Buscar neste blog

luns, 15 de maio de 2023

CHARLA CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS.

 Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria tiveron unha charla impartida por compoñentes da DGT para coñecer de primeira man o Proxecto "Camiños Escolares Seguros".

O obxectivo é “recupera-la tradición de camiñar xuntas e xuntos á escola dunha maneira segura.”

Que os nenos e nenas póidanse desprazar de maneira autónoma, apostando por unha mobilidade saudable, sostible e segura. 


Un saúdo, A Vaca Pepa

RECURSOS PARA O DIA DAS LETRAS GALEGAS. AFUNDACIÓN. OBRA SOCIAL ABANCA.

Para homenaxear o Día das Letras Galegas 2023, desde Afundación convídannos a coñecer e participar nas seguintes actividades dixitais. 

Un conto para que visualicen os máis pequen@s e un xogo para participar e comprobar os coñecementos sobre Francisco Fernández del Riego.





Un saúdo, A Vaca Pepa

venres, 12 de maio de 2023

TEÑO UN VOLCÁN DENTRO. MARÍA CANOSA.

Hoxe foi un día moi especial na Pobra do Caramiñal.

A escritora María Canosa recibiu o premio de literatura infantil Carlos Mosteiro. 

Á entrega do premio foi invitado o alumnado de 5° e 6° do CEPP Salustiano Rey Eiras, quen logo de escoitar ás emotivas palabras de Patricia Lijó, concelleira de cultura,  Encarna Pego, representando á Asociación Cultural Barbantia e membro do xurado, Marcos Calveiro, da editorial Galaxia e a propia autora, María Canosa;  recibiron o libro como agasallo do concello da Pobra. 

Grazas por este día!!!!




Un saúdo, A Vaca Pepa

martes, 9 de maio de 2023

VIDA E OBRA DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.

 Nesta entrada atoparedes:

 Un vídeo que nos fala da vida e a obra do autor.

 Un genially onde comprobaremos se coñecemos a Francisco Fernández del Riego.




Un saúdo, A Vaca Pepa

DÍA DAS LETRAS GALEGAS. FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. 1913-2010

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Francisco Fernández del Riego.

Na biblioteca poderedes atopar distintos libros que nos axudarán a coñecer mellor ao autor e a súa obra. Tamén temos un xogo de mesa que nos axudará a coñecer e utilizar máis a lingua galega.

Aquí atoparedes recursos dixitais relacionados coas letras galegas e coa nosa lingua.

Actividade interactiva dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Primaria sobre a biografía e obra do autor.


A ruleta de Francisco Fernández del Riego.



O rodicio de Francisco Fernández del Riego.



O xogo dos birlos.



Xogo de memoria.



O xogo da detective. Trovadores e Xograres.



mércores, 3 de maio de 2023

BIODIVERSIDADE FONTE DE VIDA.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria disfrutou dunha charla moi interesante que lles ofreceron os axentes forestais da Consellería de Montes e Medio Rural.

Puideron coñecer algúns datos interesantes relacionados cos hábitats naturais próximos ao noso centro (Monte da Curota, Dunas de Corrubedo, A praia do Areal, Río Pedras, A xunqueira e Carballeira da Silva). 

Falaron sobre a fauna e a flora propia, a protección e coidado dos hábitats, os efectos da plantación de especies invasoras, o efecto devastador do incendio diste veran no monte da Curota ... E puideron observalo a vista de dron.

Charla moi enriquecedora na que os alumnos gozaron enormemente.



Un saúdo, A Vaca Pepa


NOVIDADES DE MAIO

Durante o mes de maio temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que chegaron a nosa biblioteca.

Se clicas na imaxe poderás velas.


Un saúdo, A Vaca Pepa.