Buscar neste blog

luns, 30 de xaneiro de 2023

NON Á GUERRA.

O alumnado de valores de 4º din "NON Á GUERRA" interpretando este tema "Verdad que sería estupendo" de Cómplices. 

Actualmente a guerra de Ucrania é coñecida por todas e todos pero, hai moitos máis conflitos activos no mundo agora mesmo con miles de vítimas,  sobre todo nenas e nenos. 

Unha solución pode ser a educación para que ninguén queira ir á guerra. 

Por todas e todos berremos NON Á GUERRA!!!

Grazas profe Silvia e alumnado de valores de 4ºA!  Encantounos o voso traballo!



Un saúdo, A Vaca Pepa

martes, 24 de xaneiro de 2023

EXPOSICIÓN PLANTAS INVASORAS

Durante estes días e ata o 4 de febreiro gozaremos no cole dunha exposición dedicada ás plantas invasoras que podemos atopar na nosa contorna.

Cada aula poderá participar nunha actividade relacionada con esta exposición, onde poderemos investigar, identificar, relacionar e xogar con todas estas plantas para así coñecelas mellor e estar preparados para o seguinte reto.

Aquí tedes unha pequena mostra da exposición.


Un saúdo, A Vaca Pepa.

luns, 23 de xaneiro de 2023

LETRAS CON MAXIA.

Desde a biblioteca empezamos un curso relacionado co lettering. 

"LETRAS CON MAXIA"

O lettering é a arte de debuxar letras a man de forma creativa e está indicado tanto para adultos como para nenos.

O primeiro que hai que saber para entender o que é o lettering é que non se trata de caligrafía (escribir letras de forma correcta) nin tampouco de tipografía (deseñar distintos tipos de letras). 

O lettering é unha forma de debuxar e de crear un abecedario propio pero facendo uso das letras, debuxándoas de maneira creativa. Para empezar, non é necesario ter unha ‘boa letra’ para facer lettering (xa que as propias letras poden considerarse formas a debuxar), só hai que ter paciencia, contar co material adecuado e botar man da imaxinación xa que é unha técnica que se aprende aos poucos. 

Tamén é importante coñecer unha das súas regras básicas á hora de poñerse a debuxar, que está relacionada co trazado: cando se debuxa cara arriba, o trazo debe ser fino, e cando se fai cara abaixo debe ser groso: para iso, o único que hai que facer é aplicar maior presión no momento de realizalo. 

Realizarase en dous recreos semanais (luns e mércores) e estará dirixido soamente ao alumnado de 6º debido á gran participación (entre 20 e 24 alumnos/as). Xa que son moitos alumnos para o pouco tempo do que dispoñemos 25-30 minutos cada día.

Un saúdo, A Vaca Pepa

xoves, 19 de xaneiro de 2023

DIA DA PAZ.

Este ano desde a Biblioteca queremos traballar cos nenos e nenas o tema da Guerra.

Os contos poden axudarnos a explicarlles os absurdos motivos polos que ás veces se desata unha guerra entre países, as terribles consecuencias que teñen os conflitos bélicos, e transmitirlles os valores adecuados para que eles e elas sexan capaces de crear un futuro mellor para todos. Esta selección de contos para falar da guerra aos nenos axúdalles a entender a importancia de valores como a tolerancia, a solidariedade, a empatía e a paz.

Esperamos que disfrutedes  dos contos.





Unha aperta, A Vaca Pepa

UN FERMOSO AGASALLO.

Temos unha noticia que darvos. Os nenos e nenas deste cole elaboraron un recetario co ECO-RETO 3 que nos propuso o Equipo de Medio Ambiente.

E o mellor de todo é que o temos na nosa Biblioteca para que todos nós podamos disfrutar das riquísimas receitas que elaboraron neste Nadal. 

Aquí tedes a mostra.....💕💕💕💕



Un saúdo, A Vaca Pepa

luns, 9 de xaneiro de 2023

EXPOSICIÓN POLA PAZ.

Durante o mes de xaneiro teremos na biblioteca do cole unha exposición pola Paz.

A exposición está dividida en primeiros lectores, lectores autónomos e lectores expertos. O profesorado tamén conta cunha escolma de libros para traballar este tema nas aulas.

Esperamos que vos sexan de gran utilidade.

Lembrar que todos os libros expostos poden ser prestados en calquera momento.


Un saúdo, A Vaca Pepa

domingo, 8 de xaneiro de 2023

NOVIDADES MES DE XANEIRO

Durante o mes de xaneiro temos na biblioteca unha pequena exposición dos novos libros que podemos levar a casa.

Se clicas na imaxe poderás velos.



Un saúdo, Vaca Pepa