Buscar neste blog

martes, 19 de novembro de 2019

25N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Desde a Biblioteca queremos compartir convosco unha serie de contos para traballar nesta data, 25 N. Esperamos que vos sexan de utilidade aínda que o traballedes outro día diferente ao 25 N xa que a  coeducación e o bo trato son tarefas para todos os días do ano.
                                 
                                UNA FELIZ CATÁSTROFE
Adela Turín

Resultado de imagen de una feliz catástrofe

Antes da catástrofe na casa da familia Rato, a mamá coidaba da casa e os nenos e o señor Rato ía traballar e logo chegaba a casa e sentaba ata a hora da cea... pero algo inesperado ocorreu e CAMBIOU TODO!

Podedes ver o conto animado seguindo esta ligazón.


EL MALTRATO SUTIL.

Este vídeo concentra de maneira sinxela un dos maiores velenos da nosa sociedade: impoñer determinados canons de beleza á muller...


LA MITAD DE JUAN
(Gemma Liena y África Fanlos. La Galera)




Trata dun tema que a miúdo se nos esquece: os nenos tamén sofren malos tratos por ser pouco  "homes" (segundo os canons sociais): Todos perdemos coa desigualdade. A Juan gústanlle as bonecas, a súa camiseta rosa e os contos de princesas pero todos rin del e dinlle que "son cousas de nenas". O problema é que cando enterra todo no xardín sentese baleiro por dentro... Como resolverá o problema? Podedes lelo nesta ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1kOkEaOD7r9whSwP0VwxoXcC69-e-pcIb/view?usp=sharing


ARTURO Y CLEMENTINA
Adela Turín

Resultado de imagen de arturo y clementina

Conta a historia de dúas tartarugas que se namoran e ao principio todo vai ben pero Arturo non quere que  Clementina vaia a pescar, enfádase se sae de casa e vaina cargando de toda clase de obxectos inútiles...  Clementina sente pequena e infeliz Poderá escapar desta situación cunha cuncha tan cargada?
Aquí tedes o conto elaborado na materia de valores polos nenos de 3ºA durante o curso 2018/19.

No país dos elefantes ás  elefantitas téñenas nun  corralito, vestidas de encaixes, comendo  peonías e moi aburridas mentres os  elefantitos gozan xogando no xardín... pero a unha delas non se lle dá nada ben iso de ser elefanta.
Aquí podedes gozar do conto.


O PAÍS DOS MANDONS
No país dos mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra da casa. O cambio desas normas tan inxustas para crear un novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres.



O LIBRO DOS PORCOS
«Bule co almorzo, muller», «Bule co almorzo, mamá», dicíanlle o seu home e os seus fillos. Ata que a señora Porcón se fartou e marchou.







LA CENICIENTA QUE NO QUERÍA COMER PERDICES 



A historia fai unha revisión da historia de Cincenta desde unha perspectiva máis actual... e os príncipes non son tan encantadores, as perdices fartan e os zapatos de cristal fan dano nos pés. É bo que as nenas o saiban, non vaia a ser que se crean que o dos contos é verdade e váianse detrás do primeiro aspirante a príncipe que se cruzamento no seu camiño.
Podedes ver a versión en Pdf aquí...

https://drive.google.com/file/d/1l7jCXa2XyKfqL36W5hcsTHRkX_GpA0HS/view?usp=sharing



LOS COLORES 

"Los colores" forma parte da colección: "Contos para antes de espertar"
No país das cores hai un pouco de todo, cada un é como é pero ao rosa e ao azul gústalles xogar xuntos e os " incoloros" non os deixan Como se escaparán deles?
Aquí tedes a versión en Pdf.




MAMÁ ¿DE QUÉ COLOR SON LOS BESOS?
(Elisenda Queralt)



As emocións non son só cousas de nenas... Este conto fala da cor das emocións e é moi importante o que os nenos (e agora refírome explicitamente ao masculino) aprendan a expresar adecuadamente as súas emocións, moitas delas fóronlles vetadas como xénero. 



"¿HAY ALGO MÁS ABURRIDO QUE SER UNA PRINCESA ROSA?"



A Carlota non lle gusta ser unha princesa rosa... aínda que parece que a súa contorna non ten moi claro as súas intencións. Poderá cambiar a súa forma de vela?



    ELENITA, LA SOPLADORA DE VIDRIO



Elenita quere ser  sopladora, o seu pai non o ve ben así que decide loitar polo seu soño. Un precioso conto un pouco máis longo que os anteriores pero cheo de maxia. 




POMODORA

Pomodora

 Pomodora é unha princesa nada convencional. É unha nena forte, independente e con moita personalidade. Un día descobre que ten un poder especial: coa súa imaxinación e os seus debuxos é capaz de facer que as cousas se fagan realidade. Así,  Pomodora descubrirá un mundo que non sabía que existía, pero no que fará amizades que gardará para o resto da súa vida. O  dragón  Tomatón e o gato  Gatomato serán dous dos personaxes cos que compartirá esta aventura sobre a loita contra a inxustiza, a solidariedade e a amizade. E aprenderá que coa creatividade pódese facer fronte a calquera problema na vida.


EL PRÍNCIPE CENICIENTO
Unha revisión do conto de Cincenta onde cambian os roles. Un conto para poñer aos nenos noutro tipo de papeis.

Podedes ver o conto na seguinte ligazón:

https://www.youtube.com/watch?time_continue=35&v=BnGu8KxSfGM&feature=emb_logo

Hai sen dúbida moitos contos máis para abordar este tema, nós poñémosvos unha pequena selección. Algúns están na biblioteca e os que non están chegarán pronto.


Un saúdo, A Vaca  Pepa


Ningún comentario: