Aquí tedes algúns dos libros que poderedes atopar durante estas semanas na exposición da nosa Biblioteca.
Esperamos que vos sexan de gran utilidade.
Lembrar que todos os libros expostos poden ser prestados en calquera momento.
Un saúdo, A Vaca Pepa.
Aquí tedes algúns dos libros que poderedes atopar durante estas semanas na exposición da nosa Biblioteca.
Esperamos que vos sexan de gran utilidade.
Lembrar que todos os libros expostos poden ser prestados en calquera momento.
Un saúdo, A Vaca Pepa.
Escritoras, científicas, actrices, políticas ou aviadoras, entre outras profesións.
Son moitas as mulleres que cambiaron a historia no tempo que lles tocou vivir e que desempeñaron un papel fundamental no desenvolvemento dos acontecementos.
Grandes revolucionarias que, día a día, romperon co establecido en cada un dos seus campos e, tamén, na sociedade.
Mulleres valentes que abriron o camiño a tantas outras que, na súa loita pola igualdade, fixeron do mundo un lugar máis xusto.
Un saúdo, A Vaca Pepa.
O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día adicado á loita pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade.
Aquí tedes un Escape room (@guille_buedo):
Oh, oh... Algo foi mal... A personaxe quedou atrapada nun espazo temporal... Deberedes viaxar a todos os lugares que aparecen na máquina do tempo se queredes volver a casa...
Un saúdo, A Vaca Pepa
Aquí tedes diferentes "pasapalabras" para os diferentes cursos ou niveis. Quen consegue realizar o rosco completo?
Con motivo da conmemoración do 8M, Día Internacional das Mulleres, desde o cole imos realizar unha actividade para que reflexionemos sobre o tempo que as mulleres lle adican diaria e semanalmente ó traballo remunerado e ó traballo de coidados, incluído o dunha mesma.
A actividade é voluntaria e anónima e está dividida en varias partes:
O alumnado de segundo está a coñecer diferentes animais coas súas características, as súas peculiaridades, costumes...
Empezan a buscar a información de diferentes temas e son capaces de elixir as ideas máis importantes para despois contarlles aos seus compañeiros todo aquilo que lles chamou a atención ou que lles gustou do seu animal.
A verdade, que non deixan de sorprendernos do rápido que aprenden e do curiosos que son.
Hoxe o alumnado de 4º de Primaria representou ao noso centro no acto conmemorativo a Rosalía de Castro.
O teatro cine Elma converteuse nun fervedoiro músico-literario xa de mañá. Realizouse unha singular homenaxe a Rosalía con poemas cantados e lectura de versos.
Un saúdo, A Vaca Pepa
A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller: a verdadeira Rosalía.
Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureria ou fada. Rosalía pequeniña para cantar, para rir, para gozar ou bailar. Rosalía de Castro. Na voz de Uxía.
Un saúdo, A Vaca Pepa
O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, facendo así unha homenaxe á nosa escritora galega máis universal.
Acordarvos que o Día de Rosalía pasou a celebrarse o 23 de febreiro e non o 24, tras o descubrimento por parte da investigadora Sagrario Abelleira da data de nacemento da autora.
Aquí tedes uns vídeos que falan sobre a nosa escritora.
Un saúdo, A Vaca Pepa
A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal coa
colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña organiza catro funcións
na súa mostra de teatro escolar.
Este ciclo desenvolverase nas dúas últimas semanas de febreiro, no teatro cine Elma, ás 12.00 horas.
Talía Teatro desprazarase á localidade no martes 20 con
Lambetadas. (alumnado de 3º de Primaria)
Trátase dun espectáculo que ten como obxectivo a concienciación e valorización da lingua propia como elemento fundamental da identidade individual e colectiva na sociedade galega actual. Mediante o xogo escénico e o humor, as persoas protagonistas pasarán por situacións cómicas que as levarán a encarnar múltiples personaxes con diferentes oficios e disciplinas, pero descubrirán que a identidade está na propia lingua porque con ela se poden saborea-las lambetadas máis doces e variadas.
No xoves 22 será a quenda de As palabras perdidas, con
Inventi Teatro. (alumnado de 1º e 2º de Primaria)
A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiras/os que chegan dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narra-lo seu relato preferido, pero, ao abri-lo libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes que fuxiron da historia, borradas por falta de uso, e unicamente retomando a súa utilización volverán ao texto.
E Producciones GCB levará ás táboas A dobraxe dos dibus, no xoves 29. (alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria)
Espectáculo onde os protagonistas son os nenos e nenas.
Dentro do show, haberá momentos de interpretación de personaxes de debuxos moi
coñecidos do mundo infantil a cargo dos nenos e nenas que acudan ao espectáculo. Diversión e
aprendizaxe é a principal experiencia que se vai levar o público, onde o alumnado
poñera as súas voces aos personaxes.
Un saúdo, A Vaca Pepa
Temos unha pequena exposición na biblioteca sobre Rosalía de Castro. Esperamos que gocedes da súa lectura.
As curtametraxes, pola súa duración, móstranse perfectamente adaptadas para o seu uso no ámbito educativo. É unha ferramenta importante que nos permite introducir e tratar temas educativos e valores.
Preséntanse como unha ferramenta de motivación, evitando un tempo excesivo de concentración do alumnado, facilitando a súa comprensión e centrando os temas.
Historias sinxelas pero contadas con moita mestría, que apostan por personaxes que nos convidan á reflexión, e axúdannos a comprender un pouco mellor os reviravoltas da alma humana.
Un saúdo. A Vaca pepa
Unha das limitacións para que máis nenas queiran seguir unha carreira científica é a falta de referentes femininos nestes campos. Co obxectivo de acabar con este hándicap, o Museo de Ciencias Universidade de Navarra presenta o proxecto “A muller na ciencia”: unha serie de animación que narra, a través de pequenos vídeos e nun ton divulgativo, a biografía de científicas relevantes no seu campo pero que resultan descoñecidas para o público xeral.
De momento, as protagonistas destas historias son a microbióloga Alice Catherine Evans (1881-1975), a enfermeira e estatística Florence Nightingale (1820-1910), a bióloga e divulgadora Rachel Louise Carson (1907-1964), a astrónoma Cecilia Payne-Gaposchkin (1900-1979), Margarita Salas (1938-2019), June Almeida (1930-2007), Isabel Morgan (1911-1996), Ada Lovelace (1815-1852), Gerty Cori (1896-1957), Maria Mitchell (1818-1889), Mary Anning (1799-1847), Ada Yonath (1939), Lynn Margulis (1938-2011), Janaki Ammal (1897-1984), Sofia Kovalevskaya (1850-1891)…
Un saúdo, A Vaca Pepa
O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia en recoñecemento ao papel crave que desempeñan as mulleres na comunidade científica e a tecnoloxía.
Aquí tedes dous "genially" para traballar esta data.
Presentación con datos, información e un vídeo moi chulo sobre esta data.
Xogo interactivo para trabajar "mulleres científicas actuais"
Un saúdo, A Vaca Pepa.
Hoxe temos unha gran festa de entroido!
Serás capaz de adiviñar de que van disfrazados os nosos invitados?
Un saúdo, Vaca Pepa.
Aquí tedes un "pasapalabra" para comprobar canto sabemos do noso Entroido Galego.
Genially elaborado polo Ceip Emilia Pardo Bazán da Coruña. Este material tamén está publicado no Portal da Lingua Galega, das SXPL da Xunta de Galicia.
Un saúdo, A Vaca Pepa.
O entroido é unha das festas máis tradicionais da nosa comunidade, con múltiples variantes segundo o lugar. E é tamén unha das preferidas polos máis novos, de aí a facilidade para aproveitar este interese e traballar múltiples aspectos formativos: historia, xeografía, tradición, valores, música, gastronomía, plástica…
CLICA NA IMAXE.
UNIDADE DIDÁCTICA.
Descarga a unidade didáctica sobre o Entroido para coñecer a orixe desta celebración e a súa evolución en cada zona ata os nosos días.
É tempo de Entroido, de festa, de máscaras, de filloas e de cocido.
Na biblioteca poderedes atopar unha pequena exposición cos libros que falan destas datas.
Un saúdo, A Vaca Pepa
Durante o mes de febreiro temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que podemos levar a casa.
Se clicas na imaxe poderás velas.