Ola a todos/as!
Temos este recurso "QUE É A CDU?" elaborado por unha das nosas compañeiras, para que os axudantes e algúns dos nosos usuarios coñezan un pouquiño máis a nosa biblioteca. Esperamos que vos guste.
(Clica na imaxe)
Un saúdo, Vaca Pepa.
Ola a todos/as!
Temos este recurso "QUE É A CDU?" elaborado por unha das nosas compañeiras, para que os axudantes e algúns dos nosos usuarios coñezan un pouquiño máis a nosa biblioteca. Esperamos que vos guste.
(Clica na imaxe)
Un saúdo, Vaca Pepa.
Ola a todos/as!
Presentámosvos este genially para que poidades coñecer ou lembrar as normas da biblioteca e o seu funcionamento.
Aquí tedes a información para este novo curso 23/24.
Un saúdo, A Vaca Pepa
Xa están aquí os novos libros que podemos levar a casa.
Xa podes pasar polas zonas de empréstito e disfrutar das novas lecturas.
Un saúdo, A Vaca Pepa
O día 21 de setembro, Día Mundial do Alzheimer, tivemos unha actividade xunto cos nosos maiores dos Centros de Día de Rois, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal.
Os nenos e nenas de 6º de primaria do CEPP Salustiano Rey Eiras acompañamos aos nosos maiores nunha pequena andaina. Queriamos darlles o noso apoio e o noso agarimo.
Unha maneira diferente de traballar o Día Mundial do Alzheimer.
Desde a biblioteca queremos achegar diferentes contos que nos axuden a entender esta enfermidade, sobre a perda de memoria, o que conleva e como podemos axudar.
Un saúdo, Vaca Pepa.
Nestas semanas teremos aos alumnos/as de sexto realizando unha formación para poder ser os nosos axudantes durante este curso.
Estos alumnos/as traballarán voluntariamente na biblioteca na hora dos recreos.
QUE FAN OS AXUDANTES DA BIBLIOTECA?
E ademais este ano algúns deles están dispostos a contarlles contos aos nenos/as máis pequenos.
Como vedes...son uns campións!
Un saúdo, Vaca Pepa