O día 20 de setembro, Día Mundial do Alzheimer, tivemos unha actividade xunto cos nosos maiores da Pobra do Caramiñal.
Os nenos e nenas de 2º de primaria do CEPP Salustiano Rey Eiras acompañamos aos nosos maiores nunha pequena andaina. Queriamos darlles o noso apoio e o noso agarimo.Unha maneira diferente de traballar o Día Mundial do Alzheimer.
Esta cuarta edición sumou máis dun cento de camiñantes, entre persoas usuarias, familiares das mesmas e profesionais do centro de día da Pobra, ademais de contar coa participación da Asociación Ambar, Asociación Misela, centro de día Agadea e alumnado e profesorado do CEP P. Salustiano Rey Eiras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario