Buscar neste blog
sábado, 25 de novembro de 2023
CANTEMOS SEN MEDO. 25N
martes, 21 de novembro de 2023
EXPOSICIÓN BANDA DESEÑADA. 21/11- 1/12
Este ano queremos poñer o foco en todas as posibilidades que á banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular.
Durante estas semanas teremos na nosa biblioteca unha exposición de Banda Deseñada grazas á Maleta que nos proporciona bibliotecas escolares.
A presenza da Maleta na biblioteca do centro serviranos para:
- Reforzar actividades sobre cómic ou banda deseñada.
- Estimular a lectura de cómics de calidade entre os membros da comunidade educativa.
- Dar pé a unha exposición de cómics e novelas gráficas, de distintos estilos.
- Converter a banda deseñada nun xénero protagonista durante unha tempada.
- Solicitar á biblioteca aqueles fondos que lles interesen despois de gozar da exposición.
venres, 17 de novembro de 2023
EXPOSICIÓN POLA IGUALDADE.
Durante esta semana atoparedes na biblioteca unha pequena exposición pola igualdade onde poderedes atopar algúns libros que tratan diversos temas:
- O respecto aos demáis.
- Libros sobre a igualdade de xénero.
- A figura da muller en diferentes ámbitos.
Animámosvos a que visitedes a biblioteca e aproveitedes estes recursos para aprender a respectar cos libros.
Na plataforma ELBE atoparedes algúns libros para traballar o tema da violencia de xénero, o respecto entre iguas, contos para entender o mundo ...
Un saúdo, Vaca Pepa.
25 N. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.
Desde a Biblioteca queremos compartir convosco unha serie de contos para traballar nesta data, 25 N. Esperamos que vos sexan de utilidade aínda que o traballedes outro día diferente ao 25 N xa que a coeducación e o bo trato son tarefas para todos os días do ano.
Hai sen dúbida moitos contos máis para abordar este tema, nós poñémosvos unha pequena selección. Algúns están na biblioteca e os que non están chegarán pronto.
luns, 13 de novembro de 2023
VENRES CREATIVO
Os venres no recreo teremos unhas actuacións moi especiais. Vós sodes os verdadeiros protagonistas.
Os venres á hora do recreo podedes ensinarlles aos vosos compañeiros/as os vosos talentos, que sabemos que tedes...
Podedes mostrarnos distintas habilidades: experimentos, trucos de maxia, contacontos, talleres de debuxo, música, lettering,...
Estamos a esperarvos...
Se queredes participar, só tedes que achegarvos pola biblioteca á hora do recreo e falar cos encargados para que xestionen a vosa solicitude.
Ánimo e empeza a función.
Un saúdo, A Vaca Pepa
venres, 10 de novembro de 2023
FELIZ DÍA MUNDIAL DA CIENCIA!
Desde os misterios do espazo ata as marabillas da bioloxía, hai un mundo de descubrimentos agardándoche.
Lista/o para alimentar a túa curiosidade? Fai clic e mergúllate no carrusel da ciencia en E-LBE.2
Un saúdo, A Vaca Pepa
martes, 7 de novembro de 2023
OBRADOIRO DE MICOLOXÍA. AMABUL
Os rapaces do cole desfrutaron dun obradoiro de micoloxía a cargo da asociación AMABUL, para aprender que estes seres vivos cumpren unha función nos ecosistemas imprescindible, independentemente de se poden comerse ou non.
Un saúdo, A Vaca Pepa
venres, 3 de novembro de 2023
PASAPORTE LECTOR
Este ano traballaremos co noso alumnado o Pasaporte Lector.
mércores, 1 de novembro de 2023
A HORA MÁXICA. NOVEMBRO
Despois dun tempo lendo contos na hora de ler aos meus alumnos, propuxéronme ser eles os protagonistas dese momento máxico. Así que empezamos unha nova aventura.
Esperamos que os guste tanto como a nós.
Un saúdo, A Vaca Pepa
NOVIDADES NOVEMBRO
Xa están aquí as novidades de novembro, os novos libros que podemos levar a casa.
Xa podes pasar polas zonas de empréstito e disfrutar das novas lecturas.
Un saúdo, A Vaca Pepa