Buscar neste blog

martes, 11 de abril de 2023

TALLER DE LETTERING: LETRAS CON MAXIA

 O lettering é unha arte incrible que desenvolve a imaxinación e potencia a creatividade, ademais aumenta a capacidade de concentración e favorece á coordinación.

 Lettering é a arte de DEBUXAR letras bonitas.

Beneficios do lettering

  • Satisfacción dos alumnos cando conseguen realizar un Lettering propio e encántalles o resultado. Ese momento de "eu podo". Fíxeno eu e non sabía debuxar. Satisfacción persoal logrando retos que aumentan a nosa autoestima.
  • Coa práctica fomentamos a coordinación, conseguimos que os nosos músculos estean relaxados para que á vez que debuxamos con lapis ou outros materiais ou usamos os nosos brush pen, todo flúa. Ao principio podes sentirche máis tensa pero aos poucos o teu corpo irase soltando e todo entrará en harmonía. Por esta razón é un gran aliado para deixar de lado o estrés de cada día.
  • Desenvolver moito máis a nosa creatividade. O feito de debuxar letras, saír do establecido, crear e darlle unha segunda volta. Rompemos as regras establecidas co tema da “escritura” e fai que todo o vexamos desde outro punto de vista. As letras poden crear mundos imaxinarios preciosos que nos transmiten sensacións e potencian a nosa creatividade. 
Neste cole, dende inicios do segundo trimestre, realizamos lettering dous recreos á semana. Un día realizan lettering de forma libre: creando, experimentando, xogando coas letras e as cores, as sombras, os brillos... E outro día elaboramos diferentes técnicas de maneira máis guiada.

A acollida está sendo moi boa, polo que seguiremos traballando letras con maxia.




Un saúdo, A Vaca Pepa.

Ningún comentario: