Temos na biblio un novo recuncho: A mesa de Luz.
A mesa de luz é un dos recursos educativos que máis atraen aos nenos.
Trátase dunha superficie con base luminosa que permite aos nenos poder experimentar de forma sensorial, xa sexa facendo as súas propias creacións artísticas, usándoa para calquera tipo de xogo que el mesmo invente…
A luz atrae de forma natural aos nenos e transforma os materiais dándolles unha nova dimensión.
Beneficios da mesa de luz:
- Aumenta a curiosidade dos nenos.
- O brillo que teñen os materiais translúcidos na mesa de luz favorecen a atención e a concentración nas actividades.
- Pódense facer moitas actividades de temas moi diferentes como a lectoescritura, ciencia, matemáticas… que ao estar cheas de cor e manipulación alcanzan unha nova dimensión.
- Favorece o xogo libre e a imaxinación.
- A estimulación sensorial que se dá na mesa de luz alcanza múltiples niveis ao darse a experimentación en moitos sentidos diferentes.
- Relaxación e goce. A mesa de luz ofrece actividades nas que o goce visual é moi grande e iso provócanos que nos relaxemos e que gocemos coa actividade que esteamos a realizar.
- O ambiente que se crea cando a mesa de luz está acesa é un ambiente moi especial.
- Favorece a aprendizaxe académica. Calquera actividade manipulativa de lectoescritura, matemáticas, ciencias… que fagamos na mesa de luz verase moito máis enriquecida e provocaralle moita máis curiosidade ao neno.
- Experimentación cromática. A mesa de luz é un recurso ideal para a experimentación coa teoría das cores, xa sexa mesturando papeis translúcidos, acetatos, paletas, mesturando pintura coa bandexa transparente… ou calquera outro tipo de material que permita a mestura de cores superpoñéndoos na mesa de luz.
Un saúdo, A Vaca Pepa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario