Buscar neste blog
venres, 28 de abril de 2023
CARTA DA VACA PEPA.
martes, 25 de abril de 2023
APADRIÑAMENTO LECTOR.
Hoxe realizamos unha das últimas actividades da semana do libro.
Os alumnos e alumnas do cole gozaron da compañía e a boa lectura dos seus padriños e madriñas lectoras.
Creouse un ambiente máxico en todas as zonas do patio do cole onde podiamos observar caras de curiosidade, felicidade e goce.
Experiencia moi positiva que seguramente repetiremos.
Un saúdo, A Vaca Pepa
luns, 24 de abril de 2023
CERTAME DE CURTAS ALBERTO ROMERO.
Este sábado (22 de abril) déronse a coñecer aos gañadores dunha nova edición co Certame de Curtas Alberto Romero.
Nesta sétima entrega concorreron máis de 50 traballos nas cinco categorías e recuperouse a normalidade no desenvolvemento da gala logo da pandemia. Presentado por Loida e Kika Fernández, o acto contou con varias actuacións musicais e unha peza teatral, ademais da proxección das curtas gañadoras. No apartado Primaria, a gañadora foi “A rapaza de plástico”, dos alumnos do Salustiano Rey Eiras.
Queremos felicitar aos nosos/as alumnos/as e a súa profesora polo seu magnífico traballo.
Un saúdo, A Vaca Pepa
domingo, 23 de abril de 2023
xoves, 20 de abril de 2023
RETO 7. BIODIVERSIDADE FONTE DE VIDA
Xa estamos na recta final!
So nos quedan dous retos para rematar o proxecto de GENERACIÓN ECO!!!
Neste reto a actividade consiste en concienciar ao alumnado da importancia que ten preservar os hábitats naturais que temos na nosa contorna e coidar a súa biodiversidade. Por iso, imos a investigar os sistemas da nosa contorna.
Un saúdo, A Vaca Pepa
OS NOSOS RETOS DA SEMANA DO LIBRO.
Ola a todos/as!
Queremos darvos as grazas pola vosa participación nas actividades organizadas durante a semana do libro.
Aquí tedes unha pequena mostra dalgunhas desas experiencias.
Un saúdo, A Vaca Pepa.
domingo, 16 de abril de 2023
SEMANA DO LIBRO. ABRIL 2023
O 23 de abril conmemórase o Día do Libro, desde o equipo de Biblioteca propoñemos traballar esta celebración durante a semana do 17 ao 21 de abril.
A actividade que propoñemos é “5 días, 5 retos”, que consiste en realizar diversas actividades relacionadas co libro ou a biblioteca (cada un dos días desa semana).
Un saúdo, A Vaca Pepa
martes, 11 de abril de 2023
TALLER DE LETTERING: LETRAS CON MAXIA
O lettering é unha arte incrible que desenvolve a imaxinación e potencia a creatividade, ademais aumenta a capacidade de concentración e favorece á coordinación.
Lettering é a arte de DEBUXAR letras bonitas.
Beneficios do lettering
- Satisfacción dos alumnos cando conseguen realizar un Lettering propio e encántalles o resultado. Ese momento de "eu podo". Fíxeno eu e non sabía debuxar. Satisfacción persoal logrando retos que aumentan a nosa autoestima.
- Coa práctica fomentamos a coordinación, conseguimos que os nosos músculos estean relaxados para que á vez que debuxamos con lapis ou outros materiais ou usamos os nosos brush pen, todo flúa. Ao principio podes sentirche máis tensa pero aos poucos o teu corpo irase soltando e todo entrará en harmonía. Por esta razón é un gran aliado para deixar de lado o estrés de cada día.
- Desenvolver moito máis a nosa creatividade. O feito de debuxar letras, saír do establecido, crear e darlle unha segunda volta. Rompemos as regras establecidas co tema da “escritura” e fai que todo o vexamos desde outro punto de vista. As letras poden crear mundos imaxinarios preciosos que nos transmiten sensacións e potencian a nosa creatividade.
NOVIDADES DE ABRIL
Durante o mes de abril temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que chegaron a nosa biblioteca.
Se clicas na imaxe poderás velas.
sábado, 1 de abril de 2023
DÍA DAS ARTES GALEGAS: MARTÍN CÓDAX
O Día Das Artes Galegas é una conmemoración instituída pola Real Academia Galega de Belas Artes no ano 2015 e que se celebra cada 1 de abril. O primeiro artista homenaxeado foi o Mestre Mateo, autor do pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. Este ano 2023 o Día Das Artes Galegas dedícase ao trobador vigués Martín Códax.
Un saúdo, A Vaca Pepa.