coñecer todos os elementos característicos do cómic, (Bocadillos, onomatopeas, símbolos, liñas de movemento...), continuar a historia dun cómic cunha temática determinada ou inventar o noso propio cómic cunha temática libre.

A verdade, saíron verdadeiras xoias...


Un saúdo, A Vaca Pepa

venres, 12 de abril de 2024

ACTIVIDADES MES DO LIBRO. O MEU CÓMIC FAVORITO

Despois de buscar e atopar os diferentes cómics que temos na biblioteca, elaboramos a ficha do meu cómic favorito onde cada un de nós ilustrou a portada do cómic que máis lle gustou.

 


 Un saúdo, A Vaca Pepa

 

ACTIVIDADES MES DO LIBRO. "HOXE LEMOS CÓMICS"

Este ano na biblioteca temos como lema UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS. Polo que dedicaremos o mes do libro a gozar de actividades relacionadas co cómic.

Esta semana nas nosas sesións de biblioteca coñecimos e recordamos onde están os cómics dos tres niveis lectores (etiqueta vermella, verde e azul). E así puidemos traballar as diferentes temáticas que temos neste tipo de lecturas.


Un saúdo, A Vaca Pepa

mércores, 3 de abril de 2024

PEQUENOS AXUDANTES

Na nosa biblioteca temos ao alumnado de 6º como axudantes de biblioteca nos recreos. Son un exemplo para os nosos pequenos xa que agora nosos peques tamén queren ser axudantes. Polo que lles demos a oportunidade de levar a cabo a súa ilusión.

Parece que funciona!!!


Un saúdo, A Vaca Pepa

martes, 2 de abril de 2024

HORA MÁXICA

Despois dun tempo lendo contos na hora de ler aos meus alumnos, propuxéronme ser eles os protagonistas dese momento máxico. Así que empezamos unha nova aventura que tivo un gran éxito, polo que siguen sendo eles os protagonistas.

Un saúdo, A Vaca Pepa

luns, 1 de abril de 2024

ACTIVIDADES MES DO LIBRO. EXPOSICIÓN DO CÓMIC

Durante o mes do libro teremos unha pequena exposición do cómic composta por libros dos tres niveis lectores. Só é unha pequena selección, queremos que o alumnado saiba buscar nos andeis da nosa biblioteca para coñecer a localización deste tipo de fondos.



A exposición serviranos para: 
  • Reforzar actividades sobre cómic ou banda deseñada.
  • Estimular a lectura de cómics entre os membros da comunidade educativa. 
  • Dar pé a unha exposición de cómics e novelas gráficas, de distintos estilos.
  • Converter a banda deseñada nun xénero protagonista durante unha tempada.
Un saúdo, A Vaca Pepa


NOVIDADES DE ABRIL

Durante o mes de marzo temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que podemos levar a casa.

Se clicas na imaxe poderás velas.


 UN saúdo, A Vaca Pepa