Buscar neste blog

xoves, 22 de outubro de 2020

II CONCURSO CONTOS DE MEDO

 Ola a todos! 

Volvemos de novo co II concurso de  contos de  medo. Os alumnos/as terán ata o día 27 de outubro para entregar os traballos. Esperamos que vos animedes e que gocemos todos desas historias e debuxos terroríficos.

Deixar voar a vosa imaxinación!


Un saúdo, A Vaca Pepa

martes, 20 de outubro de 2020

CONTOS DE SAMAÍN 2020. CINEMA DE MEDO.

Durante este tempo de Samaín gozaremos dos contos de medo dunha maneira diferente. Cada clase poderá  visionar diferentes contos narrados nas diferentes linguas do centro (galego, castelán e inglés).


Gozaremos igual do noso cinema de medo en compañía dos nosos compañeiros de clase. Esperamos que vos gusten.


Neste  Genially poderedes atopar todos os recursos.







Un saúdo, A Vaca  Pepa.

domingo, 14 de xuño de 2020

DEVOLUCIÓN DOS MATERIAIS EN PRÉSTAMO.

Ola familias!
Dende os máis pequenos ata os máis maiores, lembrade traer os libros que leváchedes como préstamo da biblioteca.
Xa sabemos que algún de vós xa os trouxestes. Pero os demais o día que veñades á escola a recoller o material ou a facer calquera outra cousa podedes aproveitar e deixar tamén o material de préstamo.
Os que teñades as "Mochilas Viaxeiras" debedes achegalas ao colexio.
Por seguridade puxemos os mobles de devolucións na entrada principal para que deixedes todo alí.



 Aproveitade este tempo de verán para pásalo moi ben e adicarlle tempo á lectura que vós levará a mil e unha aventuras.


Un saúdo, A Vaca Pepa.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS. VERÁN 2020.

Ola familias!
Presentámosvos as recomendacións lectoras deste ano para o verán. Están divididas en tres apartados:
- primeiros lectores
- lectores autónomos
- lectores expertos
Convidámosvos que escollades libremente en función do voso nivel lector e os vosos gustos.
Se clicades na imaxe da portada do libro atoparedes máis información sobre ese libro.
Esperamos acertar coa elección.





Felices lecturas e feliz verán! 
A Vaca  Pepa.

venres, 5 de xuño de 2020

RESPECTO POLO MEDIOAMBIENTE

Quecemento global, cambio climático, desaparición dos polos… estes e outros termos relacionados co  medioambiente resoan cada vez máis forte na sociedade actual. Estes libros están pensados para educar a xeracións vindeiras a tomar conciencia sobre eles e sobre a necesidade de buscar solucións.

ANIMAIS EN PERIGO.



Sabías que moitos animais corren o perigo de desaparecer para sempre? Co fin de preservar o planeta, os lectores poden atravesar continentes, mares e océanos, descubrindo todas as especies afectadas propias de cada zona. Ademais, coñecerán máis información sobre cada animal e o motivo polo que está a se extinguir.


FERNANDO E O OSO POLAR.

O valor da amizade, a necesidade de compartir emocións, as relacións familiares, a responsabilidade e o coidado dos animais son algúns dos temas que expón este libro desde o humor e o entretemento protagonizado por Fernando e un oso polar que coñece no zoo.

TI PODES CAMBIAR O MUNDO.


Existen no mundo máis flamencos de plástico que flamencos de verdade e se xuntásemos todos os plásticos que hai nos océanos poderían dar a volta ao planeta máis de 4.000 veces. Estes datos arrepiantes forman parte desta guía repleta de información, ideas e actividades enfocadas a animar aos máis pequenos a introducir cambios nas súas vidas e achegar así o seu granito de area para salvar o planeta.

NON HAI PLANETA B.


Esta é a historia de Gaia, unha nena preocupada pola Terra que acode á súa avoa en busca de axuda. Xuntas, desde unha cabana máxica, viaxarán a lugares remotos e descubrirán as historias daqueles pobos que se enfrontaron á crise climática e cambiaron o seu modo de vida.

CONTOS PARA NENOS E NENAS QUE QUEREN SALVAR O MUNDO.


O obxectivo principal deste libro é espertar a conciencia ecolóxica e o compromiso co  medioambiente en nenos e nenas de todas as idades.

OSO POLAR, SABES POR QUE SE DERRETIRÁ O TEU MUNDO?


O xeo do Ártico é máis importante do que pensamos: os osos polares necesítano para sobrevivir e o planeta para manterse fresco. Entón, por que se está  derritiendo a pasos axigantados? Dirixíndose directamente ao oso polar, o autor explica por que chegamos a esta situación e achega claves para tentar frealo e axudar, así, á Terra.

Un saúdo, A Vaca Pepa.

venres, 29 de maio de 2020

DE TAL CUENTO TAL ASTILLA.

Érase unha vez, ou poida que máis veces...
Esta historia comeza, ou poida que non termine...
Nun país moi afastado, ou a lado da túa casa...
Conta a lenda…ou conta aquela moza...

Erica González é unha narradora fantástica de contos. Queredes escoitar algún?

"EL GALLO KIRICO"





"LA EXTRAÑA VISITA"





"FELIPE TIENE GRIPE"




"EL PEDO MÁS GRANDE DEL MUNDO"






"LA TORTUGA QUE QUERÍA DORMIR"





Un saúdo, A Vaca Pepa.








STORIES FOR KIDS

Ola a todos/as!
Esta vez a Vaca  Pepa tráenos unha chea de historias para ver e escoitar, pero poderémolas escoitar en INGLÉS.
Clica na imaxe e levarache a unha páxina chea de contos para nenos, clica na foto do conto e poderás velo e escoitalo en Youtube.




Espero que vos gusten, a Vaca Pepa.

domingo, 17 de maio de 2020

AS PITAS BAIXO A CHUVIA.


Marcos Escudero Escultor sorpréndenos neste Día das Letras Galegas contándonos cos seus espectaculares debuxos de area 'As pitas baixo a chuvia', un conto de Ricardo Carvalho Calero. Unha historia narrada de xeito máxico e enfeitizante!





Esperamos que vos guste, A Vaca Pepa.

sábado, 16 de maio de 2020

VIDA E OBRA DE RICARDO CARVALHO CALERO.

Aquí tedes un breve repaso da vida e obra de Ricardo Carvalho Calero, narrado polo alumnado de 5º de primaria do Colexio San Pío X (Ourense).
Parabéns para o traballo deses alumnos/as.





Un saúdo, A Vaca Pepa.

OS BOLECHAS. CARVALHO CALERO

En atención á situación excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon no Portal da Lingua Galega, a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.


Os Bolechas. Carvalho Calero


Os nenos e nenas galegos coñecerán, da man dos seus amigos Os Bolechas, o persoeiro a quen se lle dedica este 2020 o Día das Letras Galegas e achegaranse a unha das súas obras narrativas fundamentais: Scórpio.

Un saúdo, A Vaca Pepa.

mércores, 6 de maio de 2020

VISITA SORPRESA!

Durante estes días os alumnos/as de 4º de Primaria recibiron unha visita sorpresa, da única maneira na que podemos recibir unha visita nestes días...
A pesar da situación fíxonos moita ilusión.
Durante este curso estes alumnos/ as estiveron a vivir marabillosas aventuras coa  Senorita  Bubble.




E agora teñen unha pequena mensaxe da creadora deste personaxe.



Espero que vos faga ilusión, a Vaca  Pepa gozou un montón.

Un saúdo a todos!

LETRAS GALEGAS 2020. EDLG.

Durante este mes o EDLG  (Equipo de Dinamización Lingüística do Galego)  irán propoñendo distintos tipos de actividades sobre o homenaxeado deste ano e sobre a lingua galega.
Aquí atoparedes todas as entradas do blogue Fogar de Caramiña relacionadas con esta actividade.


  1. Mes das Letras Galegas: pasapalabras e outros xogos
  2. Mes das Letras Galegas: Coñecendo a Ricardo Carvalho Calero
  3. Recursos para traballar sobre Ricardo Carvalho Calero
  4. Coñecendo máis a fondo a Ricardo Carvalho Calero
  5. Musicando a Ricardo Carvalho Calero
  6. Lendo e traballando as obras de Ricardo Carvalho Calero
  7. As Letras na casa, Ricardo Carvalho Calero en "streaming".
  8. 17 de maio Día das Letras Galegas
  9. Máis xogos sobre Ricardo Carvalho Calero


Un saúdo , A Vaca Pepa.

xoves, 23 de abril de 2020

TÓMBOLA DO DIA DO LIBRO

Hola a todas/os!
Estes días atopamos por internet numerosas actividades e facilidades para ter a lectura moi presente nesta etapa de confinamento.
Tedes unha excelente oportunidade para pasar un momento de lecer e entretemento cos vosos/as fillos/as, explorando unha diversidade de textos ilustrados e publicacións de acorde á súa idade. Tamén atoparedes publicacións para toda a familia.

Para acceder ao material só tedes que dirixirvos á ligazón incluída en cada imaxe e desde alí poderedes descargar os documentos.
 É moi fácil!






Un saúdo, A Vaca Pepa.

GYMKANA LITERARIA.

Ola a todos/ as!
Seguimos celebrando o día do libro e propoñémosvos unha  gymkana literaria.

Esperamos que gocedes desta actividade en familia.


***Recurso obtido no Cep Rosa Luxemburgo.

Un saúdo, A Vaca Pepa.

martes, 21 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL. RETO LECTOR FAMILIAR.

O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada cada 23 de abril a nivel mundial. Un dos seus obxectivos é fomentar a lectura.
Así que desde a nosa Biblioteca, debido ás circunstancias deste ano, propoñémosvos un reto familiar.

RETO LECTOR FAMILIAR.

  1. Ler un libro que teñamos na casa e que non lemos nunca.
  2. Ler un libro que empezásemos e que por algún motivo tivemos que deixar a medias.
  3. Ler un libro do que se fixera unha película para despois poder vela en familia.
  4. Ler un libro dun clásico adaptado á súa idade mentres que nós lemos o orixinal.
  5. Ler un libro de aventuras ou viaxes.
  6. Ler un libro que podas rematar nun día.
  7. Ler un libro noutro idioma…
  8. Ler un libro recomendado por alguén da túa familia.
  9. Ler unha das historias que suceden no Quixote.

Aceptamos o reto?



Un saúdo, A Vaca Pepa.


O MÉRCORES TOLO.

Esta semana celebraremos o día do libro. Traémosche unha proposta  da aula virtual  do blogue "Creando en especial".
         Tedes que descubrir os absurdos deste libro adaptado e interactivo. Hai moitos. Serás capaz de velos todos?


  • Material interactivo en galego e con audio:



    • Material interactivo castellano (sin audio):



    • Cuentos para imprimir en gallego y castellano:




    mércores, 15 de abril de 2020

    SEGUIMOS COA PANDEMIA DE CONTOS.

    Xa estamos de volta das vacacións!!!
    Queremos seguir cunha iniciativa preciosa do Colectivo NOGA (Narración Oral Galega) para levar mellor o #euquedonacasa: A PANDEMIA DE CONTOS
    Aquí poderemos seguir escoitando e vendo a un lote de narradoras e narradores orais da Galiza nas nosas casas!

    Con todas/os vós, A CASA DE XOÁN, con Marta Ortiz.




    Aquí tedes O GALO QUE NON SABÍA CANTAR de David Pernas.




    A continuación, A lobiña Bea de Brais Moure.




    Con todos/as vós, Ra da boca Grande de Andrea Bayer.



    Aquí tedes O Tantarantán de Ángeles Goás.




    Seguimos con A raposa lista de Raquel Queizás.




    E agora Fueguitos de Soledad Felloza.




    Con todos/as vós, O paxaro da Terra de Chus Álvarez Kiwi.



    E agora que mellor que celebrar o día da Terra con Anxo Moure, o Carballo con Botas? Agora que temos que quedar na casa, mellor facelo na Casa das Árbores...




    Ana Facchini, cóntanos un conto para toda a familia, un conto de ovellas.



    Esperamos que vos guste, A Vaca Pepa.

    A TOUPIÑA QUE....

    Aquí tedes o video completo do espectáculo de A Xanela do Maxín "A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".
    Dende o seu grupo A Xanela do Maxín ofrece o video completo da obra.




    Esperamos que vos guste, A Vaca Pepa.

    O PAPAGAIO.

    O PAPAGAIO é un xornal para a xente miúda, impreso en papel reciclado e a cor. Non contén publicidade, ten periodicidade mensual, e ao longo das 12 páxinas que o compoñen trata temas de ciencia, ecoloxía, arquitectura, banda deseñada, literatura...
    Os contidos das seccións están supervisados por especialistas na materia e ilustrados por diferentes autores e autoras.
    O obxectivo do xornal é que as nenas e nenos se interesen pola ciencia, a ecoloxía, a historia ou a arte, entre outras, dunha forma amena e divertida.

    Na  nosa Biblioteca podedes atopar numerosos exemplares deste xornal. Como agora non podemos lelo fisicamente, estes días permítennos ler algúns deles en formato dixital.
    Animádesvos a botarlles un ollo?






    Un saúdo, A Vaca Pepa.





    CONTACONTOS EN KALANDRAKA TV.

    Desde a editorial Kalandraka hai xa tempo que fomentan a literatura infantil a través da súa canle de televisión.

    Xa non poden facer as sesións de contacontos nas librarías, así que o fan virtualmente. Pensan que "quen conta e canta, os males espanta".

    O seu obxectivo é subir un vídeo ao día en aberto, gratis, para que todos os pequenos poidan velo. Así, con cinco contidos semanais, buscan fomentar que as familias se lancen á literatura infantil.

    Os máis pequenos poden gozar non só dos contacontos, tamén hai vídeos con cancións e outros coas ilustracións animadas.

    Quen quere escoitar un conto ?

    Un saúdo, A Vaca Pepa

    martes, 14 de abril de 2020

    EL JUEGO DE EDUCACIÓN FÍSICA.

    Ola a todas e todos.
    Xa estamos de volta!
    Aquí deixámosvos unha nova actividade relacionada coa área de Educación Física para seguir manténdonos activos durante estes días.




    Unha aperta, A Profe Cova.

    venres, 3 de abril de 2020

    2 DE ABRIL.DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.

    Como en anos anteriores (aínda que este sexa diferente) o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

    Desde a Biblioteca queremos seguir facilitando a lectura entre os nosos alumnos/ as.
    Para iso deixámosvos diferentes ligazóns de diferentes editoriais que nos proporcionan lecturas gratuítas para estes días.
    Animámosvos a que aproveitedes estas vacacións de Semana Santa para gozar da lectura en compañía das vosas familias.


    A editorial Edelvives ven de achegarnos o xeito de acceder a TA-TUM a súa plataforma de lectura onde atoparás un montón de libros interesantes. O acceso a esta plataforma será gratuito durante  90 días. No seguinte enlace Edelvives explicache polo miudo como podes facer para acceder de xeito gratuito a plataforma.


    Para acceder a estas lecturas debes entrar no seguinte enlace SANTILLANA e unha vez dentro debes copiar e pegar o usuario e contrasinal do libro elexido. Estes son os títulos que escollemos para vos. Esperamos que vos gusten.

    + DE 6 ANOS



    USUARIO:   99999980-18112-0001
    CONTRASINAL:   6EiMkDNW


    USUARIO: 99999980-18112-0002
    CONTRASINAL:   J93GaXj3




    USUARIO:  99999980-18111-0001
    CONTRASINAL:    6Zcxw3SC



    USUARIO:   99999980-18111-0002
    CONTRASINAL:   9HwMDBXp


    + DE 8 ANOS



    USUARIO:  99999980-18114-0001
    CONTRASINAL:  SKm9rA2a


    USUARIO:   99999980-18114-0002
    CONTRASINAL:  txMpPVaX





    USUARIO: 99999980-18113-0001
    CONTRASINAL: FNaPdAZ8


    USUARIO: 99999980-18113-0002
    CONTRASINAL: czspxz3c

    + de 9 ANOS



    USUARIO:    99999980-18109-0001
    CONTRASINAL :     Ds7PXUnT


    USUARIO:  99999980-18109-0002
    CONTRASINAL:     2HgZqECM




    USUARIO:  99999980-18110-0001 
    CONTRASINAL: TKMrfsh5

    USUARIO:  99999980-18110-0002
    CONTRASINAL:  ePsuGuCp


    Clica nos seguintes enlaces para escoller o teu libro e.... feliz lectura.








    Un saúdo, A Vaca Pepa.





    1 de Abril: DÍA DAS ARTES GALEGAS

    PREME NO CARTAZ PARA SABER MÁIS

    A homenaxe deste ano vai dedicada a Domingo de Andrade, arquitecto galego do século XVII. responsable de xoias como A Torre da Berenguela,Torre do Reloxo e o Pórtico Real da Catedral de Santiago. Tamén é responsable da fachada da portería, o claustro e a escaleira de caracol no convento de San Domingos de Bonaval
    A Capela do Cristo na Catedral de Ourense, a sala capitular e a sancristía da Catedral de Lugo ou o baldaquino do Altar Maior na igrexa do Mosteiro de Oseira son outros exemplos da súa obra, que contribuiu a consolidar o estilo barroco da nosa arquitectura.

    Aquí quedan estes videos para que os vexades e comprobedes vós mesmos os importantes traballos que este mestre da arquitectura deixou no noso país


    luns, 30 de marzo de 2020

    MÓVETE MÁIS! TRIVIAL NA CASA.

    Ola nenos/as!
    Espero que levedes unha vida activa e que gozásedes das actividades que vos propuxemos a semana pasada.
    Aquí deixámosvos máis actividades para poder facer esta situación máis lúdica , activa e saudable.
    Un abrazo enorme a todos/as desde a distancia.




    Un saúdo, A Profe Cova.

    domingo, 29 de marzo de 2020

    GaliciaLe.

    GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

    GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

    En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.




    Un saúdo, A Vaca Pepa.

    luns, 23 de marzo de 2020

    MÓVETE! TRIVIAL QUEDO NA CASA.

    Ola nenos/as!
    Debido á situación actual, tócanos quedar na casa.
    Sabedes que é moi importante quedarse na casa, pero non debedes esquecer mantervos activos.
    Debemos realizar exercicio todos os días.
    Mándovos unha proposta para estes días. Espero que o pasedes moi ben!



    Bótasevos de menos!
    Un saúdo, A Profe Cova.

    domingo, 22 de marzo de 2020

    LEMOS NA CASA!

    Á Vaca Pepa gústalle que leades moitos libros, que contedes contos, historias e aventuras, que os nenos escoitedes aos maiores e que os maiores escoitedes aos pequenos!
    No CEP Salustiano Rey Eiras temos a grandísima vantaxe de estar no Programa Experimental de Lectura Dixital ELBE-2, no que participan moitas familias e moitos alumnos de 4º, 5º e 6º.
    Hai libros marabillosos, interesanísimos, divertidísimos.... Sen saír da casa, sen ter que mercalos na librería, totalmente gratis!
    Lembrade o enlace e atopade ese libro que está aí esperándovos!
    http://bega-elbe2.edu.xunta.es/opac/

    Felices lecturas

    xoves, 19 de marzo de 2020

    21 DE MARZO. DÍA MUNDIAL DA POESÍA.

    No ano 1999, en París, a Conferencia Xeral da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) decidiu proclamar o día 21 de marzo, como Día Mundial da Poesía.

    Dende o ensino debemos crear unha imaxe atractiva da poesía para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha canle de expresión que permita ás comunidades transmitir os seus valores e a súa identidade.

    A poesía axúdanos no desenvolvemento da sensibilidade, a mirar o mundo con outros ollos ...

    Este ano traballaremos a poesía dende a música, aquí poderedes atopar poemas feitos cancións:

    Este ano cantaremos e bailaremos todos xuntos na casa. Ánimo!  #euquedonacasa


    Rosalía pequeniña é o título libro-disco de Uxía na Editorial Galaxia.
    "Maio longo", "Como chove miudiño", "Has de cantar", "Paseniño", "Miña santiña, miña santasa" ou "Alborada" son algúns dos poemas rosalianos que se recollen neste libro.




    E tamén o poema "Cántiga" de M. Curros Enríquez   "Unha noite na eira do trigo" na versión de Uxía.





    Uxía Lambona e a Banda Molona acheganlles aos nenos temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, utilizando para iso novos estilos musicais (ska, rock, hip-hop…) para que así coñezan e manteñan a nosa música tradicional popular .








    Migallas Teatro reúne  cancións infantís e versións de temas tradicionais que interpreta nos seus espectáculos e actividades de expresión dramática.









    A canción "O abecedario", con letra e música de Magín Blanco, é para aprender o abecedario galego bailando e cantando.





    A Familia María Fumaça presenta "A horta de Balbina" que ademais de traballar a poesía con esta canción sérvenos como recurso para o proxecto de  Aliménta- T Ben levado a cabo en distintas aulas do centro.





    Arrolo de cuñas é un arrolo do libro-disco Non hai berce coma o colo. Esta obra presenta 15 arrolos, recollendo cantos de berce tradicionais do patrimonio oral e musical galego.





    O grupo  Oviravai, non  seu  album   As Andanzas de Paio, cántannos Esa Granxa.




    Estas son algunhas das cancións  molonas que podemos bailar e cantar todos xuntos. Animarvos.

    Un saúdo, A Vaca Pepa.

    XOGAMOS NA CASA?

    #QUEDAMOSNACASA. O VIRUS DO ABURRIMENTO NON PODE CON NÓS!

    Deixámosvos un xogo de mesa (creado por AMALIA P. OTERO) moi divertido para ocupar algunhas destas tardes nas que non podemos saír e debemos quedar na casa.
    Podemos xogar toda a familia e pasar un bo momento todos xuntos.











    Un saúdo, A Vaca Pepa



    martes, 17 de marzo de 2020

    MANUALIDADES NA CASA.

    Pequeocio ofrécenos miles de manualidades para nenos clasificadas por materiais. Facede  clic na imaxe para acceder a elas.




    Descobre as manualidades máis fáciles, divertidas e orixinais. Centos de manualidades para todas as idades, coas que pasarán horas de diversión.

    Ideas para facer manualidades paso a paso en casa, con todo tipo de materiais, de forma artesanal, e coas túas propias mans.

    Podes buscar a túa manualidade por idade ou por material.

    luns, 16 de marzo de 2020

    PANDEMIA DE CONTOS

    Pasaremos uns días sen vernos. Agardamos que poucos.
    Durante ese tempo daremos a coñecer unha iniciativa preciosa do Colectivo NOGA (Narración Oral Galega) para levar mellor o #euquedonacasa: A PANDEMIA DE CONTOS

    Poderemos escoitar e ver a un lote de narradoras e narradores orais da Galiza nas nosas casas!


    Con todas/os vós, PELOSTORTOS, con Atenea García.





     Aí vai, SABES CONTAR ATA CERO? de Avelino González.






    Aquí tedes O REI QUE LLE TIÑA MEDO ÁS AGULLAS  de Felipe Díaz Caxoto






    Con todas/os vós, O ALMORZO DE XANA de Cris Collazo



     Aí vai, FELIPE TEN GRIPE de Erica González



    Aquí temos A RATIÑA DE BIBLIOTECA de Vanessa Trinke Trinke.




    Aquí tedes AS ZAPATILLAS DE ABUL de Esteban Acuña.



    Con todas/os vós, A PRAZA DE SAN XACINTO, de Pablísimo.




    Con todos/as vós A PITA AGAPITA de Kike Mauricio.




    Aquí tedes A MATURRANGAINA de Inacio Vilariño.



    Aquí temos A MONTAÑA de Olga Abad.



    Un saúdo, A Vaca Pepa.



    luns, 2 de marzo de 2020

    NOVIDADES DE MARZO

    Como todos os meses presentamos as novidades da Biblioteca, dos últimos fondos rexistrados.

    Este mes temos como novidades unha variedade de fondos relacionados con 8M (DÍA DA MULLER TRABALLADORA).
    Un dos nosos principais obxectivos é educar día a día ao noso alumnado na igualdade de xénero. Realizando actividades e aplicando todos os recursos posibles para educalos e concienzalos nesta realidade .

    Esperamos que vos gusten as novidades deste mes.



    Un saúdo, A Vaca Pepa.

    mércores, 26 de febreiro de 2020

    ENTROIDO 2020 EN BANDASECA


    En Galicia hai nove entroidos que teñen recoñecemento de interese turístico:
    1. Un é Festa de Interese Turístico Internacional: o  Entroido de Xinzo de Limia (coas pantallas)
    2. Outro é Festa de Interese Turístico Nacional: o  Entroido de Verín (cos  cigarróns).
    3. Sete delas teñen o recoñecemento de Festas de Galicia de Interese Turístico
    • O Entroido de Cobres (coas damas e os  galáns).
    • Entroido de Laza (cos seu  peliqueiros)
    • O Entroido de Viana do Bolo (no que o personaxe central é o  boteiro e que comparte protagonismo coa promoción do produto gastronómico da androlla)
    •  O Folión Tradicional  do  Entroido de Manzaneda (coas  mázcaras)
    • Os  Xenerais  do Ulla.
    • Entroido de Maceda (cos  felos).
    • O Entroido de Vilariño de Conso (co  boteiro como personaxe estrela).

    Este ano no noso cole quixemos homenaxear e  revindicar a riqueza cultural que temos en Galicia. Os nosos alumnos/ as coñeceron nas aulas diferentes formas de celebrar o entroido no noso territorio. 
    No pasacalles deste ano os distintos niveis de Primaria representaron algúns dos personaxes galegos do entroido: Xenerais da Ulla,  Choqueiros,  Peliqueiros,  Madamas e  Galáns , Pantallas, Os Volantes, O oso,...




    Grazas ás familias por participar.

    Un saúdo, A Vaca Pepa.


    martes, 18 de febreiro de 2020

    CONTACONTOS DE KALANDRAKA.

    Esta semana os alumnos/as de primeiro tiveron a sorte de poder gozar dun contacontos organizado pola Editorial Kalandraka.

    Visitáronnos Sara e Alex. Son moi amigos e sempre viaxan xuntos.
    A Sara o que máis lle gusta son os contos. Algúns os leva na maleta para compartilos connosco. Alex tamén ten unha maleta pero a súa está chea de instrumentos, porque o que máis lle gusta é a música e o seu instrumento favorito é o acordeón.
    Este ano contáronnos unha chea de historias de animais.

    Algúns dos contos que escoitaron foron: (Podedes volver a escoitar Animais e Ratos de viaxe)


    O Can De Milu - Tapa Dura - Máray, Mariann - Imosver



    http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=17#PD_Antonio%20Rubio%20-%20Animales

    Kalandraka: Detalle libro


    http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=10#PD_Oli%20-%20Ratones%20de%20casa

    Eu non fun! (demademora): Amazon.es: Voltz, Christian, Voltz ...

    Kalandraka: Detalle libro

    Aquí tedes algunhas fotos e videos deste día tan marabilloso.