Ademais da exposición que temos na biblioteca tamén podedes consultar máis libros relacionados coas letras galegas na nosa biblioteca dixital E-LBE.2
Un saúdo, A Vaca Pepa
Ademais da exposición que temos na biblioteca tamén podedes consultar máis libros relacionados coas letras galegas na nosa biblioteca dixital E-LBE.2
Un saúdo, A Vaca Pepa
Durante o mes de NOVEMBRO temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que podemos levar a casa.
Se clicas na imaxe poderás velas.
Durante estes días de outubro temos a sorte de atopar na biblioteca da vaca Pepa unha exposición de contos de medo.
Na exposición atoparemos:
- Para os primeiros lectores, libros ilustrados relacionados co Samaín, monstros, bruxas, momias,...e todo tipo de personaxes relacionados co tema do medo.
- Para lectores autónomos e expertos, libros ilustrados, cómics, libros de consulta, libros de narrativa,... e de todo tipo relacionados co medo.
Esperamos que os alumnos/as poidan gozar das numerosas aventuras que poderán descubrir na nosa exposición.
Un saúdo, Vaca Pepa.
Ola a todos/as!
Aquí tedes unhas cancións de Samaín para que movades o esqueleto.
Un saúdo, Vaca Pepa.
Este ano celebramos as letras galegas con diferentes actividades:
Pasamos un bo día celebrando as nosas letras...
Un saúdo, A Vaca Pepa
Hoxe na biblioteca visitounos David Rodríguez, autor e ilustrador do libro "Superavoa". Estivo co alumnado de 1º e 2º de Primaria. E presentounos a unha avoa moi especial.
A avoa Rita garda un segredo. É unha superheroína! Se non fose por ela e os seus superpoderes, o mundo viríase abaixo. Unha feliz homenaxe ás avoas.
Un saúdo, A Vaca Pepa
Como cada ano, o profesorado integrado no Seminario Galán comparte con todo o colectivo docente os seus recursos didácticos das Letras Galegas 2024.
Ademais da cronobiografía ou do álbum de fotos de Luísa Villalta, tamén nos ofrecen materiais para imprimir (carteis, díptico, marcapáxinas, escolma de textos, cuestionarios de preguntas...) e divertidas actividades interactivas (xogos de birlos, de memoria, de robótica etc.).
Actividades interactivas en formato genially sobre a BIOGRAFÍA E OBRA DE LUISA VILLALTA.
O xogo dos Birlos.
O xogo da memoria
Luisa Villalta en Dez preguntas.
As chaves do tempo. Actividade sobre a obra "As chaves do tempo"
O rodicio de Luísa Villalta. Pasapalabra.
O xogo dos dardos.
As portas de Luísa Villalta.
A biografía de Luísa
Que sabes de Luísa Villalta?
Coñeces a Luísa Villalta?
Parabéns e agradecementos a todas as profesoras e os profesores que forman parte do Seminario Galán por contribuír á divulgación da vida e obra da escritora homenaxeada o vindeiro 17 de maio entre o alumnado de infantil e primaria.
Un saúdo, A Vaca Pepa
Durante o mes de marzo temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que podemos levar a casa.
Se clicas na imaxe poderás velas.
Un saúdo, A Vaca Pepa
Tras o éxito e a resposta do alumnado na a actividade do apadriñamento lector, as aulas de 1º e 3º decidiron seguir gozando desta experiencia organizando lecturas conxuntas co seu alumnado na hora de ler para que os seus alumnos poidan seguir gozando do acompañamento lector.
Un saúdo, A Vaca Pepa
O pasaporte lector é unha actividade que se leva facendo durante todo o curso por algúns dos nosos/as alumnos/as e que mostramos a comunidade educativa no mes do libro cunha pequena exposición.
Un saúdo, A Vaca Pepa
Durante o mes de marzo temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que podemos levar a casa.
Se clicas na imaxe poderás velas.
Neste día, os nenos de 1º e 2º tivemos a visita de PACO NOGUEIRAS.
Trouxo a maleta repleta de contos para compartir con nós.
Contamos e cantamos historias de animais, de bechos grandes e pequenos, dos que viven na selva, na casa e ata na escola!
Pasamos momentos marabillosos cheos de historias, cancións e emocións.
Aquí tedes unha pequena mostra desta aventura.
Un saúdo, A Vaca Pepa
Durante o mes de marzo temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que podemos levar a casa.
Se clicas na imaxe poderás velas.
Un saúdo, A Vaca Pepa
Hoxe o alumnado de 4º de Primaria representou ao noso centro no acto conmemorativo a Rosalía de Castro.
O teatro cine Elma converteuse nun fervedoiro músico-literario xa de mañá. Realizouse unha singular homenaxe a Rosalía con poemas cantados e lectura de versos.
Un saúdo, A Vaca Pepa