Durante a última semana de novembro os nosos alumnos e alumnas puideron gozar, de forma voluntaria nas horas do recreo, de diferentes vídeos e contos relacionados coa igualdade de xénero.
Foi unha experiencia moi positiva que sen dúbida repetiremos.
Os vídeos máis destacados son aqueles onde os nosos alumnos e alumnas participaron de forma activa, podendo ensinarlles aos seus compañeiros/ as os seus traballos.
Buscar neste blog
sábado, 30 de novembro de 2019
ESPECTÁCULO DE MAXIA.
O xoves 28 de novembro puidemos gozar dun espectáculo de maxia: "Somos iguais na maxia"
É un espectáculo sobre a igualdade de xénero. A través da maxia concienciaron aos/ as nenos/ as da importancia deste tema.
Tema que levamos traballando en profundidade durante estes días.
luns, 25 de novembro de 2019
FÓRA AO MALTRATO DAS MULLERES.
domingo, 24 de novembro de 2019
SEMANA DA IGUALDADE.
Con motivo do 25 N esta semana no noso cole imos realizar unha chea de actividades relacionadas coa violencia de xénero onde traballaremos a igualdade.
Tamén poderemos gozar dunha exposición sobre a igualdade onde poderemos atopar algúns dos libros recomendados anteriormente.
Esperamos que todos podamos gozar destas actividades e aprendamos cousas moi importantes para a nosa vida en sociedade.
Un saúdo, A Vaca Pepa.
martes, 19 de novembro de 2019
25N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Desde a Biblioteca queremos compartir convosco unha serie de contos para traballar nesta data, 25 N. Esperamos que vos sexan de utilidade aínda que o traballedes outro día diferente ao 25 N xa que a coeducación e o bo trato son tarefas para todos os días do ano.
UNA FELIZ CATÁSTROFE

Antes da catástrofe na casa da familia Rato, a mamá coidaba da casa e os nenos e o señor Rato ía traballar e logo chegaba a casa e sentaba ata a hora da cea... pero algo inesperado ocorreu e CAMBIOU TODO!
Podedes ver o conto animado seguindo esta ligazón.
EL MALTRATO SUTIL.
Este vídeo concentra de maneira sinxela un dos maiores velenos da nosa sociedade: impoñer determinados canons de beleza á muller...
LA MITAD DE JUAN
(Gemma Liena y África Fanlos. La Galera)

UNA FELIZ CATÁSTROFE
Adela Turín

Trata dun tema que a miúdo se nos esquece: os nenos tamén sofren malos tratos por ser pouco "homes" (segundo os canons sociais): Todos perdemos coa desigualdade. A Juan gústanlle as bonecas, a súa camiseta rosa e os contos de princesas pero todos rin del e dinlle que "son cousas de nenas". O problema é que cando enterra todo no xardín sentese baleiro por dentro... Como resolverá o problema? Podedes lelo nesta ligazón:
https://drive.google.com/file/d/1kOkEaOD7r9whSwP0VwxoXcC69-e-pcIb/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1kOkEaOD7r9whSwP0VwxoXcC69-e-pcIb/view?usp=sharing
ARTURO Y CLEMENTINA
Adela Turín

Conta a historia de dúas tartarugas que se namoran e ao principio todo vai ben pero Arturo non quere que Clementina vaia a pescar, enfádase se sae de casa e vaina cargando de toda clase de obxectos inútiles... Clementina sente pequena e infeliz Poderá escapar desta situación cunha cuncha tan cargada?
Aquí tedes o conto elaborado na materia de valores polos nenos de 3ºA durante o curso 2018/19.
https://drive.google.com/file/d/1kxP0XZ1CBGcly3qNFkFr4MuKaIiDP8Y8/view?usp=sharing
ROSA CARAMELO.
Adela Turín
No país dos elefantes ás elefantitas téñenas nun corralito, vestidas de encaixes, comendo peonías e moi aburridas mentres os elefantitos gozan xogando no xardín... pero a unha delas non se lle dá nada ben iso de ser elefanta.
Aquí podedes gozar do conto.
Aquí podedes gozar do conto.
O PAÍS DOS MANDONS
No país dos mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra da casa. O cambio desas normas tan inxustas para crear un novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres.
O LIBRO DOS PORCOS
«Bule co almorzo, muller», «Bule co almorzo, mamá», dicíanlle o seu home e os seus fillos. Ata que a señora Porcón se fartou e marchou.
LA CENICIENTA QUE NO QUERÍA COMER PERDICES

A historia fai unha revisión da historia de Cincenta desde unha perspectiva máis actual... e os príncipes non son tan encantadores, as perdices fartan e os zapatos de cristal fan dano nos pés. É bo que as nenas o saiban, non vaia a ser que se crean que o dos contos é verdade e váianse detrás do primeiro aspirante a príncipe que se cruzamento no seu camiño.
Podedes ver a versión en Pdf aquí...
https://drive.google.com/file/d/1l7jCXa2XyKfqL36W5hcsTHRkX_GpA0HS/view?usp=sharing
"Los colores" forma parte da colección: "Contos para antes de espertar"
No país das cores hai un pouco de todo, cada un é como é pero ao rosa e ao azul gústalles xogar xuntos e os " incoloros" non os deixan Como se escaparán deles?
Aquí tedes a versión en Pdf.
LOS COLORES

MAMÁ ¿DE QUÉ COLOR SON LOS BESOS?
(Elisenda Queralt)

As emocións non son só cousas de nenas... Este conto fala da cor das emocións e é moi importante o que os nenos (e agora refírome explicitamente ao masculino) aprendan a expresar adecuadamente as súas emocións, moitas delas fóronlles vetadas como xénero.
"¿HAY ALGO MÁS ABURRIDO QUE SER UNA PRINCESA ROSA?"

A Carlota non lle gusta ser unha princesa rosa... aínda que parece que a súa contorna non ten moi claro as súas intencións. Poderá cambiar a súa forma de vela?
ELENITA, LA SOPLADORA DE VIDRIO

Elenita quere ser sopladora, o seu pai non o ve ben así que decide loitar polo seu soño. Un precioso conto un pouco máis longo que os anteriores pero cheo de maxia.
POMODORA

Pomodora é unha princesa nada convencional. É unha nena forte, independente e con moita personalidade. Un día descobre que ten un poder especial: coa súa imaxinación e os seus debuxos é capaz de facer que as cousas se fagan realidade. Así, Pomodora descubrirá un mundo que non sabía que existía, pero no que fará amizades que gardará para o resto da súa vida. O dragón Tomatón e o gato Gatomato serán dous dos personaxes cos que compartirá esta aventura sobre a loita contra a inxustiza, a solidariedade e a amizade. E aprenderá que coa creatividade pódese facer fronte a calquera problema na vida.
Podedes ver o conto na seguinte ligazón:
EL PRÍNCIPE CENICIENTO
Unha revisión do conto de Cincenta onde cambian os roles. Un conto para poñer aos nenos noutro tipo de papeis.Podedes ver o conto na seguinte ligazón:
https://www.youtube.com/watch?time_continue=35&v=BnGu8KxSfGM&feature=emb_logo
Hai sen dúbida moitos contos máis para abordar este tema, nós poñémosvos unha pequena selección. Algúns están na biblioteca e os que non están chegarán pronto.
Hai sen dúbida moitos contos máis para abordar este tema, nós poñémosvos unha pequena selección. Algúns están na biblioteca e os que non están chegarán pronto.
Un saúdo, A Vaca Pepa
sábado, 9 de novembro de 2019
EXPOSICIÓN DO OUTONO.
O luns 11 de novembro celebraremos o Magosto no noso cole.
A celebración será pola tarde e os nosos/ as alumnos/ as participarán en distintos xogos populares. Finalmente degustaremos coa compañía das nosas familias unhas castañas asadas grazas á colaboración do noso compañeiro Carlos.
Esta semana os nosos/ as alumnos/ as poderán atopar na biblioteca unha exposición sobre o outono con libros relacionados con esta estación, con froitos propios do outono, paisaxes, bosques, animais,... e máis historias.
Animarvos a visitarnos! Estarémosvos a esperar!
A celebración será pola tarde e os nosos/ as alumnos/ as participarán en distintos xogos populares. Finalmente degustaremos coa compañía das nosas familias unhas castañas asadas grazas á colaboración do noso compañeiro Carlos.
Animarvos a visitarnos! Estarémosvos a esperar!
Un saúdo, A Vaca Pepa.
ENTREGA DE PREMIOS. I CONCURSO CONTOS DE MEDO.
O 30 de outubro, na hora do recreo na Biblioteca, entregáronse os premios aos gañadores do I Concurso de Contos de Medo.
Tivemos unha invitada moi especial, a Vaca Pepa. Unha vez entregados os premios cantou e bailou connosco.
Parabéns a todos/as os premiados!
Tivemos unha invitada moi especial, a Vaca Pepa. Unha vez entregados os premios cantou e bailou connosco.
Parabéns a todos/as os premiados!
![]() |
EMMA DOMÍNGUEZ DIZ |
![]() |
DARÍO OLIVEIRA CRUGEIRAS. |
![]() |
CLAUDIA BASALLO REGO |
![]() |
EMMA CERNADAS CAMEÁN |
![]() |
CLARA IGLESIAS BOO |
![]() |
XIANA POMBO SILVA |
CONTAMOS CONTOS DE MEDO.
O mércores 30 de outubro, na hora do recreo na Biblioteca, escoitamos os contos de medo que foron os gañadores do I Concurso de Contos de Medo. Tivemos a sorte de escoitalos a través da propia voz dos autores.
Estivemos moi atentos/ as a todas as historias e démoslles un forte aplauso a todos eles.
Parabéns a todos/as os gañadores do concurso.
Estivemos moi atentos/ as a todas as historias e démoslles un forte aplauso a todos eles.
Parabéns a todos/as os gañadores do concurso.
Un saúdo, A Vaca Pepa.
EXPOSICIÓN DE CABAZAS.
Durante a semana de Samaín os nosos alumnos/ as trouxeron unha chea de cabazas talladas e decoradas para a nosa exposición de Cabazas nas entradas e corredores do cole.
Como cada ano, os nosos alumnos/ as e as súas familias están cheos/ as de creatividade, son uns verdadeiros artistas.
Un saúdo, A Vaca Pepa
BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA.
O lema que propón a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos ás Bibliotecas Escolares galegas para o presente curso é "Biblioteca Escolar, viveiro de cidadanía".
Intervir na biblioteca escolar (nos seus espazos, nos seus tempos, nos seus recursos e actividades) ten consecuencias para o alumnado e para a comunidade educativa. Das características e dos enfoques desa intervención dependen os usos e as oportunidades que a biblioteca pode ofrecer. Cómpre unha reflexión sobre a distribución dos espazos, a organización dos tempos, a selección dos recursos e, moi especialmente, sobre o enfoque das actividades, co fin de que a biblioteca escolar poida facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria.
Nada disto é doado nin se consegue nun curso escolar. Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas.

venres, 1 de novembro de 2019
NOVIDADES MES DE NOVEMBRO.
Temos na biblioteca unha pequena exposición dos novos libros que podemos levar a casa.
Se clicas na imaxe poderás velos.
Ven a coñecelos!
Un saúdo, A Vaca Pepa.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)