Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES CONCELLO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES CONCELLO. Amosar todas as publicacións

venres, 25 de outubro de 2024

XORNADAS VALLE-INCLÁN.

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal organiza as Xornadas dedicadas a este escritor. Dentro da súa programación tivo en conta ofrecer aos centros de educación primaria de A Pobra do Caramiñal unha peza teatral,  "Farsas".

Os días 23/24 de outubro a compañía de títeres Cachirulo estivo no cine Elma representando esta divertida farsa infantil.


Un saúdo, A Vaca Pepa

luns, 23 de setembro de 2024

IV ANDAINA "Os Camiños da Memoria"

O día 20 de setembro, Día Mundial do Alzheimer, tivemos unha actividade xunto cos nosos maiores da Pobra do Caramiñal.

Os nenos e nenas de 2º de primaria do CEPP Salustiano Rey Eiras acompañamos aos nosos maiores nunha pequena andaina. Queriamos darlles o noso apoio e o noso agarimo.

Unha maneira diferente de traballar o Día Mundial do Alzheimer.

Esta cuarta edición sumou máis dun cento de camiñantes, entre persoas usuarias, familiares das mesmas e profesionais do centro de día da Pobra, ademais de contar coa participación da Asociación Ambar, Asociación Misela, centro de día Agadea e alumnado e profesorado do CEP P. Salustiano Rey Eiras.


Un saúdo, A Vaca Pepa


xoves, 30 de maio de 2024

ENTREGA DO PREMIO CARLOS MOSTEIRO

Á entrega do premio foi invitado o alumnado de 6° do CEPP Salustiano Rey Eiras e recibiron o libro como agasallo do concello da Pobra. 

Unha relación de amizade entre dúas nenas do Afganistán unidas polos seus soños arredor dun balón e as normas do fútbol: este é o argumento de 'Fóra de xogo', o libro de José Luis Baños, gañador do VI Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, certame convocado polo Concello da Pobra do Caramiñal, a editorial Galaxia e a A. C. Barbantia.


Un saúdo, A Vaca Pepa

martes, 28 de maio de 2024

XINCANA. MARABILLAS DE GALICIA.

O 28 de maio o alumnado gozou dunha xincana relacionada co Día das Letras Galegas: "Marabillas de Galicia", a cargo de Barafunda Animación e destinada ós colexios da primaria de todo o concello da Pobra do Caramiñal, a partir das 10.00 horas, polas prazas e rúas da localidade.

Actividade proposta polo Concello.

Un saúdo, A Vaca Pepa