Buscar neste blog

martes, 29 de novembro de 2022

OBRADOIROS DE IGUALDADE. 5º E 6º DE PRIMARIA.

O 25 e 29 de novembro o alumnado de 5º e 6º de primaria puideron gozar duns obradoiros de igualdade na Casa da Mocidade na aula FAB-LAB, organizados polo Concello da Pobra. 

Foron uns obradoiros ARTÍSTICO-DIXITAIS onde os alumnos puideron crear/deseñar un llavero en 3D, ademais de realizar unha serie de actividades relacionadas co 25N. Tamén puideron gozar de TROSKITA, nosa contacontos preferida.



Un saúdo, Vaca Pepa.


venres, 25 de novembro de 2022

HAI ALGO MÁIS ABURRIDO QUE SER UNHA PRINCESA ROSA?

 Carlota era unha princesa rosa. Co seu vestido rosa, o seu armario cheo de roupa rosa. Pero Carlota estaba cansada do rosa e de ser unha princesa. Quería vestirse de vermello, verde ou morado… non quería bicar ras para ver se eran príncipes azuis. Ela non quería príncipes encantadores. Carlota sempre se preguntou por que non había princesas que surcaban os mares en busca de aventuras. Ou princesas que rescataron príncipes das garras dun lobo feroz. Ou princesas que cazaban dragones ou voaban en globo.

Os alumnos de 2º traballaron con motivo do 25 N o conto Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?

Gustoulles moitísimo e decidiron crear as súas princesas e príncipes favoritos...Aqueles que podían ser o que eles quixeran.


Un saúdo, Vaca Pepa.

luns, 21 de novembro de 2022

NICOMEDES. EL PELÓN. KALANDRAKA.

“Nicomedes o pelón” é unha historia breve e orixinal, humorística e surrealista.  

A historia deste simpático calvo adquire entidade propia, cunhas ilustracións moi expresivas e cheas de colorido, para contarnos que case ningún problema -nin sequera a inevitable caída do pelo- é tan importante como para non atopar unha saída máis vantaxosa e facer dun relativo ‘defecto’ unha gran virtude.

Os nosos axudantes de biblioteca teñen unhas ganas tremendas de contarlles contos aos máis peques. Alessia, Daniela, Iria, Laura e Elena contáronlles aos nenos/as de primeiro o conto de Nicomedes. Unha bonita aventura para grandes e pequenos....

Os pequenos fixeron o seu propio Nicomedes.


Un saúdo, Vaca Pepa.

venres, 18 de novembro de 2022

ECOBANDASEQUEIROS POLO BARBANZA. RETO 2

 “A ARTE TEXTIL DA REUTILIZACIÓN E A RECICLAXE”

Dende 20-11-2022 ao 18-12-2022

PROXECTO QUE IMPLICA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.



Temos que darlle outro uso a algunha prenda de roupa que xa non usen ( ex: neceser con pantalón vaqueiro, bolsa para levar cousas con camisetas de tiras, Facer uns quentadores con medias vellas, manoplas de baño para enxabonarse con toallas vellas, trapos para limpar o po con calcetíns, facer un monedeiro con calcetín de bebé…).

Con estes obxectos farase un mercadillo solidario e cos cartos que se recauden donarase á  asociación para o coidado de animais “ A MOURA”.

ENLACES PARA SACAR IDEAS DE RECICLAXE DE ROUPA:

No la tires: once cosas para hacer con tu ropa vieja

En estado crudo

Ideas para reciclar y reutilizar ropa vieja 

19 Ideas creativas para calcetines viejos

Animádevos a reutilización e a reciclaxe. Xuntos podemos!

 Un saúdo, Vaca Pepa

xoves, 17 de novembro de 2022

25N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Desde a Biblioteca queremos compartir convosco unha serie de contos para traballar nesta data, 25 N. Esperamos que vos sexan de utilidade aínda que o traballedes outro día diferente ao 25 N xa que a  coeducación e o bo trato son tarefas para todos os días do ano.




Hai sen dúbida moitos contos máis para abordar este tema, nós poñémosvos unha pequena selección. Algúns están na biblioteca e os que non están chegarán pronto.


Un saúdo, A Vaca  Pepa


EXPOSICIÓN POLA IGUALDADE.

 Durante estas semanas atoparedes na biblioteca unha exposición pola igualdade onde poderedes atopar algúns libros que tratan diversos temas:

- O respecto aos demáis.

- Libros sobre a igualdade de xénero.

- A figura da muller en diferentes ámbitos.

Animámosvos a que visitedes a biblioteca e aproveitedes estes recursos para aprender a respectar cos libros.


Na plataforma ELBE  atoparedes algúns libros para traballar o tema da violencia de xénero, o respecto entre iguas, contos para entender o mundo ...

Un saúdo, Vaca Pepa.

NOVIDADES MES DE NOVEMBRO.

 Temos na biblioteca unha pequena exposición dos novos libros que podemos levar a casa.

Se clicas na imaxe poderás velos.


Un saúdo, Vaca Pepa.


luns, 7 de novembro de 2022

CHARLA SOBRE O VIDRIO. SEPARACIÓN DE RESÍDUOS NO COLE.

Hoxe tivemos unha charla moi interesante na Biblioteca: "Separación de resíduos no cole".  Charla formativa sobre a correcta xestión dos residuos dirixida ao noso alumnado.

Preténdese así concienciar dende idades temperás sobre a importancia da separación na orixe e como facer unha óptima reciclaxe: que depositar no contedor xenérico, no de envases lixeiros, no de papel e cartón, e no de vidro.

Estes coloquios impartiunos persoal especializado de Ventos Estudos Ambientais, coa colaboración da Urbaser. Organizado pola concelleria do Medio Ambiente do Concello da Pobra.

Moi relacionado co proxecto de medio ambiente que temos este ano e co reto deste mes: "As raíces do vidro". Xa sabedes que neste curso escolar queremos traballar co noso alumnado e as familias nun consumo responsable, sostible e respectuoso co medio ambiente.


Un saúdo, Vaca Pepa.