Buscar neste blog

xoves, 22 de decembro de 2022

ECOBANDASEQUEIROS POLO BARBANZA. RETO 3

ECO-RETO 3: NADAL SOSTIBLE

PROXECTO QUE IMPLICA A TODA ACOMUNIDADE EDUCATIVA.


Co propósito de ter un Nadal máis sostible propóñennos desde o Equipo de Medio Ambiente que para o RETO 3  os nenos traian da casa un borrador dalgunha receita que fagan durante o Nadal aproveitando as sobras que quedan das ceas ou comidas. 

Á volta de Nadal, con esas receitas  faremos despois un recetario.

As plantillas para escribilas entregarávolas o Equipo de Medio Ambiente Á VOLTA DE NADAL, para poder facelas cos vosos titores e decoralas nas clases de Art.

Teredes que FACER a receita EN GALEGO e por último decoralas con trociños de papel de regalo (xa sabedes, podemos darlle outra vida as cousas 😜)

Coma sempre esta será unha actividade voluntaria.

Tamén desde o Equipo de Medio Ambiente achégannos uns consellos para un Nadal Ecolóxico e polo tanto máis sostible.


Animádevos a conseguir o noso Nadal Ecolóxico! 

A Vaca Pepa.

mércores, 21 de decembro de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS, TEMPO DE NADAL.

 Ola familias!

Presentámosvos as recomendacións lectoras para esta época de Nadal. 

Están divididas en catro apartados:

- primeiros lectores

- lectores autónomos

- lectores expertos

- para saber máis (relacionados co proxecto do cole deste  ano)

Convidámosvos a que escollades libremente en función do voso nivel lector e os vosos gustos.



Un saúdo, Vaca Pepa e Bo Nadal!




luns, 19 de decembro de 2022

NICOMEDES O PELÓN. KALANDRAKA

 “Nicomedes o pelón” é unha historia breve e orixinal, humorística e surrealista.  

A historia deste simpático calvo adquire entidade propia, cunhas ilustracións moi expresivas e cheas de colorido, para contarnos que case ningún problema -nin sequera a inevitable caída do pelo- é tan importante como para non atopar unha saída máis vantaxosa e facer dun relativo ‘defecto’ unha gran virtude.

Os nosos axudantes de biblioteca teñen unhas ganas tremendas de contarlles contos aos máis peques. Alessia, Daniela, Iria, Laura e Elena contáronlles aos nenos/as de segundo o conto de Nicomedes. Unha bonita aventura para grandes e pequenos....

                            


Un saúdo, Vaca Pepa.

domingo, 18 de decembro de 2022

XOGOS DE NADAL.

Desde a biblioteca ofrecémosvos distintos xogos onde poderedes gozar deste tempo de Nadal. 

Axudaremos a atopar a Rodolfo o Reno, buscaremos os adornos do Nadal, faremos un escape room musical de Nadal... e moitas cousas máis.

Esperamos que vos divirtades moito!

Bo Nadal a todos e todas.


>


>






Un saúdo, Vaca Pepa.

venres, 2 de decembro de 2022

OBRADOIROS DE IGUALDADE. CONTACONTOS TROSKITA

Nas datas 30 de novembro e 2 de decembro, o alumnado de 1º ata 4º de primaria puideron gozar dos amigos da nosa querida TROSKITA na nosa Biblioteca.

O Concello da Pobra organizou uns contacontos para nós da man de TROSKITA. Neles coñecemos a moitos dos amigos de Troskita: Cobirdan, Brabucón ...

Ensináronnos moitas cousas: que non debiamos escondernos ante os problemas, que debiamos dicir o que pensabamos cando non estabamos de acordo con algunha situación, que o noso maior poder é a voz para defendernos, que non podemos ser teimudos que debemos chegar a un acordo e ... moitísimas cousas máis.

A verdade, que Troskita ten uns amigos incribles!


Un saúdo, Vaca Pepa.


xoves, 1 de decembro de 2022

NOVIDADES MES DE DECEMBRO

Durante o mes de decembro, os nenos/as que se acheguen á biblioteca durante o tempo de lecer recibirán un pequeno agasallo de Nadal por cada libro que leven para as súas casas.

Tamén temos na biblioteca unha pequena exposición dos novos libros que podemos levar a casa.

Se clicas na imaxe poderás velos.


Un saúdo, Vaca Pepa.