O alumnado de 3º a 6º de Primaria gozou dunha xornada de contacontos da man de Charo Pita: "O avó e outras historias para contar".
Actividade organizada polo Concello da Pobra do Caramiñal ao abeiro das XXIV Xornadas de Homenaxe a Valle Inclán.
O alumnado de 3º a 6º de Primaria gozou dunha xornada de contacontos da man de Charo Pita: "O avó e outras historias para contar".
Actividade organizada polo Concello da Pobra do Caramiñal ao abeiro das XXIV Xornadas de Homenaxe a Valle Inclán.
Neste Samaín tes que axudar á Vaca Pepa nunha tenebrosa aventura.
O malvado bruxo Bandaseco encerrou aos compañeiros que estaban na biblioteca!
Ao bruxo non lle gustan os libros, pero tampouco quere que os nenos/as do noso colexio gocen da lectura e coñezan miles de aventuras que podemos atopar nos nosos libros.
Quere converter o noso colexio nun auténtico escenario digno de Samaín... ESCURO E SOMBRÍO
Temos que axudar á Vaca Pepa e aos nosos compañeiros.
Ánimo!
Nós xuntos podemos!
Nestas semanas teremos aos alumnos/as de sexto realizando unha formación para poder ser os nosos axudantes durante este curso. Algúns deles xa foron axudantes no curso pasado.
Estos alumnos/as traballarán voluntariamente na biblioteca na hora dos recreos.
QUE FAN OS AXUDANTES DA BIBLIOTECA?
E ademais este ano algúns deles están dispostos a contarlles contos aos nenos/as máis pequenos.
Como vedes...son uns campións!
Temos este recurso "QUE É A CDU?" elaborado por unha das nosas compañeiras, para que os axudantes coñezan un pouquiño máis a nosa biblioteca. Esperamos que vos guste.
(Clica na imaxe)
Tamén temos a GUÍA DA BIBLIOTECA que poden consultar todos os usuarios.
Un saúdo, Vaca Pepa.
Dende o Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán propoñen un divertido xogo para poñer a proba os teus coñecementos sobre esta festa ancestral galega: O SAMAÍN.
Un saúdo, Vaca Pepa.
Unha meiga, unha profesora e un grupo de nenas e nenos ben espelidos protagonizan do CPI Santa Lucía de Moraña a primeira película de ficción da Real Academia Galega, baseada en feitos abraiantes pero reais como a vida mesma. Non perdades a fascinante historia do nacemento dun idioma especial coma ningún outro, porque sodes vós as persoas que tendes o superpoder de seguir a darlle mil primaveras máis de vida! Só tendes que berrar e practicar este retrouso máxico:
Nós, en galego! A nosa lingua guapa!
A orixe da nosa lingua guapa é un filme producido pola Real Academia Galega a partir dunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey.
Durante este mes de outubro temos a sorte de atopar na biblioteca da vaca Pepa unha exposición de contos de medo.
A exposición está dividida en tres zonas:
- Unha zona para os primeiros lectores onde os alumnos/as poden atopar libros ilustrados relacionados co Samaín, monstros, bruxas, momias,...e todo tipo de personaxes relacionados co tema do medo.
- Unha zona para lectores autónomos onde os alumnos/ as poden atopar libros ilustrados, cómics, libros de consulta, libros de narrativa,... e de todo tipo relacionados co medo.
- Unha zona para lectores expertos onde os alumnos/ as poden atopar libros ilustrados, cómics, libros de consulta de conxuros, pócemas, libros de narrativa,... e de todo tipo relacionados co medo.
Esperamos que os alumnos/as poidan gozar das numerosas aventuras que poderán descubrir na nosa exposición.
Un saúdo, Vaca Pepa.
Ola a todos/as!
Aquí tedes unhas cancións de Samaín para que movades o esqueleto.
Un saúdo, Vaca Pepa.
Durante este tempo de Samaín gozaremos dos contos de medo dunha maneira diferente. Cada clase poderá visionar diferentes contos narrados nas diferentes linguas do centro (galego, castelán e inglés).
Gozaremos do noso cinema de medo en compañía dos nosos compañeiros de clase. Esperamos que vos gusten.
Neste Genially poderedes atopar todos os recursos.
O 18 e 20 de outubro realizamos unha actividade para a formación de usuarios co alumnado máis pequeno do centro.
Coñecemos as normas básicas para usar a biblioteca, vimos a historia de " Caramuñas" contada por uns nenos coma nós. Tamén vimos o conto "O oso que amaba os libros".
A profe Cova contounos algúns contos a medias para que viñeramos a buscalos á biblioteca se queriamos coñecer o seu final, cantamos e bailamos coa vaca Pepa,...
Coñecimos algunhas adiviñas sobre contos.
Divertímonos un montón!
Agora só nos queda vivir grandes aventuras que atoparemos escondidas nos libros da nosa biblioteca.
Neste curso escolar queremos traballar co noso alumnado e as familias nun consumo responsable, sostible e respectuoso co medioambiente.
Levaremos a cabo actividades moi sinxelas pero moi importantes. Algunhas destas actividades serán RETOS para o noso alumnado.
Estades preparados?
Aquí tedes o primeiro reto que propón o Equipo de Medioambiente: Mostrar que accións realizamos parar ser cidadáns responsables co medioambiente.
Para levar a cabo o reto teremos que demostrar que no noso centro, na nosa casa, cos amigos... tomamos conciencia do alto valor que ten o vidro no impacto ambiental e os múltiples usos que lle podemos dar a ese material tan antigo.
LEMBRA:
Podedes REUTILIZAR OU RECICLAR O VIDRO porque...
“O TEU CONSUMO DEIXA PEGADA”
Hashtag: #RetoResponsables
Ola a todos/as!
Queremos comunicarvos que a Biblioteca abre as súas portas o día 19 de outubro.
Lembrar que poderedes ir en diferentes momentos:
Esperámosvos a todos/as!
Un saúdo, A Vaca Pepa.
Ola a todos/as!
Presentámosvos este genially para que poidades coñecer ou lembrar as normas da biblioteca e o seu funcionamento.
Xa temos aquí a convocatoria para cubrir as vacantes dos axudantes de biblioteca. Sinalar que todo o alumnado de sexto que presente a solicitude será incluído nos equipos de axudantes.
Esperamos que gocen deste posto e que vivan o mundo da biblioteca con ilusión e agarimo.
Un saúdo, Vaca Pepa.
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/2023. O lema elixido, ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.
A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:
- Escribir para saber, para aprender.
- Escribir para comunicar e comunicarnos.
- Escribir relatos, historias.
- Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas, biografía...
- Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…
- Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…
- Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.
- Escribir para incluír e visibilizar.
- Traducir.
- Reescribir, versionar e adaptar.
- Escribir no audiovisual: guións, escaletas.
- Escribir para estimular a creación.
Escribir para ser (lido), para que o lector e a lectora dea vida ao libro, ao escrito.