Buscar neste blog

domingo, 4 de febreiro de 2018

DÍA DA PAZ. PEACE DAY

ALL YOU NEED IS LOVE!!!


Durante o mes de xaneiro, os nenos e nenas do CEP Salustiano Rey Eiras traballaron A Paz, preparando este video. Na clase de ART, Seccións Bilingües, pintaron unha camiseta usando unha obra do artista Keith Haring, ensaiaron a canción "All you need is LOVE" na clase de inglés, e por último cantamos todos xuntos no pavillón do centro o día 30 de xaneiro. Queremos compartir a ledicia que este día reinou no CEP Salustiano Rey Eiras. 
E xa sabedes, "ALL YOU NEED IS LOVE!!!"

venres, 2 de febreiro de 2018

LIBROS PARA A PAZ






DÍA DA CANDELORIA, 2 DE FEBREIRO

Hoxe na biblioteca da Vaca Pepa os nenos e nenas de 1º e 2º celebraron o Día da Candeloria.
Esta data é moi importante, xa que din que é o día que se casan os paxariños.
Os nenos e nenas fixeron un xogo con cadanseu paxariño para atoparlles a parella máis axeitada.
Se premes na foto verás como o fixeron e que ben o pasaron!!!

21 DÍAS EN GALEGO. PASAGALEGO