Hoxe foi un día moi especial na Pobra do Caramiñal.
A escritora María Canosa recibiu o premio de literatura infantil Carlos Mosteiro.
Á entrega do premio foi invitado o alumnado de 5° e 6° do CEPP Salustiano Rey Eiras, quen logo de escoitar ás emotivas palabras de Patricia Lijó, concelleira de cultura, Encarna Pego, representando á Asociación Cultural Barbantia e membro do xurado, Marcos Calveiro, da editorial Galaxia e a propia autora, María Canosa; recibiron o libro como agasallo do concello da Pobra.
Grazas por este día!!!!
Un saúdo, A Vaca Pepa
Ningún comentario:
Publicar un comentario