Buscar neste blog

mércores, 27 de outubro de 2021

APÍPOLIS: CHARLA SOBRE O MUNDO DAS ABELLAS

PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DA CHARLA DE APÍPOLIS

Os nenos e nenas do noso centro asistiron á charla  de APÍPOLIS, na que coñeceron e comprenderon  as relacións exitentes entre os seres humanos e as abellas

 

A CABEZA DO DRAGÓN

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal organiza as Xornadas dedicadas a este escritor. Dentro da súa programación tivo en conta ofrecer aos centros de educación primaria de A Pobra do Caramiñal unha peza teatral,  "A Cabeza do Dragón".
O día 21 de outubro a compañía de títeres Cachirulo estivo no noso centro  co seu cachimóbil representando esta divertida farsa romántica.
PINCHA NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DA REPRESENTACIÓN
 

ESCAPE ROOM BRUXERÍA

 Queres facer BRUXERÍA???

Realiza este escape room para conseguir todos os obxectos necesarios.



ESCAPE SAMAÍN

 Neste escape terás que demostrar todos os coñecementos que tes sobre o SAMAÍN

<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1200px" height="675px" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/616f177ec5e65e0dea848ecd" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>SAMAÍN SCAPE ROOM

domingo, 17 de outubro de 2021

Benvidos e benvidas á Biblioteca da Vaca Pepa!

Despois dun curso con moitas restriccións, temos a esperanza de que neste curso as cousas melloren e podamos seguir ofrecendo actividades para os nosos alumnos.

Comezamos o curso con moitas novidades. 

Para inaugurar a biblioteca teremos diversas actividades:


  • Visita guiada e contacontos na biblio para os máis novos.
  •  Exposición de libros Maleta Viaxeira Creativa, cedida por Bibliotecas Escolares de Galicia

  • Obra teatral "A Cabeza do Dragón" farsa infantil escrita por Ramón María del Valle-Inclán. 

Esta obra será representada pola compañía de títeres Cachirulo, por xentileza do Museo Valle-Inclán. http://www.titerescachirulo.com/a-cabeza-do-dragon/ 

  • Presentación de Apípolis, a relación dos humanos e as abellas.