Buscar neste blog

domingo, 12 de marzo de 2023

ECOBANDASEQUEIROS POLO BARBANZA. RETO 6

 RETO 6: " A MIÑA PEGADA ECOLÓXICA"   

O reto deste mes consiste en reducir o consumo de auga deixando unha pegada ecolóxica . Para conseguilo teremos que plantar unha planta por cada nivel ou curso. 

Queremos plantar plantas aromáticas, pero queda a vosa elección. 

Podedes escoller outro tipo de  planta que teña máis sentido ou funcionalidade para o voso alumnado.

Para coidar a planta ata que vos medre, teredes que utilizar auga da chuvia (deste xeito contribuímos coa "pegada hídrica") que podedes coller nos bidóns azuis que están a carón do invernadoiro.

Unha vez xerminadas, trasplantaranse nalgún lugar do recinto escolar.

APROVEITADE QUE CHEGA A PRIMAVERA PARA PLANTAR!!!


Un saúdo, A Vaca Pepa.


luns, 6 de marzo de 2023

MULLERES QUE FIXERON HISTORIA.

Escritoras, científicas, actrices, políticas ou aviadoras, entre outras profesións. 

Son moitas as mulleres que cambiaron a historia no tempo que lles tocou vivir e que desempeñaron un papel fundamental no desenvolvemento dos acontecementos. 

Grandes revolucionarias que, día a día, romperon co establecido en cada un dos seus campos e, tamén, na sociedade. 

Mulleres valentes que abriron o camiño a tantas outras que, na súa loita pola igualdade, fixeron do mundo un lugar máis xusto.


Un saúdo, A Vaca Pepa.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. 8 DE MARZO

 O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día adicado á loita pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade.

Aquí tedes un Escape room (@guille_buedo): 

Oh, oh... Algo foi mal... A personaxe quedou atrapada nun espazo temporal... Deberedes viaxar a todos os lugares que aparecen na máquina do tempo se queredes volver a casa...

Un saúdo, A Vaca Pepa

PASAPALABRA. DIA INTERNACIONAL DA MULLER.

 Aquí tedes diferentes "pasapalabras" para os primeiros cursos. Quen consegue realizar o rosco completo?




xoves, 2 de marzo de 2023

RECUNCHO DA MESA DE LUZ NA BIBLIO.

Temos na biblio un novo recuncho: A mesa de Luz. 

A mesa de luz é un dos recursos educativos que máis atraen aos nenos. 

Trátase dunha superficie con base luminosa que permite aos nenos poder experimentar de forma sensorial, xa sexa facendo as súas propias creacións artísticas, usándoa para calquera tipo de xogo que el mesmo invente… 

A luz atrae de forma natural aos nenos  e transforma os materiais dándolles unha nova dimensión.

Beneficios da mesa de luz:

  • Aumenta a curiosidade dos nenos.
  • O brillo que teñen os materiais translúcidos na mesa de luz favorecen a atención e a concentración nas actividades.
  • Pódense facer moitas actividades de temas moi diferentes como a lectoescritura, ciencia, matemáticas… que ao estar cheas de cor e manipulación alcanzan unha nova dimensión.
  • Favorece o xogo libre e a imaxinación.
  • A estimulación sensorial que se dá na mesa de luz alcanza múltiples niveis ao darse a experimentación en moitos sentidos diferentes.
  • Relaxación e goce. A mesa de luz ofrece actividades nas que o goce visual é moi grande e iso provócanos que nos relaxemos e que gocemos coa actividade que esteamos a realizar.
  • O ambiente que se crea cando a mesa de luz está acesa é un ambiente moi especial.
  • Favorece a aprendizaxe académica. Calquera actividade manipulativa de lectoescritura, matemáticas, ciencias… que fagamos na mesa de luz verase moito máis enriquecida e provocaralle moita máis curiosidade ao neno.
  • Experimentación cromática. A mesa de luz é un recurso ideal para a experimentación coa teoría das cores, xa sexa mesturando papeis translúcidos, acetatos, paletas, mesturando pintura coa bandexa transparente… ou calquera outro tipo de material que permita a mestura de cores superpoñéndoos na mesa de luz.


Un saúdo, A Vaca Pepa.

mércores, 1 de marzo de 2023

NOVIDADES MARZO

Durante o mes de marzo temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que chegaron a nosa biblioteca.

Se clicas na imaxe poderás velas.



Un saúdo, A Vaca Pepa