A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal coa
colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña organiza catro funcións
na súa mostra de teatro escolar.
Este ciclo desenvolverase nas dúas últimas semanas de febreiro, no teatro cine Elma, ás 12.00 horas.
Talía Teatro desprazarase á localidade no martes 20 con
Lambetadas. (alumnado de 3º de Primaria)
Trátase dun espectáculo que ten como obxectivo a concienciación e valorización da lingua propia como elemento fundamental da identidade individual e colectiva na sociedade galega actual. Mediante o xogo escénico e o humor, as persoas protagonistas pasarán por situacións cómicas que as levarán a encarnar múltiples personaxes con diferentes oficios e disciplinas, pero descubrirán que a identidade está na propia lingua porque con ela se poden saborea-las lambetadas máis doces e variadas.
No xoves 22 será a quenda de As palabras perdidas, con
Inventi Teatro. (alumnado de 1º e 2º de Primaria)
A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiras/os que chegan dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narra-lo seu relato preferido, pero, ao abri-lo libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes que fuxiron da historia, borradas por falta de uso, e unicamente retomando a súa utilización volverán ao texto.
E Producciones GCB levará ás táboas A dobraxe dos dibus, no xoves 29. (alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria)
Espectáculo onde os protagonistas son os nenos e nenas.
Dentro do show, haberá momentos de interpretación de personaxes de debuxos moi
coñecidos do mundo infantil a cargo dos nenos e nenas que acudan ao espectáculo. Diversión e
aprendizaxe é a principal experiencia que se vai levar o público, onde o alumnado
poñera as súas voces aos personaxes.
Un saúdo, A Vaca Pepa
Ningún comentario:
Publicar un comentario