Os nenos e nenas de 5º B estiveron na biblioteca compartindo cos seus compañeiros e compañeiras os microrrelatos que crearon durante estes días.
Un saúdo, A Vaca Pepa
Os nenos e nenas de 5º B estiveron na biblioteca compartindo cos seus compañeiros e compañeiras os microrrelatos que crearon durante estes días.
Un saúdo, A Vaca Pepa
Lembrar que ao longo desta semana poderemos gozar na biblioteca durante os recreos do visionado de diferentes contos ou curtas relacionadas co Samaín.
Ola a todos!
A nosa compañeira Silvia comparte con nós o seguinte recurso para traballar os microrrelatos de medo nas nosas aulas.
Atención a todos!
Samaín está en perigo, e necesitamos a túa axuda para salvar a festa.
Axudanos a resolver enigmas, pistas e misterios máxicos.
Atopa doces máxicos perdidos, recupera a cabaza da luz, descobre obxectos máxicos ocultos por trasgos travesos.
Mergúllate no mundo máxico do Samaín e goza dunha experiencia única!
Un saúdo, A Vaca Pepa
O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal organiza as Xornadas dedicadas a este escritor. Dentro da súa programación tivo en conta ofrecer aos centros de educación primaria de A Pobra do Caramiñal unha peza teatral, "A Cabeza do Dragón".
O día 26 de outubro a compañía de títeres Cachirulo estivo no cine Elma representando esta divertida farsa romántica.
Un saúdo, A Vaca Pepa
Desde E-LBE.2, Lectura dixital para as bibliotecas escolares, ofrécennos unha proposta de lecturas relacionadas coa Biblioteca e a lectura.
A plataforma de préstamo dixital E-LBE.2 procura ampliar as experiencias lectoras da comunidade educativa a través da lectura dixital e as posibilidades que ofrece para a mellora da competencia lectora e dos hábitos de lectura entre os máis novos.
Un saúdo, A Vaca Pepa
Despois dun tempo lendo contos na hora de ler aos meus alumnos, propuxéronme ser eles os protagonistas dese momento máxico. Así que empezamos unha nova aventura.
Esperamos que os guste tanto como a nós.
Un saúdo, A Vaca Pepa
O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Ese mesmo día é tamén o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR, por ser esta unha biblioteca esencial xa que por ela pasa toda a poboación escolar dun país.
Este ano nós celebramos este día cun contacontos moi especial. Virá visitarnos "Troskita" acompañada do seu amigo "contacontiños". Falaranos do valor da biblioteca, lembraranos as normas para un bo uso da mesma e mostraranos a maxia dos libros.... seguro que temos algunha sorpresa máis.
Esperamos que gocedes desta actividade.
Un saúdo, A Vaca Pepa
Aquí tedes unha serie de actividades variadas para traballar durante o tempo de Samaín na nosa biblioteca.
Esperamos que vos gusten.
Nunha pequena BIBLIOTECA dunha vila chamada BANDASECA, algo estraño está a suceder...
O LIBRO dos FEITIZOS MÁXICOS que mantiña o equilibrio na vila desapareceu.
Para recuperalo, deberemos embarcarnos nunha emocionante viaxe no que nos enfrontaremos a diferentes desafíos cheos de misterio e maxia.
Cada reto levaranos un paso máis preto de resolver o misterio e salvar á vila de Bandaseca.
Un saúdo, A Vaca Pepa
Durante este tempo de Samaín gozaremos dos contos de medo dunha maneira diferente. Cada clase poderá visionar diferentes contos narrados nas diferentes linguas do centro (galego, castelán e inglés).
Gozaremos do noso cinema de medo en compañía dos nosos compañeiros de clase e tamén nos recreos.
O cinema dos recreos será nas seguintes datas: 30 e 31 de outubro, 2 e 3 de novembro.
Esperamos que vos gusten.
Neste Genially poderedes atopar todos os recursos.
Durante este mes de outubro temos a sorte de atopar na biblioteca da vaca Pepa unha exposición de contos de medo.
Na exposición atoparemos:
- Para os primeiros lectores, libros ilustrados relacionados co Samaín, monstros, bruxas, momias,...e todo tipo de personaxes relacionados co tema do medo.
- Para lectores autónomos, libros ilustrados, cómics, libros de consulta, libros de narrativa,... e de todo tipo relacionados co medo.
- Para lectores expertos, libros ilustrados, cómics, libros de consulta de conxuros, pócemas, libros de narrativa,... e de todo tipo relacionados co medo.
Esperamos que os alumnos/as poidan gozar das numerosas aventuras que poderán descubrir na nosa exposición.
Un saúdo, Vaca Pepa.
Ola a todos/as!
Aquí tedes unhas cancións de Samaín para que movades o esqueleto.
Un saúdo, Vaca Pepa.
Neste xogo terás que demostrar todos os coñecementos que tes sobre o SAMAÍN
<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1200px" height="675px" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/616f177ec5e65e0dea848ecd" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>SAMAÍN SCAPE ROOM
Queres facer BRUXERÍA???
Realiza este escape room para conseguir todos os obxectos necesarios.
Neste Samaín tes que axudar á Vaca Pepa nunha tenebrosa aventura.
O malvado bruxo Bandaseco encerrou aos compañeiros que estaban na biblioteca!
Ao bruxo non lle gustan os libros, pero tampouco quere que os nenos/as do noso colexio gocen da lectura e coñezan miles de aventuras que podemos atopar nos nosos libros.
Quere converter o noso colexio nun auténtico escenario digno de Samaín... ESCURO E SOMBRÍO
Temos que axudar á Vaca Pepa e aos nosos compañeiros.
Ánimo!
Nós xuntos podemos!
Ola a todos/as!
Temos este recurso "QUE É A CDU?" elaborado por unha das nosas compañeiras, para que os axudantes e algúns dos nosos usuarios coñezan un pouquiño máis a nosa biblioteca. Esperamos que vos guste.
(Clica na imaxe)
Un saúdo, Vaca Pepa.
Ola a todos/as!
Presentámosvos este genially para que poidades coñecer ou lembrar as normas da biblioteca e o seu funcionamento.
Aquí tedes a información para este novo curso 23/24.
Un saúdo, A Vaca Pepa
Xa están aquí os novos libros que podemos levar a casa.
Xa podes pasar polas zonas de empréstito e disfrutar das novas lecturas.
Un saúdo, A Vaca Pepa