Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta CÓMIC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CÓMIC. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de novembro de 2024

LECTURAS RECOMENDADAS 10-12 ANOS (E PARA TODO O ANO)

A continuación, presentamos unha lista de libros de narrativa e cómic recomendados para nenos e nenas de 10 a 12 anos, coa finalidade de traballar valores de igualdade, respecto, diversidade e prevención da violencia de xénero no contexto do 25N (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller). 


Lecturas 25N 10-12 anos 


Todos estes títulos son valiosos recursos para fomentar reflexións sobre igualdade e respecto entre nenos e nenas. 

Un saúdo, A Vaca Pepa

LECTURAS RECOMENDADAS 7-9 ANOS PARA O 25N (E PARA TODO O ANO).

A continuación, presentamos unha lista de libros de narrativa e cómic recomendados para nenos e nenas de 7 a 9 anos, coa finalidade de traballar valores de igualdade, respecto, diversidade e prevención da violencia de xénero no contexto do 25N (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller). 

Lecturas 25N 7-9 anos 

Todos estes títulos son valiosos recursos para fomentar reflexións sobre igualdade e respecto entre nenos e nenas. 

Un saúdo, A Vaca Pepa

LECTURAS RECOMENDADAS 3-6 ANOS PARA O 25N (E PARA TODO O ANO)

A continuación, presentamos unha lista de libros de narrativa e cómic recomendados para nenos e nenas de 3 a 6 anos, coa finalidade de traballar valores de igualdade, respecto, diversidade e prevención da violencia de xénero no contexto do 25N (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller). 

Lecturas 25N 3-6 anos 

Todos estes títulos son valiosos recursos para fomentar reflexións sobre igualdade e respecto entre nenos e nenas. 

Un saúdo, A Vaca Pepa

luns, 4 de novembro de 2024

NOVIDADES NOVEMBRO

Durante o mes de NOVEMBRO temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que podemos levar a casa.

Se clicas na imaxe poderás velas.


Un saúdo, A Vaca Pepa


domingo, 20 de outubro de 2024

EXPOSICIÓN DE SAMAÍN

 Durante estes días de outubro temos a sorte de atopar na biblioteca da vaca Pepa unha exposición de contos de medo.

Na exposición atoparemos:

- Para os primeiros lectores, libros ilustrados relacionados co Samaín,  monstros, bruxas,  momias,...e todo tipo de personaxes relacionados co tema do medo.

- Para lectores autónomos e expertos, libros ilustrados, cómics, libros de consulta, libros de narrativa,...  e de todo tipo relacionados co medo.

Esperamos que os alumnos/as poidan gozar das numerosas aventuras que poderán descubrir na nosa exposición.


Un saúdo, Vaca Pepa.


venres, 21 de xuño de 2024

DESPEDIDA E AGRADECEMENTO AOS NOSOS AXUDANTES DE BIBLIOTECA.

No día de hoxe tivemos a despedida e agradecemento aos nosos axudantes, pola súa apreciada colaboración no día a día da nosa biblioteca.

Durante este curso 16 alumnos/as de 6.º foron Axudantes da Biblioteca durante os recreos e en numerosas actividades do centro.

Fixemos varios grupos asumindo as súas tarefas segundo o día que lles correspondía vir á biblioteca.

Fixérono fenomenal e con moita ilusión, por eso entregámoslles un pequeno agasallo a final de curso.




Grazas a todos pola vosa colaboración 🙂

Un saúdo, A Vaca Pepa

xoves, 20 de xuño de 2024

sábado, 1 de xuño de 2024

NOVIDADES XUÑO

Durante o mes de xuño temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que podemos levar a casa.

Se clicas na imaxe poderás velas.


 Un saúdo, A Vaca Pepa

mércores, 1 de maio de 2024

NOVIDADES DE MAIO

Durante o mes de marzo temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que podemos levar a casa.

Se clicas na imaxe poderás velas.


 Un saúdo, A Vaca Pepa

xoves, 25 de abril de 2024

APADRIÑAMENTO LECTOR NA HORA DE LECTURA.

Tras o éxito e a resposta do alumnado na a actividade do apadriñamento lector, as aulas de 1º e 3º decidiron seguir gozando desta experiencia organizando lecturas conxuntas co seu alumnado na hora de ler para que os seus alumnos poidan seguir gozando do acompañamento lector.


Un saúdo, A Vaca Pepa

martes, 23 de abril de 2024

ACTIVIDADES MES DO LIBRO. APADRIÑAMENTO LECTOR.

Hoxe realizamos unha das actividades do mes do libro. 

Os alumnos e alumnas do cole gozaron da compañía e a boa lectura dos seus padriños e madriñas lectoras.

Creouse un ambiente máxico en todas as zonas do patio do cole onde podiamos observar caras de curiosidade, felicidade e goce.

Experiencia moi positiva que seguramente repetiremos. 









Un saúdo, A Vaca Pepa



luns, 22 de abril de 2024

EXPOSICIÓN DO PASAPORTE LECTOR.

O pasaporte lector é unha actividade que se leva facendo durante todo o curso por algúns dos nosos/as alumnos/as e que mostramos a comunidade educativa no mes do libro cunha pequena exposición.



Un saúdo, A Vaca Pepa

venres, 19 de abril de 2024

ACTIVIDADES MES DO LIBRO. ELABORACIÓN DE MINILIBROS

Elaboramos unha serie de minilibros relacionados co cómic, neles puidemos coñecer todos os elementos característicos do cómic, (Bocadillos, onomatopeas, símbolos, liñas de movemento...), continuar a historia dun cómic cunha temática determinada ou inventar o noso propio cómic cunha temática libre.

A verdade, saíron verdadeiras xoias...


Un saúdo, A Vaca Pepa

venres, 12 de abril de 2024

ACTIVIDADES MES DO LIBRO. O MEU CÓMIC FAVORITO

Despois de buscar e atopar os diferentes cómics que temos na biblioteca, elaboramos a ficha do meu cómic favorito onde cada un de nós ilustrou a portada do cómic que máis lle gustou.

 


 Un saúdo, A Vaca Pepa

 

ACTIVIDADES MES DO LIBRO. "HOXE LEMOS CÓMICS"

Este ano na biblioteca temos como lema UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS. Polo que dedicaremos o mes do libro a gozar de actividades relacionadas co cómic.

Esta semana nas nosas sesións de biblioteca coñecimos e recordamos onde están os cómics dos tres niveis lectores (etiqueta vermella, verde e azul). E así puidemos traballar as diferentes temáticas que temos neste tipo de lecturas.


Un saúdo, A Vaca Pepa

martes, 2 de abril de 2024

HORA MÁXICA

Despois dun tempo lendo contos na hora de ler aos meus alumnos, propuxéronme ser eles os protagonistas dese momento máxico. Así que empezamos unha nova aventura que tivo un gran éxito, polo que siguen sendo eles os protagonistas.

Un saúdo, A Vaca Pepa

luns, 1 de abril de 2024

ACTIVIDADES MES DO LIBRO. EXPOSICIÓN DO CÓMIC

Durante o mes do libro teremos unha pequena exposición do cómic composta por libros dos tres niveis lectores. Só é unha pequena selección, queremos que o alumnado saiba buscar nos andeis da nosa biblioteca para coñecer a localización deste tipo de fondos.



A exposición serviranos para: 
  • Reforzar actividades sobre cómic ou banda deseñada.
  • Estimular a lectura de cómics entre os membros da comunidade educativa. 
  • Dar pé a unha exposición de cómics e novelas gráficas, de distintos estilos.
  • Converter a banda deseñada nun xénero protagonista durante unha tempada.
Un saúdo, A Vaca Pepa


NOVIDADES DE ABRIL

Durante o mes de marzo temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que podemos levar a casa.

Se clicas na imaxe poderás velas.


 UN saúdo, A Vaca Pepa