Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta XOGOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta XOGOS. Amosar todas as publicacións

luns, 21 de abril de 2025

mércores, 23 de outubro de 2024

ACTIVIDADES HORA DE BIBLIOTECA.

Durante a semana de Samaín deixaremos na biblioteca unha serie de actividades para utilizar co alumnado nas nosas horas de BIBLIOTECA.




  • CUBO DE DRÁCULA. Material para traballar discriminación e percepción visual e atención. O obxectivo é ir descubrindo as chuches que hai no cubo segundo a FORMA, COR e ESTAMPADO.


  • XOGO DE MESA DE SAMAÍN. Tira un dado e avanza. Cando caias na cabaza dos doces, rouba unha carta e segue as instrucións. O primeiro xogador que chegue á meta gaña o xogo.





  • CÓDIGOS SECRETOS. Descobre os códigos secretos e adiviña que personaxe de Samaín se esconde detrás do código.


  • MONSTROS A METADE. Unha serie de monstros moi divertidos espérannos para completar a súa outra metade. Desta maneira estaremos a traballar grafomotricidad, atención, percepción visual, orientación espacial e o concepto de «simetría». 


  • XOGO DE MEMORIA EN SAMAÍN. É un xogo de memoria de facer parellas con obxectos de Samaín. Levanta as cartas e observa os obxectos relativos á festividade outonal de Samaín: caldeiros, arañas, escobas de bruxas, pantasmas, ollos e outras imaxes horribles de medo. Memoriza a posición de cada obxecto e fai parellas de iguais ata usar todas as cartas. 


  • SPEED CUPS SAMAÍN. Poñerá a proba a túa habilidade e rapidez. Cada xogador ten 5 cubiletes de cores e compite por completar o obxectivo o máis rápido posible. Fai falta ter bo ollo e reflexos! As cartas mostran como se deben colocar os cubiletes... Que cabaza está de primeira cal de última?Colocáchelos ben?, pois corre a tocar o timbre! Gañará quen sexa máis rápido.

              Como se xoga a Speed Cups Samaín?
      1. Repártense 5 cubiletes a cada persoa (1 de cada cor) e déixase o mazo de cartas e o timbre no       centro.
      2. En cada quenda vírase unha carta e xógase simultaneamente colocando os cubiletes en orde como indica a carta, xa sexa en horizontal ou en vertical.
      3. Cando se consegue, tócase o timbre e esa persoa levará a carta como recompensa.
      4. Xógase ata esgotar as cartas e quen consiga máis, gañaría.
        Un frenético xogo de atención, coordinación e rapidez!


         

        • GRAFISMO CREATIVO CON SAMAÍN.  Este material convida ao alumnado a colorear e debuxar diferentes trazos mentres traballan con figuras e motivos propios desta festividade, como cabazas, pantasmas e morcegos.

        Unha maneira diferente de traballar Samaín!
        Un saúdo, A Vaca Pepa




        venres, 18 de outubro de 2024

        O MISTERIO DE SAMAÍN

        Nunha pequena BIBLIOTECA dunha vila chamada BANDASECA, algo estraño está a suceder...

        O LIBRO dos FEITIZOS MÁXICOS que mantiña o equilibrio na vila desapareceu.

        Para recuperalo, deberemos embarcarnos nunha emocionante viaxe no que nos enfrontaremos a diferentes desafíos cheos de misterio e maxia.

        Cada reto levaranos un paso máis preto de resolver o misterio e salvar á vila de Bandaseca.


        Un saúdo, A Vaca Pepa

        xoves, 17 de outubro de 2024

        XOGA AO DOBBLE EN SAMAÍN

         


        Un saúdo, A Vaca Pepa

        SAMAÍN ESTÁ EN PERIGO!

        Atención a todos! 

        Samaín está en perigo, e necesitamos a túa axuda para salvar a festa. 

        Axudanos a resolver enigmas, pistas e misterios máxicos.

        Atopa doces máxicos perdidos, recupera a cabaza da luz, descobre obxectos máxicos ocultos por trasgos travesos.

        Mergúllate no mundo máxico do Samaín e goza dunha experiencia única! 



        Un saúdo, A Vaca Pepa

        XOGO DE SAMAÍN

         Neste xogo terás que demostrar todos os coñecementos que tes sobre o SAMAÍN

        <div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1200px" height="675px" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/616f177ec5e65e0dea848ecd" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>SAMAÍN SCAPE ROOM

        QUERES FACER BRUXERÍA?

        Queres facer BRUXERÍA???

        Realiza este escape room para conseguir todos os obxectos necesarios.

        AXUDA A VACA PEPA NESTE SAMAÍN!

         Neste Samaín tes que axudar á Vaca  Pepa nunha tenebrosa aventura.

        O malvado bruxo Bandaseco encerrou aos compañeiros que estaban na biblioteca! 

        Ao bruxo non lle gustan os libros, pero tampouco quere que os nenos/as do noso colexio gocen da lectura e coñezan miles de aventuras que podemos atopar nos nosos libros.

        Quere converter o noso colexio nun auténtico escenario digno de Samaín... ESCURO E SOMBRÍO

        Temos que axudar á Vaca Pepa e aos nosos compañeiros. 

        Ánimo!

        Nós xuntos podemos!

        mércores, 16 de outubro de 2024

        RECREO DOS VENRES. 18 DE OUTUBRO

        Seguimos cos recreos dos venres!

        A cita anterior foi todo un éxito!

        Seguiremos traballando escoita activa. 

        Esperamos que gocedes desta actividade tanto coma nós.

        Un saudo, A Vaca Pepa.

        mércores, 9 de outubro de 2024

        RECREO DOS VENRES. 11 DE OUTUBRO

        Desde o Equipo de Benestar ofrécennos unha serie de actividades para os recreos dos venres. O 11 de outubro traballaremos a escoita activa xogando por parellas. A actividade ten un aforo de 30 participantes. A selección realizarase por orde de asistencia.


        Un saúdo, A Vaca Pepa.

        sábado, 1 de xuño de 2024

        NOVIDADES XUÑO

        Durante o mes de xuño temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que podemos levar a casa.

        Se clicas na imaxe poderás velas.


         Un saúdo, A Vaca Pepa

        xoves, 1 de febreiro de 2024

        xoves, 11 de xaneiro de 2024

        CHARLA DE EDUCACIÓN VIAL.

        O colexio foi escenario dun innovador programada educativo que ten como transfondo a seguridade viaria. Esta iniciativa está dirixida aos escolares de terceiro e cuarto curso.

        O programa compaxina unha parte teórica e unha serie de actividades prácticas nas que colaborará a Dirección Xeral de Tráfico da Coruña. Desenvolverase en tres días ou sesións realizadas durante todo ou curso escolar.

        Tratarase de que os escolares se poñan na pel de peóns e condutores, neste caso, de bicicletas. 

        Deste xeito, daráselles unha visión de como deben comportarse nas beirarrúas, á vez que aprenden a cruzar con seguridade as rúas e a interpretar os sinais.

        CHARLA DE EDUCACIÓN VIAL





        Un saúdo, A Vaca Pepa

        luns, 18 de decembro de 2023

        XOGOS DE NADAL.

        Desde a biblioteca ofrecémosvos distintos xogos onde poderedes gozar deste tempo de Nadal. 

        Esperamos que vos divirtades moito!

        Bo Nadal a todos e todas.



        A Vaca Pepa

        luns, 11 de decembro de 2023

        3 DE DECEMBRO. DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

        O 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

        O obxectivo desta celebración é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.

        O alumnado de terceiro puido gozar dunha actividade de concienciación sobre a discapacidade, acompañados dos nosos maiores.  (Centro de día dá Pobra).
        Pasaron un momento lúdico e emotivo no que tanto pequenos como maiores gozaron xuntos.


        A Vaca Pepa.

        venres, 1 de decembro de 2023

        NOVIDADES DECEMBRO

        Xa están aquí as novidades de decembro, os novos libros que podemos levar a casa. 

        Xa podes pasar polas zonas de empréstito e disfrutar das novas lecturas.



        Un saúdo, A Vaca Pepa


        luns, 13 de novembro de 2023

        VENRES CREATIVO

        Os venres no recreo teremos unhas actuacións moi especiais. Vós sodes os verdadeiros protagonistas. 

        Os venres á hora do recreo podedes ensinarlles aos vosos compañeiros/as os vosos talentos, que sabemos que tedes...

        Podedes mostrarnos distintas habilidades: experimentos, trucos de maxia, contacontos, talleres de debuxo, música, lettering,... 

        Estamos a esperarvos...

        Se queredes participar, só tedes que achegarvos pola biblioteca á hora do recreo e falar cos encargados para que xestionen a vosa solicitude.

        Ánimo e empeza a función.



        Un saúdo, A Vaca Pepa




        mércores, 1 de novembro de 2023

        NOVIDADES NOVEMBRO

        Xa están aquí as novidades de novembro, os novos libros que podemos levar a casa. 

        Xa podes pasar polas zonas de empréstito e disfrutar das novas lecturas.



        Un saúdo, A Vaca Pepa

        venres, 27 de outubro de 2023

        SAMAÍN ESTÁ EN PERIGO

        Atención a todos! 

        Samaín está en perigo, e necesitamos a túa axuda para salvar a festa. 

        Axudanos a resolver enigmas, pistas e misterios máxicos.

        Atopa doces máxicos perdidos, recupera a cabaza da luz, descobre obxectos máxicos ocultos por trasgos travesos.

        Mergúllate no mundo máxico do Samaín e goza dunha experiencia única! 



        Un saúdo, A Vaca Pepa