Buscar neste blog

domingo, 21 de outubro de 2018

Xa está aquí o SAMAÍN



Aproxímase a data! Xa está chegando a Noite dos Mortos! Bruxas, pantasmas e outros seres do inframundo sairán dos seus agochos e camparán polas rúas, polos bosques... por todas partes! 
Aquí tes unha escolma dos personaxes da mitoloxía galega. Pincha no cartel de abaixo e verás algúns 
destes terroríficos e monstrosos seres!

Tes ganas de pasar medo???
Pincha no retrato do Coco Verde e...
 atoparás contos sobre estes personaxes e outros aínda máis medorentos!!!
E se queres saber cousas sobre casas encantadas, pincha na casa!!!
E... na biblioteca tamén podes atopar libros de medo!!!!
Máis libros en
 https://pekeleke.es/blog/10-cuentos-infantiles-para-leer-en-halloween/ 

luns, 2 de xullo de 2018

VOLUNTARIOS DA BIBLIO



Durante este curso contamos coa axuda dun equipazo de voluntarios da biblio. Os alumnos e alumnas de 6º , máis de 45 nenos e nenas, acudiron puntualmente durante os recreos para axudar nos labores que cada un tivo asignadas. 
FELICIDADES E MOITAS GRAZAS!

Lecturas para o verán

Nesta guía de lectura atoparedes algúns libros para ler no verán. 
Recordade que tamén podedes ler libros e revistas na aplicación on-line ELBE.2 
 á que podedes acceder premendo no logo.
Tamén podedes acercarvos á biblioteca municipal, Victoriano García Martí.
Bo verán e moi felices lecturas!!!

FESTIVAL DE FIN DE CURSO. 40º aniversario do CEP Salustiano Rey Eiras

O 40º aniversario do CEP Salustiano Rey Eiras non podía ter un peche mellor.
Todos os nenos e nenas do centro fixeron unha marabillosa actuación rememorando a mellor música dos anos 1977-78. Mamma Mia, de ABBA, Daddy Cool, de Boney M, Greased Lightning, da película Grease, The Wall, de Pink Floyd, In the Navy, de Village People, I Need a Hero, de Bonnie Tyler, I Will Survive, de Gloria Gaynor,  She Works Hard for the Money, de Donna Summer e Don't Stop Til You Get It, de Michael Jackson...
Esta vez contamos cuns presentadores moi especiais: Alumnos e alumnas da primeira promoción do noso centro.
Que máis podemos dicir???
Todo un luxo, grazas á Xefa de Actividades Extraescolares e Complementarias, a profe de música Chus Gómez Pedreira, e a o esforzo de todos vós. GRAZAS A TODOS E TODAS.
Aquí quedan os dous videos que recollen o festival.
Neste video se recollen as actuacións dos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º cursos.
E neste outro podedes ver aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º.

sábado, 16 de xuño de 2018

DÍA MUNDIAL CONTRA O MALTRATO ÁS PERSOAS MAIORES. VISITA DO CAD Á BIBLIOTECA DA VACA PEPA

Pura e Carmela foron progagonistas na biblioteca, compartindo lectura cos alumnos de 3º curso.  Foi unha visita entrañable, que despertou nos nenos e nenas a sensibilidade e o amor cara ás persoas maiores.
Moitas grazas ao CAPM pola vosa visita.

mércores, 30 de maio de 2018

40 aniversario do CEP SALUSTIANO REY EIRAS

O CEP SALUSTIANO REY EIRAS ESTÁ DE ANIVERSARIO.
Para celebralo, ao longo de todo o curso 2017-2018 fixemos varias actividades organizadas polos equipos de Dinamización Lingüística, Biblioteca e Actividades Complementarias e Extraescolares. Tamén colaborou a ANPA e todas as familias, que axudaron a rememorar os tempos do inicio do noso centro  plasmando as súas lembranzas no Caderno Viaxeiro "Hai 40 anos..."
O vindeiro luns, día 4 de xuño inauguraremos a exposición conmemorativa na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, coa colaboración do Concello de A Pobra do Caramiñal.
Alí estaremos e esperamos que vos guste!!!
Preme no pé de foto para ver o artigo de prensa.

xoves, 3 de maio de 2018

GIRAFFES CAN'T DANCE

Author: by Giles Andreae
Illustrator: Guy Parker-Rees

ARE YOU MY MOTHER?

Author: P. D. Eastman
Illustrator: P. D. Eastman

FREDERICK, by Leo Lionni

Author: Leo Lionni
Illustrator: Leo Lionni

SWIMMY, by Leo Lionni

Author: Leo Lionni
Illustrator: Leo Lionni

CAPS FOR SALE!!!

Author: Sphyr Slobodkina
Illustrator: Sphyr Slobodkina

THE GIVING TREE

Author: Shel Silverstein
Illustrator: Shel Silverstein

A CABEZA DO DRAGÓN, TEATRO NO CINE ELMA

O día 24 de outubro asistimos á representación da obra de Valle-Inclán no Cine Elma,
unha produción de Excéntricas protagonizada por Quico Cadaval, María Costas, Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Josito Porto e Patricia Vázquez.

mércores, 2 de maio de 2018

DÍA DO LIBRO: APADRIÑA UN AVÓ

Os nenos e nenas do CEP SALUSTIANO REY EIRAS visitaron o Centro de Día da Pobra do Caramiñal. Alí conversamos e lemos cos avós e avoas do centro. Foi un apadriñamento diferente, unha experiencia única:
Pincha nas fotos para ver máis:

 Alumnos e alumnas de 6º lendo aos avós e avoas

https://drive.google.com/file/d/0B-45qP1GoLiUTkZ1aTFnLWZ5ZWhzNTVsMFpBdkFaREJMT3N3/view?usp=sharing
Alumnos e alumnas de 2º lendo aos avós e avoas.

martes, 6 de marzo de 2018

HOMENAXE A ROSALÍA

Neste mes de febreiro, como xa ven sendo habitual, o concello da Pobra do Caramiñal fai unha fermosa lembranza da máis universal e representativa poeta que naceu na nosa terra: Rosalía de Castro.
No CEP Salustiano Rey Eiras conmemoramos o seu nacemento coa lectura das súas poesías. Pero o mellor de todo é a homenaxe que lle facemos  xunto co CEP Pilar Maestú Sierra, na Praza de Rosalía, coa colaboración do Concello da Pobra. Sempre hai algunha sorpresa, como o rap que cantamos o ano pasado ou o merengue que bailamos todos xuntos este ano. Foi unha homenaxe chea de ledicia, na que seguro que Rosalía se tería sentido na súa salsa!

ENTROIDO "HAI 40 ANOS"

Ola, como xa sabedes, este ano celebramos o 40 aniversario de Bandaseca, ou o que é o mesmo o CEP Salustiano Rey Eiras. Con tal motivo, quixemos recordar aqueles marabillosos anos nos que na tele aparecían a Familia Telerín, os Paiasos da Tele, a Abella Maya, e tantos outros personaxes, os rockeros dos anos 70 e 80, a Familia Addams... Foi dificil facer unha selección para representar neste entroido do 40 aniversario!
Pasámolo moi ben, desde o principio, facendo búsquedas de personaxes, aprendendo algo deles, mirando como imitalos e caracterizarnos e aprendendo as cancións que se cantaban entón.
A colaboración das familias foi impresionante. Podemos asegurar que neste entroido participou toda a comunidade educativa da Pobra, e como mostra aí tedes o video do desfile, ao que se uniron as escolas de infantil de Vilariño, Monte Carmelo e Fernández Varela, e tamén o CEP de Cadreche, como xa vén sendo habitual.


domingo, 4 de febreiro de 2018

DÍA DA PAZ. PEACE DAY

ALL YOU NEED IS LOVE!!!


Durante o mes de xaneiro, os nenos e nenas do CEP Salustiano Rey Eiras traballaron A Paz, preparando este video. Na clase de ART, Seccións Bilingües, pintaron unha camiseta usando unha obra do artista Keith Haring, ensaiaron a canción "All you need is LOVE" na clase de inglés, e por último cantamos todos xuntos no pavillón do centro o día 30 de xaneiro. Queremos compartir a ledicia que este día reinou no CEP Salustiano Rey Eiras. 
E xa sabedes, "ALL YOU NEED IS LOVE!!!"

venres, 2 de febreiro de 2018

LIBROS PARA A PAZ






DÍA DA CANDELORIA, 2 DE FEBREIRO

Hoxe na biblioteca da Vaca Pepa os nenos e nenas de 1º e 2º celebraron o Día da Candeloria.
Esta data é moi importante, xa que din que é o día que se casan os paxariños.
Os nenos e nenas fixeron un xogo con cadanseu paxariño para atoparlles a parella máis axeitada.
Se premes na foto verás como o fixeron e que ben o pasaron!!!

21 DÍAS EN GALEGO. PASAGALEGO


domingo, 14 de xaneiro de 2018

sábado, 13 de xaneiro de 2018

FESTIVAL DE NADAL 2017

ASÍ CELEBRAMOS O NADAL NO CEP SALUSTIANO REY EIRAS:
PANXOLIÑAS
ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º, 5º E 6º E CORO DE MESTRES E MESTRAS
CARTA A PAPÁ NOEL. CLASE DE 1º


VOLVER A CASA POR NADAL
ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º
UN NADAL MÁIS ECOLÓXCO. ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º

PANXOLIÑAS
ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º, 2º E 3º