Buscar neste blog

mércores, 24 de maio de 2023

CHARLA DE SAÚDE BUCODENTAL.

Como antesala ao Día Mundial Sen Tabaco que se conmemora no 31 de maio, o alumnado de 5º e 6º de  primaria asistiu a charlas impartidas polo Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia.

Charla promovida polo Concello.

Promóvese esta acción un ano máis para concienciar ás novas xeracións sobre a problemática que ocasiona o tabaco na saúde bucodental, ademais da problemática dunha alimentación que abuse do consumo de azucre.


Un saúdo, a Vaca Pepa.

luns, 22 de maio de 2023

RETO 8. EMBAIXADORES/AS DO VIDRO

 CHEGAMOS AO FINAL DOS RETOS!!!

Neste último, EMBAIXADORES/AS DO VIDRO, necesitamos que:

  • Cada neno/a traia da súa casa un botellín de vidro da cor que teñan (tamaño botellín de auga pequena…) para decorar o espazo que estamos creando de plantas aromáticas.
  • En cada aula garden e contabilicen os envases de vidro que vaian traendo para reciclar no iglú de Disney que agardamos recibir antes de rematar o curso.
  • Elixir dous embaixadores/as por aula (un neno e unha nena) que repartirán pegatinas: aos seus veciñ@s, familiares, en tendas… para continuar coa concienciación do reciclado do vidro.
  • Ademáis, todos aqueles que queiran, poden decorar na casa botes ou botellas de vidro para facer unha exposición no mes de xuño.

Con esta actividade o que pretendemos é que o alumnado como “EMBAIXADORES/AS DO VIDRO” sexan conscientes de que ademáis de poder reciclar o vidro en contedores tamén poden darlle unha segunda vida.



Un saúdo, A Vaca Pepa.


domingo, 21 de maio de 2023

MERGÚLLATE ENTRE CONTOS PARA...

 Melloramos un espazo importante da nosa biblioteca: a entrada da biblioteca que invítanos a entrar nela dunha maneira máxica. 

A entrada convídanos a penetrar nun mundo máxico. Nela podemos ver a frase secreta da nosa xincana da semana do libro: “Mergúllate entre contos para nadar entre soños”

Temos que darlle as grazas ao noso compañeiro Paco por facer do noso soño unha realidade. Moitas horas de traballo que deixan unha biblioteca aberta a imaxinación de cada un de nós.




Un saúdo, A Vaca Pepa

CHARLA ANIMAIS EXTRAORDINARIOS. XULIO GUTIÉRREZ

 ANIMAIS EXTRAORDINARIOS

Tivemos a sorte de ter a visita de Xulio para contarnos cousas extraordinarias relacionadas cos animais e o seu mundo, relacionadas cos seus libros que temos a sorte de poder atopalos na nosa biblioteca.



Texto: Xulio Gutiérrez.

Ilustracións: Nicolás Fernández.

Coordinación: Chema Heras

Colección de seis libros de gran formato. Traducidos a varias linguas (castelán, portugués, italiano, alemán e chinés).

Un saúdo, A Vaca Pepa.

venres, 19 de maio de 2023

ANIMACIÓN Á LECTURA. BENXAMIN ILUSTRADOR.

 Os  alumnos do primeiro ciclo de Ed. Primaria participaron, na mañana do venres 19, dun encontro co ilustrador Benxamín. Esta actividade é promovida pola Editorial Anaya. Con esta visita os rapaces  puideron  coñecer  o proceso de creación dos debuxos dun conto. 

Gracias Benxamín polos teus debuxos e historias!!!


Un saúdo, A Vaca Pepa

xoves, 18 de maio de 2023

EDUCANDO CON MALIBÚ

 Malibú visitou o noso colexio para ensinarlle ós nenos a ser máis responsables, máis solidarios e a ter unha maior sensibilidade e respeto cara os animais.

Coñeceron as responsabilidades que implica un animal e os seus coidados para unha tenencia responsable (identificación, esterilización, acudir regularmente ao veterinario...)

Aprenderon comportamentos cívicos (manter as rúas limpas...)

Coñeceron a problemática do abandono, a realidade das canceiras, a adopción dos animais, a distintas formas de colaborar (ser casa de acollida, voluntario, adoptar...)


Un saúdo, A Vaca Pepa.




mércores, 17 de maio de 2023

NA PROCURA DAS LETRAS PERDIDAS.

 O 16 de maio o alumnado gozou dunha xincana relacionada co Día das Letras Galegas: "Na procura das Letras Perdidas", a cargo de Barafunda Animación e destinada ós colexios da primaria de todo o concello da Pobra do Caramiñal, a partir das 10.00 horas, polas prazas e rúas da localidade.

Actividade proposta polo Concello.

"As letras galegas están en perigo. Unha galerna espallounas por todo o parque e se pasan moito tempo soas, desaparecen! Axúdanos a atopalas?"


Un saúdo, A Vaca Pepa


luns, 15 de maio de 2023

CHARLA CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS.

 Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria tiveron unha charla impartida por compoñentes da DGT para coñecer de primeira man o Proxecto "Camiños Escolares Seguros".

O obxectivo é “recupera-la tradición de camiñar xuntas e xuntos á escola dunha maneira segura.”

Que os nenos e nenas póidanse desprazar de maneira autónoma, apostando por unha mobilidade saudable, sostible e segura. 


Un saúdo, A Vaca Pepa

RECURSOS PARA O DIA DAS LETRAS GALEGAS. AFUNDACIÓN. OBRA SOCIAL ABANCA.

Para homenaxear o Día das Letras Galegas 2023, desde Afundación convídannos a coñecer e participar nas seguintes actividades dixitais. 

Un conto para que visualicen os máis pequen@s e un xogo para participar e comprobar os coñecementos sobre Francisco Fernández del Riego.





Un saúdo, A Vaca Pepa

venres, 12 de maio de 2023

TEÑO UN VOLCÁN DENTRO. MARÍA CANOSA.

Hoxe foi un día moi especial na Pobra do Caramiñal.

A escritora María Canosa recibiu o premio de literatura infantil Carlos Mosteiro. 

Á entrega do premio foi invitado o alumnado de 5° e 6° do CEPP Salustiano Rey Eiras, quen logo de escoitar ás emotivas palabras de Patricia Lijó, concelleira de cultura,  Encarna Pego, representando á Asociación Cultural Barbantia e membro do xurado, Marcos Calveiro, da editorial Galaxia e a propia autora, María Canosa;  recibiron o libro como agasallo do concello da Pobra. 

Grazas por este día!!!!




Un saúdo, A Vaca Pepa

martes, 9 de maio de 2023

VIDA E OBRA DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.

 Nesta entrada atoparedes:

 Un vídeo que nos fala da vida e a obra do autor.

 Un genially onde comprobaremos se coñecemos a Francisco Fernández del Riego.




Un saúdo, A Vaca Pepa

DÍA DAS LETRAS GALEGAS. FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. 1913-2010

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Francisco Fernández del Riego.

Na biblioteca poderedes atopar distintos libros que nos axudarán a coñecer mellor ao autor e a súa obra. Tamén temos un xogo de mesa que nos axudará a coñecer e utilizar máis a lingua galega.

Aquí atoparedes recursos dixitais relacionados coas letras galegas e coa nosa lingua.

Actividade interactiva dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Primaria sobre a biografía e obra do autor.


A ruleta de Francisco Fernández del Riego.



O rodicio de Francisco Fernández del Riego.



O xogo dos birlos.



Xogo de memoria.



O xogo da detective. Trovadores e Xograres.



mércores, 3 de maio de 2023

BIODIVERSIDADE FONTE DE VIDA.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria disfrutou dunha charla moi interesante que lles ofreceron os axentes forestais da Consellería de Montes e Medio Rural.

Puideron coñecer algúns datos interesantes relacionados cos hábitats naturais próximos ao noso centro (Monte da Curota, Dunas de Corrubedo, A praia do Areal, Río Pedras, A xunqueira e Carballeira da Silva). 

Falaron sobre a fauna e a flora propia, a protección e coidado dos hábitats, os efectos da plantación de especies invasoras, o efecto devastador do incendio diste veran no monte da Curota ... E puideron observalo a vista de dron.

Charla moi enriquecedora na que os alumnos gozaron enormemente.



Un saúdo, A Vaca Pepa


NOVIDADES DE MAIO

Durante o mes de maio temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que chegaron a nosa biblioteca.

Se clicas na imaxe poderás velas.


Un saúdo, A Vaca Pepa.