Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta EXPERIMENTOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EXPERIMENTOS. Amosar todas as publicacións

venres, 23 de outubro de 2026

📚💚 UN DÍA MOI ESPECIAL DE CONVIVENCIA LECTORA! 📚💚

Muuu, muuuu! 🐮📖

Con motivo do Día das Bibliotecas Escolares, o alumnado de 1º de Primaria viviu este venres, 23 de outubro, unha xornada moi especial na Escola Infantil Fernández Varela.

Recibíronnos cos brazos abertos e agasalláronnos cunha mañá chea de experiencias marabillosas: contacontos, apadriñamentos lectores, experimentos e xogos. 📚🧪🎲

Os nenos e nenas gozaron moitísimo desta xornada de convivencia, na que compartir lecturas, descubrir e xogar xuntos se converteu nunha experiencia inesquecible. 💚

Desde a Biblioteca da Vaca Pepa queremos dar as grazas á Escola Infantil Fernández Varela por esta fermosa invitación e pola súa agarimosa acollida. Foi un auténtico pracer compartir esta mañá con eles!

Agardamos repetir moitos máis momentos coma este ao longo do curso, creando novos lazos arredor dos libros, da amizade e da ilusión por aprender xuntos. 🐮📚✨

Grazas por facernos sentir coma na casa! Ata a próxima aventura!

💚 Biblioteca da Vaca Pepa

mércores, 10 de xuño de 2026

🌞📚 UN VERÁN CHEO DE HISTORIAS! 🌞📚

Chegan as vacacións e, con elas, máis tempo para descansar, xogar... e tamén para gozar da lectura! ✨

Desde a biblioteca escolar preparamos unha selección de recomendacións lectoras para este verán, pensadas para acompañar ao alumnado en cada etapa lectora e axudarlle a descubrir novas historias, personaxes e aventuras.

Nesta guía atoparedes propostas para diferentes idades e intereses: 📖 novelas, 🎨 álbums ilustrados, 💬 cómics e 🌍 libros de información e consulta. Unha escolma variada para que cada lector e lectora atope o libro perfecto para estas vacacións.

A lectura é unha excelente compañeira de verán: permítenos viaxar sen saír da casa, vivir mil aventuras, aprender cousas novas e deixar voar a imaxinación. 🌊🏕️🚀

Animámosvos a  consultar as nosas recomendacións e escoller aquelas lecturas que máis vos apetezan. O importante non é canto se le, senón atopar historias que nos emocionen, nos fagan rir, pensar e soñar.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN 

💜 Bo verán e felices lecturas!
📚 Que non falten os libros na vosa mochila.

venres, 10 de outubro de 2025

🧫 EXPOSICIÓN DE MAQUETAS SOBRE AS CÉLULAS! 🔬

 O alumnado de 6º de Primaria converteuse nestes días en auténticos científicos e científicas! 👩‍🔬👨‍🔬

Como resultado do seu traballo, prepararon unha fantástica exposición de maquetas das células animal e vexetal, nas que amosan todo o que aprenderon sobre a súa estrutura e función.

As maquetas están cheas de creatividade, detalle e moita imaxinación, e podedes visitalas na planta onde se atopan as aulas de sexto.

💡 Animámosvos a achegarvos e descubrir estas pequenas marabillas, nas que ciencia e arte se unen para darlle vida ao mundo microscópico das células.

📚 ¡Non deixedes de visitar a exposición… seguro que vos sorprenderá!




luns, 1 de abril de 2024

mércores, 7 de febreiro de 2024

A MULLER NA CIENCIA. SERIE DE ANIMACIÓN.

Unha das limitacións para que máis nenas queiran seguir unha carreira científica é a falta de referentes femininos nestes campos. Co obxectivo de acabar con este hándicap, o Museo de Ciencias Universidade de Navarra presenta o proxecto “A muller na ciencia”: unha serie de animación que narra, a través de pequenos vídeos e nun ton divulgativo, a biografía de científicas relevantes no seu campo pero que resultan descoñecidas para o público xeral.

De momento, as protagonistas destas historias son a microbióloga Alice Catherine Evans (1881-1975), a enfermeira e estatística Florence Nightingale (1820-1910), a bióloga e divulgadora Rachel Louise Carson (1907-1964), a astrónoma Cecilia Payne-Gaposchkin (1900-1979), Margarita Salas (1938-2019), June Almeida (1930-2007), Isabel Morgan (1911-1996), Ada Lovelace (1815-1852), Gerty Cori (1896-1957), Maria Mitchell (1818-1889), Mary Anning (1799-1847), Ada Yonath (1939), Lynn Margulis (1938-2011), Janaki Ammal (1897-1984), Sofia Kovalevskaya (1850-1891)…

















Un saúdo, A Vaca Pepa

DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES E AS NENAS NA CIENCIA.

 O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia en recoñecemento ao papel crave que desempeñan as mulleres na comunidade científica e a tecnoloxía. 

Aquí tedes dous "genially" para traballar esta data.

Presentación con datos, información e un vídeo moi chulo sobre esta data.



Xogo interactivo para trabajar "mulleres científicas actuais"

Un saúdo, A Vaca Pepa.

luns, 13 de novembro de 2023

VENRES CREATIVO

Os venres no recreo teremos unhas actuacións moi especiais. Vós sodes os verdadeiros protagonistas. 

Os venres á hora do recreo podedes ensinarlles aos vosos compañeiros/as os vosos talentos, que sabemos que tedes...

Podedes mostrarnos distintas habilidades: experimentos, trucos de maxia, contacontos, talleres de debuxo, música, lettering,... 

Estamos a esperarvos...

Se queredes participar, só tedes que achegarvos pola biblioteca á hora do recreo e falar cos encargados para que xestionen a vosa solicitude.

Ánimo e empeza a función.



Un saúdo, A Vaca Pepa