Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta MEDIO AMBIENTE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MEDIO AMBIENTE. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de maio de 2026

📚 TUNTÚN ✨

Desde a biblioteca do centro presentamos un novo recurso para traballar durante a hora de biblioteca arredor do conto Tuntún. 🐘📖

A actividade inclúe:

  • A presentación e lectura do libro
  • Un xogo de tarxetas didácticas 🎴


  • Actividades para fomentar a comprensión lectora, a atención e a participación do alumnado 💫


A través deste recurso, os nenos e nenas poderán descubrir os personaxes, lembrar detalles do conto e compartir as súas interpretacións dunha forma lúdica e divertida. 🎲✨

Unha proposta creada para converter a lectura nun momento de xogo, curiosidade e aprendizaxe compartida na biblioteca escolar. 💜

Tuntún é un conto infantil ilustrado cheo de acción que promove a inclusión cun enorme elefante rosa como personaxe principal.

A historia, ademais de ser divertida e colorida, desenvólvese en África e, ao final, os nenos e nenas descobren que o libro que acaban de ler está cheo de animais que se atopan en perigo de extinción, en estado vulnerable, crítico ou que son especies ameazadas da selva africana.

Tamén son convidados a visitar esta páxina web:


Para aprender máis sobre eles e desfrutar dos recursos que hai nela, coa intención de que os nosos lectores e lectoras poidan ir máis alá do conto.

venres, 27 de marzo de 2026

🐦 EXPOSICIÓN SOBRE AVES E CURIOSIDADES DA NATUREZA 🌿

Na nosa biblioteca inauguramos unha exposición especial que vai encantar ao alumnado! 😍

Os nenos e nenas poderán descubrir:

  • Nidos de todo tipo 🪺
  • Ovos de diferentes aves 🥚
  • Un microscopio para observar detalles moi de preto 🔬
  • E todos os libros da biblioteca relacionados coa búsqueda e a consulta sobre aves e natureza, como:
    • O páxaro e o seu niño
    • Inventario de aves
    • O ovo
    • Aves costeiras
    • Páxaros: como observar e entender o marabilloso mundo dos páxaros 📚

Esta exposición busca despertar a curiosidade do alumnado, fomentar a búsqueda de información e relacionar a experiencia co momento do ano, cando a natureza e as aves están moi presentes. 🌱✨

Unha actividade práctica e educativa, perfecta para aprender xogando e descubrindo o mundo que nos rodea. 🐤



venres, 20 de marzo de 2026

💧 DÍA MUNDIAL DA AUGA EN 2º DE PRIMARIA 💧

O 22 de marzo celebramos o Día Mundial da Auga cunha actividade moi especial para o alumnado de 2º de primaria. 🌍💦

Desde Augas de Galicia, da depuradora de A Pobra, achegáronse ao cole para realizar un obradoiro práctico e divertido sobre a importancia de coidar o noso medio ambiente.

Durante a actividade, o alumnado aprendeu:

  • Que acontece coas augas que vertemos no medio ambiente ♻️
  • Como se depuran e se tratan para que volvan seguras á natureza 🏞️
  • A importancia de ser responsables co uso da auga no día a día 💧

Unha experiencia moi interesante e educativa, que combina aprendizaxe e concienciación ambiental desde pequenos. 🌟



venres, 14 de novembro de 2025

🚌🌿 EXCURSIÓN AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL🚌🌿

O alumnado do 1º Ciclo de Primaria realizou unha saída moi especial ao Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela.

Durante a visita, puideron descubrir de preto o mundo da natureza, observando diferentes especies, coñecendo curiosidades sobre os seres vivos e aprendendo dun xeito práctico e divertido. 🌍🔍

🐮✨ Foi unha xornada chea de aprendizaxe, descubrimentos e ilusión, na que o alumnado gozou moito explorando e facendo preguntas como verdadeiros científicos e científicas.

Sen dúbida, unha experiencia moi enriquecedora para seguir aprendendo máis alá da aula.



mércores, 5 de novembro de 2025

🍄 UNHA MAÑÁ MOI MICOLÓXICA EN 4º! 🌿

Hoxe o alumnado de 4º de Primaria gozou dunha estupenda actividade sobre micoloxía, organizada polo Servizo de Medioambiente do Concello e a Asociación Medioambiental Amabul. 👏

A través dos talleres micófilos, os nenos e nenas aprenderon un montón de cousas sobre o fascinante mundo dos fungos: as súas formas, cores, cheiros e funcións na natureza.

Foi unha experiencia moi divertida e educativa, na que traballaron cos cinco sentidos para descubrir os segredos do bosque e valorar a importancia de coidar o medio que nos rodea. 🍁👃👁️👂✋

💚 Grazas ao Concello e á asociación Amabul por esta actividade tan enriquecedora!




venres, 17 de outubro de 2025

🌊♻️ LIMPEZA DE PRAIAS: PEQUENOS XESTOS, GRANDES CAMBIOS 🌊♻️

Hoxe, a rapazada do CEP Salustiano Rey Eiras participou nunha actividade moi especial: a XIV Limpeza Simultánea de praias.

Durante a xornada, recolleron case 20 kg de refugallos no areal de Lombiña-Cabío, unha praia recoñecida co distintivo de Bandeira Azul. 🌍

🐮✨ Un exemplo de compromiso, responsabilidade e coidado do noso entorno que nos fai sentir moi orgullosos.

Moitas grazas a todos e todas por colaborar! ♻️👏



luns, 6 de outubro de 2025

🌿RECORDAMOS A JANE GOODALL 🐒

 O 1 de outubro despedímonos dunha persoa moi especial: Jane Goodall, científica e amiga da natureza. Jane dedicou a súa vida a estudar aos chimpancés e a coidar o noso planeta, ensinándonos que cada ser vivo merece respecto e protección.

Grazas á súa curiosidade, paciencia e amor polos animais, coñecemos mellor aos chimpancés e aprendemos a importancia de coidar a natureza. O seu exemplo de ilusión, dedicación e agarimo polo mundo seguirá inspirándonos sempre. 🌎💚

Na nosa biblioteca, lembramos a Jane lendo e descubrindo as súas historias e traballos. Cada libro que abrimos é unha pequena homenaxe á súa vida e ao seu legado.



luns, 1 de abril de 2024

martes, 7 de novembro de 2023

OBRADOIRO DE MICOLOXÍA. AMABUL

Os rapaces do cole desfrutaron dun obradoiro de micoloxía a cargo da asociación AMABUL, para aprender que estes seres vivos cumpren unha función nos ecosistemas imprescindible, independentemente de se poden comerse ou non.


Un saúdo, A Vaca Pepa

luns, 22 de maio de 2023

RETO 8. EMBAIXADORES/AS DO VIDRO

 CHEGAMOS AO FINAL DOS RETOS!!!

Neste último, EMBAIXADORES/AS DO VIDRO, necesitamos que:

  • Cada neno/a traia da súa casa un botellín de vidro da cor que teñan (tamaño botellín de auga pequena…) para decorar o espazo que estamos creando de plantas aromáticas.
  • En cada aula garden e contabilicen os envases de vidro que vaian traendo para reciclar no iglú de Disney que agardamos recibir antes de rematar o curso.
  • Elixir dous embaixadores/as por aula (un neno e unha nena) que repartirán pegatinas: aos seus veciñ@s, familiares, en tendas… para continuar coa concienciación do reciclado do vidro.
  • Ademáis, todos aqueles que queiran, poden decorar na casa botes ou botellas de vidro para facer unha exposición no mes de xuño.

Con esta actividade o que pretendemos é que o alumnado como “EMBAIXADORES/AS DO VIDRO” sexan conscientes de que ademáis de poder reciclar o vidro en contedores tamén poden darlle unha segunda vida.



Un saúdo, A Vaca Pepa.


domingo, 21 de maio de 2023

CHARLA ANIMAIS EXTRAORDINARIOS. XULIO GUTIÉRREZ

 ANIMAIS EXTRAORDINARIOS

Tivemos a sorte de ter a visita de Xulio para contarnos cousas extraordinarias relacionadas cos animais e o seu mundo, relacionadas cos seus libros que temos a sorte de poder atopalos na nosa biblioteca.



Texto: Xulio Gutiérrez.

Ilustracións: Nicolás Fernández.

Coordinación: Chema Heras

Colección de seis libros de gran formato. Traducidos a varias linguas (castelán, portugués, italiano, alemán e chinés).

Un saúdo, A Vaca Pepa.

xoves, 18 de maio de 2023

EDUCANDO CON MALIBÚ

 Malibú visitou o noso colexio para ensinarlle ós nenos a ser máis responsables, máis solidarios e a ter unha maior sensibilidade e respeto cara os animais.

Coñeceron as responsabilidades que implica un animal e os seus coidados para unha tenencia responsable (identificación, esterilización, acudir regularmente ao veterinario...)

Aprenderon comportamentos cívicos (manter as rúas limpas...)

Coñeceron a problemática do abandono, a realidade das canceiras, a adopción dos animais, a distintas formas de colaborar (ser casa de acollida, voluntario, adoptar...)


Un saúdo, A Vaca Pepa.




mércores, 3 de maio de 2023

BIODIVERSIDADE FONTE DE VIDA.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria disfrutou dunha charla moi interesante que lles ofreceron os axentes forestais da Consellería de Montes e Medio Rural.

Puideron coñecer algúns datos interesantes relacionados cos hábitats naturais próximos ao noso centro (Monte da Curota, Dunas de Corrubedo, A praia do Areal, Río Pedras, A xunqueira e Carballeira da Silva). 

Falaron sobre a fauna e a flora propia, a protección e coidado dos hábitats, os efectos da plantación de especies invasoras, o efecto devastador do incendio diste veran no monte da Curota ... E puideron observalo a vista de dron.

Charla moi enriquecedora na que os alumnos gozaron enormemente.



Un saúdo, A Vaca Pepa


xoves, 20 de abril de 2023

RETO 7. BIODIVERSIDADE FONTE DE VIDA

Xa estamos na recta final!

So nos quedan dous retos para rematar o proxecto de GENERACIÓN ECO!!!

Neste reto a actividade consiste en concienciar ao alumnado da importancia que ten preservar os hábitats naturais que temos na nosa contorna e coidar a súa  biodiversidade. Por iso, imos a investigar os sistemas da nosa contorna.



Un saúdo, A Vaca Pepa

martes, 11 de abril de 2023

NOVIDADES DE ABRIL

 Durante o mes de abril temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que chegaron a nosa biblioteca.

Se clicas na imaxe poderás velas.



Un saúdo, A Vaca Pepa

domingo, 12 de marzo de 2023

ECOBANDASEQUEIROS POLO BARBANZA. RETO 6

 RETO 6: " A MIÑA PEGADA ECOLÓXICA"   

O reto deste mes consiste en reducir o consumo de auga deixando unha pegada ecolóxica . Para conseguilo teremos que plantar unha planta por cada nivel ou curso. 

Queremos plantar plantas aromáticas, pero queda a vosa elección. 

Podedes escoller outro tipo de  planta que teña máis sentido ou funcionalidade para o voso alumnado.

Para coidar a planta ata que vos medre, teredes que utilizar auga da chuvia (deste xeito contribuímos coa "pegada hídrica") que podedes coller nos bidóns azuis que están a carón do invernadoiro.

Unha vez xerminadas, trasplantaranse nalgún lugar do recinto escolar.

APROVEITADE QUE CHEGA A PRIMAVERA PARA PLANTAR!!!



Un saúdo, A Vaca Pepa.


mércores, 1 de febreiro de 2023

ECOBANDASEQUEIROS POLO BARBANZA. RETO 4

 RETO 4:" Educadores ambientais por un día"

Neste reto o alumnado contaralle aos seus pais/nais/ titores legais o que aprenderon sobre a exposición realizada no cole sobre PLANTAS EXÓTICAS INVASORAS e investigarán con eles se teñen algunha PEI preto da súa casa ou polos lugares por onde pasan camiñando... 

Unha vez localizada ou localizadas  as plantas exóticas invasoras sacaranlle unha foto e nola enviarán (co nome do lugar onde a atoparon e o curso ao que pertencen) ao correo: medioambiente@bandaseca.es para despois nós divulgalas no BLOG de Mediaoambiente Bandaseca e no Facebook do cole.

MOITÍSIMAS GRAZAS DE ANTEMÁN POLA VOSA COLABORACIÓN.





martes, 24 de xaneiro de 2023

EXPOSICIÓN PLANTAS INVASORAS

Durante estes días e ata o 4 de febreiro gozaremos no cole dunha exposición dedicada ás plantas invasoras que podemos atopar na nosa contorna.

Cada aula poderá participar nunha actividade relacionada con esta exposición, onde poderemos investigar, identificar, relacionar e xogar con todas estas plantas para así coñecelas mellor e estar preparados para o seguinte reto.

Aquí tedes unha pequena mostra da exposición.


Un saúdo, A Vaca Pepa.

xoves, 19 de xaneiro de 2023

UN FERMOSO AGASALLO.

Temos unha noticia que darvos. Os nenos e nenas deste cole elaboraron un recetario co ECO-RETO 3 que nos propuso o Equipo de Medio Ambiente.

E o mellor de todo é que o temos na nosa Biblioteca para que todos nós podamos disfrutar das riquísimas receitas que elaboraron neste Nadal. 

Aquí tedes a mostra.....💕💕💕💕



Un saúdo, A Vaca Pepa

xoves, 22 de decembro de 2022

ECOBANDASEQUEIROS POLO BARBANZA. RETO 3

ECO-RETO 3: NADAL SOSTIBLE

PROXECTO QUE IMPLICA A TODA ACOMUNIDADE EDUCATIVA.


Co propósito de ter un Nadal máis sostible propóñennos desde o Equipo de Medio Ambiente que para o RETO 3  os nenos traian da casa un borrador dalgunha receita que fagan durante o Nadal aproveitando as sobras que quedan das ceas ou comidas. 

Á volta de Nadal, con esas receitas  faremos despois un recetario.

As plantillas para escribilas entregarávolas o Equipo de Medio Ambiente Á VOLTA DE NADAL, para poder facelas cos vosos titores e decoralas nas clases de Art.

Teredes que FACER a receita EN GALEGO e por último decoralas con trociños de papel de regalo (xa sabedes, podemos darlle outra vida as cousas 😜)

Coma sempre esta será unha actividade voluntaria.

Tamén desde o Equipo de Medio Ambiente achégannos uns consellos para un Nadal Ecolóxico e polo tanto máis sostible.


Animádevos a conseguir o noso Nadal Ecolóxico! 

A Vaca Pepa.