Buscar neste blog

xoves, 25 de maio de 2017

Eu coido da miña mascota


EXPOSICIÓN DE TRABALLOS REALIZADOS POLOS ALUMNOS DO COLEXIO NA CASA DE CULTURA RAQUEL SOLER. 
Preme na fotografía e atoparás moitas máis!!!

https://drive.google.com/drive/folders/0B-45qP1GoLiUWEdsakV4cEtwU0U?usp=sharing

FOMOS NOTICIA!!!
CONSULTA AQUÍ OS ARTIGOS DA PRENSA


CARTEIS  FEITOS POLOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5ºA

ADOPTA!

mércores, 8 de febreiro de 2017

XA ESTÁ AQUÍ A MALETA VIAXEIRA DE CIENCIAS!!!












🌐A vaca Pepa acaba de arribar na biblioteca coa súa chalana cargadiña de libros. 

Esta vez trouxo libros sobre animais, prantas, o universo e moitas cousas máis.

Tamén atoparás libros sobre científicos e os seus descubrimentos.🌐Poderás visitar a exposición no recreo, na hora de biblioteca co teu titor ou titora e cos teus familiares polas tardes. de martes a venres, de 15:50 a 17:50.🌐ENTRA NO MUNDO DA CIENCIA E DESCUBRE AS RESPOSTAS A ESAS PREGUNTAS QUE SEMPRE TE FIXECHES!!!

VENRES DE CINEMA. PRÓXIMAMENTE...

xoves, 2 de febreiro de 2017

CONTACONTOS CON PACO NOGUEIRAS EN BANDASECA!!!

Os nenos e nenas de primeiro curso terán un  contacontos con moito ritmo e moita marcha. Trátase do artista Paco Nogueiras, que virá coa súa guitarra a contar e cantar contos como Míster Magnolia, Unha última carta ou A árbore da escola, todos eles publicados pola Editorial Kalandraka.
Esperamos que o pasedes moi ben!!!