ECO-RETO 3: NADAL SOSTIBLE
PROXECTO QUE IMPLICA A TODA ACOMUNIDADE EDUCATIVA.
Co propósito de ter un Nadal máis sostible propóñennos desde o Equipo de Medio Ambiente que para o RETO 3 os nenos traian da casa un borrador dalgunha receita que fagan durante o Nadal aproveitando as sobras que quedan das ceas ou comidas.
Á volta de Nadal, con esas receitas faremos despois un recetario.
As plantillas para escribilas entregarávolas o Equipo de Medio Ambiente Á VOLTA DE NADAL, para poder facelas cos vosos titores e decoralas nas clases de Art.
Teredes que FACER a receita EN GALEGO e por último decoralas con trociños de papel de regalo (xa sabedes, podemos darlle outra vida as cousas 😜)
Coma sempre esta será unha actividade voluntaria.
Tamén desde o Equipo de Medio Ambiente achégannos uns consellos para un Nadal Ecolóxico e polo tanto máis sostible.
Animádevos a conseguir o noso Nadal Ecolóxico!
A Vaca Pepa.