Buscar neste blog

martes, 14 de marzo de 2023

AS PAISAXES DO BARBANZA

Os nenos/as do cole fixeron un traballo sobre as paisaxes do Barbanza.

Cada nivel creou unha cesta con obxectos, imaxes, audios, vídeos ... típicos do lugar que lles tocou traballar. 

As súas paisaxes foron: 

  • 1º.- A Xunqueira 
  • 2º.- A Carballeira 
  • 3º.- As dunas de Corrubedo 
  • 4º.- A praia do Areal 
  • 5º.- O monte da Curota 
  • 6º.- O río Pedras 

Todo o material que vén nas cestas está correctamente explicado en distintos formatos (imaxes, textos, folletos informativos ...).

Para poder gozar deste traballo preparouse unha exposición na Biblioteca e así os diferentes cursos puideron ir coñecer outras paisaxes da contorna.


Un saúdo, A Vaca Pepa

domingo, 12 de marzo de 2023

ECOBANDASEQUEIROS POLO BARBANZA. RETO 6

 RETO 6: " A MIÑA PEGADA ECOLÓXICA"   

O reto deste mes consiste en reducir o consumo de auga deixando unha pegada ecolóxica . Para conseguilo teremos que plantar unha planta por cada nivel ou curso. 

Queremos plantar plantas aromáticas, pero queda a vosa elección. 

Podedes escoller outro tipo de  planta que teña máis sentido ou funcionalidade para o voso alumnado.

Para coidar a planta ata que vos medre, teredes que utilizar auga da chuvia (deste xeito contribuímos coa "pegada hídrica") que podedes coller nos bidóns azuis que están a carón do invernadoiro.

Unha vez xerminadas, trasplantaranse nalgún lugar do recinto escolar.

APROVEITADE QUE CHEGA A PRIMAVERA PARA PLANTAR!!!



Un saúdo, A Vaca Pepa.


mércores, 8 de marzo de 2023

8 DE MARZO 2023. XAN DE ROSALÍA DE CASTRO.

O alumnado de valores de 4º do CEPP Salustiano Rey Eiras interpretan o poema "Xan" de Rosalía de Castro (Follas novas, 1880) musicado por Uxía.

Este poema de Rosalía xoga cos roles de xénero e parece alleo ao paso do tempo porque pode reflectir a realidade actual.

Pese aos avances no feminismo e na igualdade entre homes e mulleres, a realidade é que "a maioría das mulleres son as que asumen a diario as mil tarefas relacionadas cos coidados: facer a compra, recoller as/os nenas/os na escola, planifican a semana, están pendentes dos avós e avoas e teñen que tamén  ir a traballar".

Cada individuo, entidade ou organización ten a posibilidade de cambiar ideas e formas de actuar, pero antes é necesario visibilizalo e darse conta. 

A educación pode ser unha das mellores ferramentas para conseguir a igualdade!



Grazas compañeira Silvia por ensinarnos sempre cosas tan fermosas!

Un saúdo, A Vaca Pepa.


luns, 6 de marzo de 2023

MULLERES QUE FIXERON HISTORIA.

Escritoras, científicas, actrices, políticas ou aviadoras, entre outras profesións. 

Son moitas as mulleres que cambiaron a historia no tempo que lles tocou vivir e que desempeñaron un papel fundamental no desenvolvemento dos acontecementos. 

Grandes revolucionarias que, día a día, romperon co establecido en cada un dos seus campos e, tamén, na sociedade. 

Mulleres valentes que abriron o camiño a tantas outras que, na súa loita pola igualdade, fixeron do mundo un lugar máis xusto.


Un saúdo, A Vaca Pepa.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. 8 DE MARZO

 O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día adicado á loita pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade.

Aquí tedes un Escape room (@guille_buedo): 

Oh, oh... Algo foi mal... A personaxe quedou atrapada nun espazo temporal... Deberedes viaxar a todos os lugares que aparecen na máquina do tempo se queredes volver a casa...

Un saúdo, A Vaca Pepa

PASAPALABRA. DIA INTERNACIONAL DA MULLER.

 Aquí tedes diferentes "pasapalabras" para os primeiros cursos. Quen consegue realizar o rosco completo?




venres, 3 de marzo de 2023

A NATUREZA EN ROSALÍA

Relacionado co proxecto do centro: Coidado do medio ambiente os nenos construíron coa técnica de papiroflexia árbores de diferentes cores. 

Logo, escribiron en cada árbore un verso ou un poema de Rosalía que trataba sobre o tema ambiental, a paisaxe, a natureza, os ríos, as plantas, os animais,...

Entre todos construímos un mural colorido coas árbores e os versos de Rosalía.


Un saúdo, A Vaca Pepa